menú

App móbil para Android da web de clientes

05/02/2015
Blog R

Ola a todos.

Hoxe queremos comentarvos novidades na nosa app de clientes para Android. O caso é que a renovamos totalmente. E agora permite acceder á web de clientes de xeito cómodo e sinxelo.

Se non a tedes decargada, facédeo xa 

Comentar que xa estamos a traballar na versión para iOS. Esperamos que non tarde en estar lista, así que os que tedes un iPhone, estade tranquilos que a cousa está quentándose no forno.

A app permítevos a acceder de xeito directo e coa mesma ruta que na web a seccións como a da televisión, para vela no voso smartphone.

Só tedes que ir ao botón de “ver a tele”.

Unha das cousas que nos pedistes era poder ver o consumo das vosas liñas. Así que agora podedes mirar dentro de móbil o gasto que levades feito.

Na próxima mellora teredes a consulta de consumo de todos os móbiles R da vosa conta na propia aplicación. Pero agora xa vedes que a cousa está bastante ben e incluso tedes un gráfico moi visual.

E tamén podedes mirar o que levades gastado en todos os servizos, non só no móbil.

Outra cousa moi interesante é que podedes ir a parte de soporte. E se hai algún problema na vosa conexión ou algunha incidencia na zona, aí podedes ter información ou ben seguir os pasos para tratar de solucionalo (no caso de que sexa do cableado, configuración…).

Os dejamos algunas capturas de algunas opciones.

Para ver a televisión:

capturaapp2

Para ver o detalle dos consumos:

capturaapp5

Ou para realizar un diagnóstico da vosa conexión:

capturaapp7

O dito, agardamos que vos guste e que lle quitedes partido 😉

Un saúdo!

Etiquetas: , ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

8 comentarios

  1. José Luis di:

    Widget muy útil. Se echa de menos que se pueda visualizar en el mismo a la vez tanto el consumo de datos, así como los minutos de llamadas. Sin tener que seleccionar uno u otro a través de la pestaña.

  2. David di:

    Na ultima actualización, o pinchar no velocímetro enlaza a app de ookla.
    Deberíades publicar un servidor na plataforma de Ookla e non usar servidores da competencia (vodafone, Movistar…).
    Non é serio.

  3. veronica di:

    Ola boas, por mais que o busco non atopo o post que publicastes sobre como aforrar datos.