menú

Buscamos voluntarios para o proxecto DEPOGAP da Deputación de Pontevedra

10/06/2015
Blog R

Ola a todos. Hoxe queremos solicitar a vosa colaboración para un proxecto no que poderedes saber como de eficiente é o voso fogar a nivel enerxético. Pasamos aos detalles.

Cantos voluntarios se poden apuntar? Ata 300.

Que se ofrece? Un pequeno sistema domótico de control da enerxía. Consta dunha pasarela domótica , dun enchufe intelixente e dun medidor do consumo, similar ao contador intelixente que están a instalar as compañías eléctricas. Pero, neste caso, envíavos a vós os datos a través do voso usuario na web do sistema. Tamén se vos entregarán de balde 2 lámpadas LED, para que se poida ver o seu consumo e se son rendibles ou non. Poderás comprobar tamén canto gasta a túa neveira, canto consume o teu televisor e calquera outro aparello que queiras. Poderás ter todos os datos das probas que fagas na web de uso do proxecto. Se queres completar a túa instalación con máis enchufes intelixentes ou outros sensores tamén será posible.

De onde hai que ser? De calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, ou sexa todos menos Vigo e Pontevedra (mágoa para os do Lérez e os do Lagares).

Hai que ter un mínimo de conexión de internet? Si, é necesario que teñas un mínimo de 6 megas. Non é necesario, iso si, que sexas cliente de R. Podes ter o servizo con calquera operador.

Que mais requisitos hai que cumprir? Contestar un par de enquisas con preguntas acerca da experiencia e coidar os equipos que se van instalar, que cómpre devolvelos ao remate dos 4 meses do proxecto. Ademais, hai que asistir a dúas formacións nas que se explicará como usar eses equipos e onde se vos axudará a extraer conclusións dos datos que ofrece o sistema do consumo enerxético do fogar.

control2

Interésame. Que fago? Mándanos un correo co asunto “depoGAP” a quecheparece@mundo-r.net indicando que estás interesado e a dirección concreta. Despois igual che pedimos un certificado de empadroamento no teu concello, así como o DNI no caso de que sexas cliente de R ou coa factura do teu operador (para ver que tes 6 ou máis megas contratados; en ningún caso se usará isto con fins comerciais).

Por que facemos isto? Moi sinxelo. Estamos dentro dun ambicioso proxecto da Deputación de Pontevedra chamado depoGAP (cofinanciado con fondos FEDER). Neste enlace podedes saber mais do proxecto depoGAP, que é moito máis amplo que esta acción.

Dentro de depoGAP adquirimos o compromiso de dotar gratuitamente a 300 fogares da provincia de Pontevedra dun sistema de control enerxético do fogar e de mantelo funcionando durante 4 meses, axudando aos fogares a atopar conclusións para rebaixar o gasto enerxético. Participamos nesta acción porque estamos moi interesados en desenvolver servizos de telecontrol e telexestión dos fogares. Xa viñamos traballando neste eido dende hai tempo e, por iso, a Deputación de Pontevedra encontrou interesante a nosa proposta.

control3

Por outra banda, no depoGAP imos facer outra acción interesante, que é habilitar instalacións de deportes da provincia con cámaras e fibra óptica para que se poidan desfrutar as actividades desde internet (e en formato multicámara) e tamén na tele de R. Pero iso xa será materia doutro post.

Ademais, a nosa participación neste proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra desenvólvese en equipo con Indra, Altia e Ilux como socios principais e tamén con EcoMT, Telecon Galicia, Applus Galicia, Cinfo ou Syntheractive, entre outras empresas. De feito, este é o noso segundo gran proxecto “smart” xunto co de Coruña Smart City (onde precisamente formamos unha UTE R, Indra, Altia e Ilux).
Así que paseniño imos desenvolvendo outra área de traballo interesante para R: as redes de sensores e o internet das cousas aplicado a grande escala (smartcities) ou a pequena escala (fogar intelixente).

depoGAP vai permitir a mellora da xestión nos activos públicos da provincia, controlando a eficiencia, modernización e contención do seu gasto. Búscase reducir o impacto sobre o ambiente e que a cidadanía tamén participe activamente na xestión dos asuntos públicos. Por iso, unha parte deste proxecto é este piloto de eficiencia enerxética que se realizará nas casas de 300 veciños de toda a provincia.

depogap

Que pasa despois do piloto? Pasados os meses do proxecto, retiraranse os equipos que se deixaron e estableceranse as conclusións oportunas.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

30 comentarios

  1. Patrieira di:

    Mágoa ser da provincia da Coruña entón neste caso, pois paréceme un proxecto MOI interesante!! Sodes o mellor operador de telefonía con diferencia!

  2. Alberto di:

    Cuantísimas faltas de ortografía… y esa mezcla de gallego y castellano no es muy lógica.
    ¿Qué os ha pasado? :/

  3. cachis:( di:

    si algún dia os interesa medir en vigo, yo me presento voluntario hiper encantado

  4. José María di:

    Vayaaaaaa, vivo en Vigo y me parece muy interesante, si iniciáis la prueba en Vigo me ofrezco voluntario, Saludos.

  5. Emilio di:

    A donde habria que desplazarse para asistir para recibir la formacion del uso de estos equipos?

    • quecheparece quecheparece di:

      Por ahora estamos en el proceso de inscripción de voluntarios, para ver cuántos se apuntan y de qué zonas son.

      Seguramente a principios de julio realizaremos ya las primeras formaciones, para lo cual mandaremos una convocatoria a todos los participantes en el proyecto con los datos concretos.

      Un saludo y gracias por comentar.

  6. Enrique Pereira Vázquez di:

    Nos estamos no centro mesmiño de Baiona, diante do mar… pode ser un punto interesante para a vosa proba… iso si, creo que paso de ter que desplazarme a Pontevedra ou Santiago para recibir esa formación jeje 😉

  7. jose Angel di:

    Yo ya me presento voluntario. Soy cliente de R tengo Internet y soy de Cangas

  8. MelissaGR di:

    Hola! Acabo de apuntarme, espero haberlo hecho bien..
    Vivo en Marín y aunque.no.necesario soy cliente R
    Cuando avisais de quien fue seleccionad@?

  9. vero di:

    Son cliente de r, temos a tele de r e estamos encantandos co combo tv familias…pero extrañamos unha canle italiana (rai, tele5…..) xa que temos canles de francia,portugal….podiades por ainda que fose unha soa canle en italiano…..Xa sei que non é o sitio pero tampouco sei onde podo dirixirme para facer unha suxestion deste tipo,se me dicides onde podo facelo tamén o agradezo

    • quecheparece quecheparece di:

      vero, o mellor sempre é postear na sección de “tele R”, porque os post están máis próximos en canto a temática que outros coma este, que é un proxecto da Deputación de Pontevedra sobre eficiencia enerxética 🙂

      Disto isto, as canles italianas queren cobrar por estar en R, polo cal non está previsto incorporar ningunha destas canles a curto ou medio prazo. Outra cousa é que se chegase a un acordo para difundir o seu sinal sen que houbese que pagar directamente (que non gastar cartos, porque meter un sinal na nosa rede, coller do satélite, etc. ten un custo).

      Un saúdo.

  10. Ana di:

    Ola, estou inscrita no proxecto en mandáronme un correo para descargar o contrato e firmalo….pero ó acceder ó link de descarga non me aparece nada…Axuda, porfa! Gracias.

  11. Lucía di:

    Hola! Me han instalado hoy el control r depogap, pero no me dieron explicaciones de como funciona esto. No tengo ni idea de como utilizarlo, ni dónde ver como se utiliza.
    Para qué me instalan algo que no explican su utilización?

  12. blog R blog R di:

    Hola, Lucía. Estamos trabajando en un manual que entregaremos a todos los que estáis incluidos en el proyecto. Además, en septiembre podréis participar también en unas sesiones formativas sobre Depogap.

    En todo caso, puedes entrar ahora en la web
    http://fdweb.mundo-r.com/depogap/ con tu NIF y contraseña de R y ver ahí los datos que se desprenden del funcionamiento de los sensores y enchufes de tu hogar (información, por ejemplo, de puertas abiertas, consumo de electricidad… etc.).

    Pero tienes razón: es necesaria alguna orientación más, así que en ese manual del que te hablaba os explicaremos cómo utilizar la web y las herramientas que ahí tenéis.

    Disculpas por las molestias, Lucía. Un saludo.

  13. José di:

    Comparto a opinión da anterior usuaria.
    Un auténtico despropósito a instalación. Hoxe viñeon os técnicos. Eu non estaba nese momento. Instalaron “algo” xunto ó meu router…digo algo porque nin idea do que é.
    En lugar de 1 enchufe, deixaron dous…”para que os use” ¿cómo?, ¿cando?.
    Colocaron un sensor na porta. Explicación “para saber quén entra e quen sae”, “para saber se enta alguén cndo non estades” (¿unha pantasma?, acaso contratei un sistema de alarma sin sabelo?, ou son un maníaco que qero controlar se a miña muller sae ou entra “sen o meu permiso”). Entregaron tamén un sensor de movemento…para que “o peguemos dónde queiramos” e “controlar así os movementos”….Propuseron…”nas terrazas por se entra alguén”…Moi útil, vivindo un 5º piso.

    En xeral, semellaba un “vacile” dos técnicos á miña muller e fillos. Despropósito. Ainda por encima, chamo a R (1449) e non poden informarme porque “non é cousa deles”. En fin

    • quecheparece quecheparece di:

      Ola, Jose.

      O proceso ten distintas fases. Neste caso, os instaladores só poñen os equipos. Unha vez que se instale, imos mandar aos uns manuais para explicar en detalle que é cada aparello e cales son as súas utilidades e funcionalidades.

      Tamén imos realizar breves sesións de formación cos equipos, para informar en detalle. Por exemplo, o sensor non ten que ver cunha alarma, senón que se poden crear regras de xeito que se hai alguén nunha sala se acendan as luces. E, pola contra, se non hai movemento, que se apaguen para non gastar luz.

      En canto ao 1449, non é o lugar indicado para chamar, xa que aí non temos soporte especializado para o servizo. Como se indicou nun correo aos participantes, habilitouse un foro de participación para dúbidas, consultas e preguntas. Velaquí o enlace:

      http://foros.mundo-r.com/foros/foro-internet/1885-proxecto-depogap;jsessionid=AEC98AA22433B53D0491B7412612224D.nodo2

      Un saúdo.

  14. Adrián di:

    Hola, xa teño instalado os equipos. Non puiden asistir ás charlas e gustariame saber se teño que cubrir alguna enquisa ou recoller algún dato para entregar cando remate o programa.
    Un saúdo.

  15. paulamm di:

    Estoy inscrito en el proyecto. Pero no sé donde acceder para ver mis consumos. Me podrías informar. Gracias

  16. jose antonio di:

    tengo la instalacion hecha, me dijeron que nos juntarian a un grupo de una zona para esplicarnos el manejo de los aparatos y aún estamos esperando . desto ya hace 4 meses. espero una respuesta