menú

Actualizamos a nosa app en Android (agora con widget)

29/04/2015
Blog R

Ola a todos. Hoxe queremos avisarvos de melloras na nosa aplicación móbil para Android. Son cambios que nos pedistes . Falando disto, perdoade se durante unhas semanas notades moitos cambios e probas na app, posto que estamos a traballar duro para que teñades aí case que absolutamente todo o control sobre os vosos servizos con R: dende ver a tele, mandar un fax, diagnosticar se hai un problema na túa liña, ata ver o consumo de datos móbiles ou acceder ao novo wificlientes R (que está a piques de saír e que mellorará moitísimo o que coñecíades en probas).

Sabemos que aínda temos partes da app e da web de clientes sen terminar de amoblar, pero veredes que vai pagar a pena a espera. Grazas pola vosa paciencia e lembrade que aquí estamos para escoitar atentamente melloras que queirades propoñer. A app é para vós!

O primeiro e máis destacable desta nova versión (2.1.12) é que nada máis abrir a app xa tedes arriba ben visible o consumo das vosas liñas móbiles. Xa non tedes que ir ao botón de as miñas facturas > ver consumo dende a última factura. Agora só hai que seleccionar a liñae ver canto levades gastado da vosa tarifa.

Outro cambio visible na primeira pantalla é o buscador. Se non tedes claro onde atopar algo, só tedes que escribir que queredes facer. Por exemplo, podedes teclear “roaming” e xa che devolve o resultado para activalo ou desactivalo.

Por outra banda, vimos que á hora de ver a TV web R había certos problemas cos móbiles de Samsung, porque o seu navegador non reproducía ben a emisión. Así que agora tedes a opción de ver a televisión nun navegador independente, para evitar esa incidencia.

Ademais, se ides a widgets, veredes que temos un, polo que o podedes poñer directamente na pantalla inicial e controlar o consumo sen ter entrar na app.

Mola, a que si? 

widgetR

Por último, poñemos un enlace á app de Ookla por se queredes medir a vosa conexión móbil. É unha app allea a R, pero son os mesmos que levan o noso velocímetro para internet fixo. Así que se o queredes ter no móbil, é preciso descargar a súa app.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

33 comentarios

  1. Nebur692 di:

    Esperemos ver la nueva versión pronto en el BlackBerry world 😉

  2. Sergio di:

    O widget co consumo está caralludo 🙂 Parabéns!

  3. manuel di:

    e para cando poder ver a televisión só coa conexión de datos e sen depender de ter conexión Wifi??? Nun mundo rural como o noso non é doado atopar wifi en moitos dos nosos lugares (por moito que existan moitos puntos de wifi-r). É un aspecto que movistar ten superado e ofrece con facilidade de conexión. Un servizo que, contra o que parece, usado de forma ocasional, non supón un gran consumo de datos. Non me tomedes a mal a comparación coa competencia. O único que se pretende é poñervos novos límites para poder estar aínda máis satisfeitos como clientes de R. Un saúdo

    • quecheparece quecheparece di:

      manuel, a nosa tv web R pode usarse tamen tirando de datos móbiles. Agora, polas probas que fixemos consume bastantes datos. E a televisión da competencia igual. Non é que se ofreza o servizo sen consumir internet móbil. Nós recomendamos o wifi para non esgotar o plan contratado. Pero se se desexa vela, pode facerse sen problema, non hai restricións. Un saúdo!

      • David di:

        Quizais o pero máus reseñable sexa o limitador de tempo da TV. Polo de máis, esta última actualización está genial.

      • manuel di:

        Entón o despistado debo ser eu porque cada vez que tento ver a tele na aldea coa tarifa de datos e desconectado de wifi, á marxe da pelexa coa cobertura, aparéceme sempre un carteliño que pon: “TvR web: te quedan 5:00 usando una conexión de datos a través del móvil. Para seguir disfrutando de este servicio tendrás que conectarte directamente por cable o vía wifi” Pulsas intro, comeza a conta atras dos 5 minutos e ao chegar a cero corta a transmisión e pon “la tv online está disponible con conexión wi-fi o directa por cable”.

        Se hai algún sitio onde cambiar esa configuración ou teño que baixar outra aplicación prego que mo indiquedes porque eu preferiría gastar os meus datos a gusto en vez de perder case todos os meses case os 2 gigas sen empregar por culpa deste motivo. O único que podo facer é empregar os vosos datos coa aplicación de “movistar tv” dun familiar que, por moito que me fastidie admitilo, acepta 5 dispositivos distintos e me permite ver os seus canais de tele sin limitación de tempo e cun consumo de datos bastante aceptable (como media dúas horas consumen só 100 megas de datos). Agardo as vosas indicacións. Grazas de calquera xeito polo voso traballo admirable que por algo estamos con vos e non coa competencia 🙂

        • quecheparece quecheparece di:

          Sí, iso que comentas é así. Como vimos que en poucos minutos se esgotan 100MB, temos unha especie de alarma que desconecta aos 5 minutos a visualización por internet móbil. Porque igual nunha hora adeus á tarifa plana de datos e non merece a pena.

          De todos os xeitos, imos velo porque creo que hai un truco. Iso si, ten claro que te vas fundir os datos en nada. De aí que sempre recomendemos o wifi.

          Un saúdo!

  4. Manuel di:

    Manuel, si está bien medido lo que dices de la tele de movistar es un chollo 2 horas 100mb, y una cagada por parte de R que según dice quecheparece en pocos minutos te fundes 1gb o 2gb, amén de no tener límite de tiempo si no usas el wifi de casa como el caso de R

    • quecheparece quecheparece di:

      Manuel, por lo que hemos visto, no es así. De hecho, la OCU hace poco comentaba que 30 segundos de Youtube en HD consumen 15 MB. Así que los 100MB te los fundes en 3 minutos y medio.

      En los foros de Movistar también recomiendan tirar del wifi, porque consume muchos datos. Nosotros tenemos baja resolución ya para conexiones con pocos megas o pensando en el 3G. Pero el vídeo es lo que más ancho de banda consume. Y en 2 horas ya te digo que es imposible consumir solo 100MB. De hecho, en Yomvi hemos visto que en 15 minutos se van 200MB. Así que es hacer el cálculo.

      Un saludo.

      • manuel di:

        Cando puxen o dos 100 megas era froito dunha estimación do mes anterior que recoñezo non podo comprobar de novo e foi tomada só como observación rápida de non estar a pasarme en exceso co consumo. Pode que esa cifra fose pouco escrupulosa e partindo dunha visualización dun canal de tv por chrome. Non obstante podo confirmarvos que este mesmo fin de semana, medido a partir do uso da aplicación movistartv para ver un partido polo Canal+Liga inclusive o descanso e parte do partido seguinte, polo tanto, equivalente a dúas horas: 293 megas de datos consumidos. De verdade que non pretendo polemizar con isto e, dende logo, nada máis lonxe da miña intención ir en contra de R. De ser así non sería cliente voso dende hai tantos anos recibindo sempre unha atención excepcional para resolver todos os problemas. Eu mesmo recomendo non ir a esa compañía xa que R ofrece outras moitísmas vantaxes que compensan as limitacións e pegas polas que moitas veces protestamos. O único que se busca e motivarvos para mellorar e por iso presentei como proposta a posibilidade de usar os datos na maneira en que a nós nos apeteza, sen estar limitados na visualización de tv na conexión de datos, sobre todo cando é imposible conectarse a un wifi. Prefiro fundir os 2 gigas gozando da televisión durante só 12 horas que perdelos a fin de mes por non ter onde empregalos ou, aínda pior, verme obrigado a usar unha aplicación da competencia para rematar vendo canais como TNT ou FOX (por exemplo) que teño contratados no meu combo e non podo ver no meu teléfono se non teño wifi. Un saúdo

        • quecheparece quecheparece di:

          Ola de novo, Manuel.

          No noso servizo cada hora consumimos arredor de 500 Mbytes. Polo que vimos, outras tv online consumen parecido.

          No caso de Movistar, temos que ver se publican múltiples perfís para cada vídeo e para diferentes tamaños de pantalla tendo en conta dispositivos pequenos, cousa que nós non facemos polo de agora. Agora hai un único tipo de sinal, con diferentes calidades (sendo o máximo duns 2Mbps). No futuro é posible que o revisemos, pero non o podemos asegurar.

          De todos os xeitos, se queres usar o servizo dende o móbil (só en Android), pulss no enlace da captura. Debes ter instalado o MX Video. Así non terás problemas de avisos aos 5 minutos.

          http://blog.mundo-R.com/wp-content/uploads/2015/05/appTV.png

          Un saúdo!

  5. José Luis di:

    Quedaría perfecto se no widget aparecese simultáneamente o consumo de datos e de chamadas, sen ter que manexar pestañas. Ainda así non está mal, maila que particularmente non me gusto o fondo tan claro.

  6. Casto Pazos di:

    A mí tampoco me aparece el widget.
    Versión de Android 4.2.1

  7. carlos di:

    ¿e posible ver programas en rebobina no mobil?

  8. Cris di:

    Estou encantado co Widget pero postos a pedir gustaríame que no widget aparecera ao mesmo tempo os minutos de voz e os mg consumido. . É maís práctico.

  9. Manuel di:

    Con respecto al rebobina del movil esperando con ansias poder retroceder/rebobinar la película que estén emitiendo para verla desde el principio, cosa que no puedo hacer ahora si llego tarde me la pierdo 🙁
    ¿Como puedo ver las 6 horas anteriores a la emisión actual de los canales en el movil? No encuentro la opción 🙁

  10. Jose Manuel di:

    Pareceme moi interesante o Widget de consumo de datos, non obstante gustariame facer unha suxestión:
    A de poder crear un usuario delegado que so tivese acceso a consulta de consumo de datos e tarifa plana, xa que actualmente polo que eu puiden observar, para que funcione o Widget, e necesario ter marcado polo menos o “servicio de voz e datos de mobilR” que permite cambiar tarifa, renovar mobil, xestionar desvíos… e si se perde o móvil xa se sabe o que pode pasar.
    Un saudo.