menú

crea R en Monforte de Lemos

14/03/2017
Blog R

Ola.

En R queremos premiar a túa fidelidade como cliente mimando precisamente os que máis queres.

É por iso que nace crea R, un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Son obradoiros que realizaremos en distintos concellos de toda Galicia, así que atento.

Robots

No caso de Monforte de Lemos, terá lugar o sábado 25 de marzo, cun taller de Robótica.

Os cativos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o se espírito emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.

Horarios

Estes son os horarios dos talleres en Monforte:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, co que non tardes en reservar a túa praza. Para iso só tes que ir á tenda R de Monforte, na rúa Cardenal, 45. Alí xa che entregamos os convites. Deixámosche tamén o teléfono da tenda 982402570.

Un saúdo.

Etiquetas: , ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. Manuel di:

    Me parece muy interesante la idea. Lo que no veo bien es que el mensaje del taller lo reciba el 15 de Marzo y en las bases ponga que la reserva de las entradas se realice del 1 al 10 de marzo