menú
creaR

crea R no Pont-Up de Pontevedra

07/09/2017
Blog R

Ola a tod@s.

crea R chega a Pontevedra, concretamente ao espazo de emprendemento Pont-Up, para que os máis pequenos desfruten e aprendan.

crea R é un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Son talleres que realizaremos en distintos concellos de toda Galicia, así que atento.

Robótica

A actividade desenvolverase o sábado 23 de setembro, cun taller de robótica.

Os nenos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o seu espírito emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.

Horarios

Estes son os horarios dos obradoiros:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, así que non tardes en reservar a túa praza. Para iso só tes que ir á tenda R
de Pontevedra, en cálea Frei Juan Navarrete, 2. Alí xa che entregamos as invitacións. Deixámosche tamén o teléfono da tenda: 986.104.481.

Tes de prazo ata o 22 de setembro para reservar a túa praza, aínda que poida que as entradas se esgoten antes 😉.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

9 comentarios

  1. José Antonio Pérez di:

    Deseo reservar una plaza para un niño de 7 años y otra para una niña de 13.

  2. José Manuel Cambeiro di:

    El enlace que enviáis por email para apuntarse a los talleres de Robótica no funciona. Os envié un email preguntando cómo había que apuntarse, y sigo esperando contestación por vuestra parte.

  3. blog R blog R di:

    Hola, Susana

    Para reservar tienes que pasarte por la tienda R de Pontevedra, Frei Juan Navarrete, 2.

    Un saludo

  4. Pablo di:

    Por la seguridad de la persona, y de los niños, pido a blog R que retire este comentario, pq la señora no se da cuenta de que esto podemos leerlo todos, y ahora ya sé quien es ella, quienes son sus hijos y cuando han nacido. LOPD, se llama

  5. Rafael Pazo Pereira di:

    Vos Días.
    Estaba interesado en participar neste taller para un niño de 13 anos. Polo que agradecería que me informaran o respeto.
    Un saudo e grazas.