menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

crea R en Sarria: robótica

12/04/2017
Blog R

Ola.

Os obradoiros de crea R chegan a Sarria para que os máis pequenos desfruten e aprendan.

crea R é un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Son obradoiros que realizaremos en distintos concellos de toda Galicia, así que atento.

Robótica

No caso de Sarria, a actividade será o sábado 29 de abril, cun taller de robótica.

Os cativos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o se espírito emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.

Horarios

Estes son los horarios dos talleres en Sarria:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, co que non tardes en reservar a túa praza. Para iso só tes que ir á tenda R de Sarria, na rúa Calvo Sotelo, 64. Alí xa che entregamos os convites. Deixámosche tamén o teléfono da tenda: 982.886.121.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios