menú
internet desco

Ampliamos a 10 megas a conexión de internet no desco

14/03/2016
Blog R

Ola. Hoxe traémosche melloras na conexión de internet no desco HD, ademais de duplicar a velocidade ata 10 megas, xa non terás que compartir a velocidade entre o teu router e o desco. Agora desfrutarás o dobre da túa smartTV, videoconsola ou computador.

Como xa sabes, o desco HD permíteche conectarte a internet a través do porto ethernet que atoparás na parte traseira. Ata este momento debías activalo na web de clientes e escoller entre 1 ou 5 MB a repartir entre o teu router e o desco. Así nolo contaba Blas Terquito neste videotitorial :

 


Agora non terás que facer nada, xa que activamos por defecto unha conexión de 10 MB de baixada e 1 MB de subida en todos os descos de televisión de R. E o mellor de todo é que non descontan da túa conexión principal, son íntegros, para que desfrutes de internet na tele.

Con esta subida, desfrutarás o dobre da túa videoconsola para xogar en liña cos teus amigos e acceder a aplicacións, ou dunha smartTV para ver vídeos en YouTube, contidos en streaming, etc.

Lembra que é un servizo dispoñible só para clientes particulares. Próbao e cóntasnos.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

83 comentarios

  1. David di:

    Ben feito…

    ¿Pódesme confirmar seestos 10 MB tamen son compatibles co desco SD?

  2. paco di:

    Bravo!!! Iba siendo hora poder tener más megas desde el desco. Personalmente los uso para dar servicio a una wii a la que el wifi ni cheira.

  3. David G. di:

    Fantástica noticia. Es agradable ver cosas productivas. Se agradece. Un saludo

  4. Eu di:

    Muy buena idea, sobre todo si no tienes en la misma habitación el desco y el router.
    !!!!Y además 10 megas¡¡¡¡ fantástico para Netflix o Wuaki.

  5. xan di:

    Genial y creo q no sube el precio…pero a medias.
    Para 4k (ej: videos de youtube 4k con televisores 4k) se necesitan 20.. Estamos a medio camino…

  6. Juan David Caseiras Arroyo di:

    Perfecto! Se o seguinte paso é un desco que teña unha interfaz rápida en sinxela (parrilla de programación), xa sería fetén.
    Saúdos.

  7. Rosa di:

    Que tipo de cable necesito? Va del decodificador a la tv por ejemplo?

  8. Alex di:

    Entiendo que conectando la televisión al desco y sin hacer absolutamente nada, ya tengo la conexión de 10 MB sin influir en el paquete de datos que tenga contratado. Pero mi duda es, si quiero conectar mi consola, tengo que desconectar el cable del televisor y conectarlo a la consola?

  9. Nebur692 di:

    Me parece muy bien siempre y en cuando no afecte a la calidad de la conexión a Internet ni al bitrate de los canales.

    Previsión de desco en 4k?

  10. David di:

    No meu segundo desco (SD) non funciona. Entendo que agora so funciona no primeiro desco.

  11. celso di:

    Celebro que agora o desco teña esa conexión, pero xa sería a repera que o desco funcionase correctamente como desco

  12. José di:

    Saludos.Solo tiene una salida ethernet de tal forma que o conecto la tv o la consola¿es asi? gracias

  13. xavinho di:

    teño que ter o desco encendido??..porque a min non me vai

  14. Miguel di:

    Moi boa noticia noraboa por esta servicio a maiores. Graciñas.

  15. porcochino di:

    Unha consultiña:

    Que sería mais “eficiente”? Conectar a XBOX a través do desco por cable ou seguir usando o Wifi do router (que está na mesma sala que a consola) tendo un servizo de 100 MB contratado?

  16. Xosé di:

    Pareceme unha boa nova, pero eu sigo a ter 4,90 de descarga e 0,31 de subida….
    Un saúdo

  17. JUAN di:

    Actualmente tengo conectada la Smart TV directamente a uno de los puertos del router, a través de un cable de Red. Entiendo que puedo utilizar ese mismo cable y conectarlo a toma de red del deco, con lo cual dispondría de 10 megas de ancho de banda exclusivos para la TV ¿no?. Y sin compartir ese ancho de banda con la conexión de internet del router

  18. Laurie di:

    Gustaríame saber se accedendo a tv comigo desde esta conexión a internet do desco, é considerado como dentro da mesma rede, ou estaría suxeito ao límite de 420 minutos. Grazas.

  19. Alberto di:

    O servizo agradécese e no noso caso funciona de xeito satisfactorio.

    Soamente quería suxerirvos, se isto fóra posible claro, poder usar dito servizo tendo o desco apagado no que denominades modo ecolóxico (só coa luz vermella acendida no frontal). Aínda que pareza unha parvada moitos vémonos obrigados a apagalo desco deste xeito, pois co apagado tradicional (mostrando á hora no frontal) quédase “demasiado acendido”. Isto tradúcese en que logo ó encendelo e ver certos canais de televisión prodúcense constantes microcortes na sinal.

    Un saúdo.

  20. Esteban di:

    Lo de los microcortes al encender es cierto. Se soluciona apagando el desco con el mando y volviéndolo a encender.

  21. xavinho di:

    fai dous ou tres dia que non teño internet dendo o desco,non vexo que sea moi fiable.

  22. Carlos di:

    Si ya tengo hecho un reparto de megas entre el router/PC y el desco, ¿debo ir a la web a deshacerlo o lo hacéis vosotros de forma automática? Y si no lo deshago suponiendo que tuviera adjudicados 5 al desco, ¿ahora serían entonces 15 para el desco?

  23. Ricardo di:

    Está moi ben a nova pero, ¿para cando a activación do USB do desco? ¿Será posible no futuro a grabación de programas polo USB?

  24. Fco javier di:

    Y por que no para autonomos/empresa? O para cuando?
    Gracias un saludo.

  25. Fco Javier di:

    Pues si hay dos entradas ethernet, yo lo conectaba en la que no era, ahora sí que funciona, gracias por la ayuda, un saludo.

  26. Pepe Mon di:

    Con dos desco, uno HD y otro SD, (para aclarar: uno color negro y otro color plata) ¿puedo tener internet en los dos?.

  27. xanico di:

    serán suficientes estes 10 megas para xogar online coa ps4??
    xa teño a consola conectada o router con 350 megas e vai de luxo

  28. Roberto di:

    si se contrata el combo televisión R series, el cual no dispone de router, solo linea fija y el disco HD, también se puede disfrutar de esta conexión de 10 megas en el desco?

  29. Jose di:

    Agradécese a activación dos 10 MB desde o desco. Calquer mellora sempre e benvida. Sería a repanocha que o propio desco poidese facer as funcions de Smart TV para os que nos dispoñemos dun TV con esa función.

    De todas formas, graciñas por mellorar o servizo

  30. Xesus di:

    Eu xa tiña a consola conectada por ethernet. Teño que facer algo novo ou deixando así xa chega?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*