menú
Harlots Cortesanas

COSMO e ‘Harlots: Cortesanas’ sortean unha cámara Nikon Coolpix B500

29/06/2017
Blog R

COSMO (dial 25) estrea o domingo 9 de xullo, a las 22:15 h, a serie ‘Harlots: Cortesanas’. É un drama de 8 episodios ambientado no Londres do século XVIII que aborda, dende unha nova perspectiva, unha das profesións máis antigas do mundo: a prostitución.

As súas protagonistas son Margaret Wells (Samantha Morton), a propietaria dun bordel que loita con uñas e dentes por sacar adiante ás súas fillas: Charlotte (Jessica Brown Findlay), unha glamurosa cortesá que busca a súa independencia, e Lucy (Eloise Smyth), a menor das dúas e cuxa virxindade se vende ao mellor ofertante nunha cidade e nunha época nas que a prostitución non era legal, pero si era unha maneira de sobrevivir.

As Wells rivalizan con outro bordel do Soho dirixido por Lydia Quigley (Lesley Manville), que ofrece aos seus clientes os mesmos servizos pero con máis refinamento.

A dimensión femenina da serie

Ademais de ser unha espectacular serie de época cunha fotografía impecable, unha das claves da serie é que está escrita, dirixida e producida por mulleres. As mulleres de ‘Harlots: Cortesás’ non son intencionadamente glamurosas nin eróticas, non se busca esa finalidade.

O guión está inspirado nas historias de mulleres reais recollidas nun escrito que se publicou no Londres daquela época: ‘Harris’s List of Covent Garden 2 Ladies’. Era unha lista de nomes, características e calidades das prostitutas daquel entón.

A serie aborda desde unha perspectiva orixinal e única a forma que tiñan aquelas mulleres de atopar a súa independencia nunha época na que os homes tiñan o control absoluto de todo.

Gañador do sorteo

E con motivo da súa estrea, COSMO (dial 25) sorteaba entre todos os clientes de R unha cámara Nikon Coolpix B500. Bases legais

E o gañador foi:

  • José Manuel Alvar Vázquez

Noraboa!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

13 comentarios

  1. DAVID G. di:

    Tiene un pintón!!! Me la apunto para verla cuando la estrenen. Gracias por al aviso. Un saludo.

  2. angel dominguez di:

    Dáte prisa que el plazo termina el día del estreno de ‘Harlots: Cortesanas’, el 9 de julio a las 23:59 horas.
    ???????????????????

  3. angel dominguez di:

    concursos y eventos
    se ha producido un error, por favor, inténtalo de nuevo más tarde

  4. Lola Ares López di:

    Pues le tengo ganas al ser una serie de época con un toque diferente