menú

A renovación de datos no teu móbil, máis fácil

22/06/2016
Blog R

Ola a todos. Son moitos clientes os que nos comentan que é bastante complicado iso de coller un bono de datos extra en caso necesario, unha vez esgotados os megas ou xigas da tarifa de móbilR. Así que dende o 1 de stembro o o proceso será moi sinxelo.

Unha das ideas que nos destes no seu día foi que á hora de acceder á app móbil de R non se consumisen datos, para facelo a máxima velocidade e renovar o bono doadamente nun intre. Isto non foi posible porque non temos xeito, a día de hoxe, de diferenciar a nosa app doutras á hora de navegar ou conectarnos á internet. De todos os xeitos, fixemos un cambio que cremos que é bastante útil, para que o proceso sexa automático. Pero xa vos adiantamos que, como usuarios, tedes todas as opcións para cambiar ao voso gusto cando sobrepasades os datos na tarifa.

1.- Cambio automático: máis datos para ti a máxima velocidade.

Que fixemos exactamente?: Cando te pases dos datos contratados ampliámoschos automaticamente con outro bono de 200MB por 2€. É dicir, que abaratamos nun 33% a opción que hai agora (100MB por 1,5€). Deste xeito, se necesitas máis datos, xa se renovan sen que teñas que facer nada. Hai, iso si, un máximo de cinco renovacións en cada factura. Pero arestora non terás que acceder a velocidade reducida na web nin chamarnos.

2.- “Prefiro seguir navegando a velocidade reducida”.

“Si, pero eu non quero nada de nada -dirá algún-. Sempre me paso e non me interesa pagar máis”. Pois non hai problema. Se queres que se reduza a velocidade unha vez superado o bono, só tes que indicalo na web de clientes: no botón “autoactivación de bono de datos” podes establecer o comportamento que ti desexes.

“Claro, claro, pero mentres, se me despisto, xa me cobrades”, comentará outro cliente. Pois non vai ser así porque:

  • se estás ao tanto do que che estamos a contar e nos indicas a túa preferencia na web, xa terás activado o sistema que mellor che vaia. Hai unha personalización ao teu gusto.
  • aínda que non esteas ao tanto disto, a primeira vez que te excedas do bono de datos contratado, recibes un SMS no que che informamos de todo. Ollo, e non se cobra ningún dato. Nese momento aplicámosche o bono de 200MB sen custo, indicámosche como sería o proceso a próxima vez e o importe. E, ademais, poñémosche un enlace directo á “autoactivación de bono de datos” para que cambies no momento se non che interesa renovar automaticamente os bonos de datos.

Transparencia total, porque o que procuramos é darlles facilidades aos que necesitan renovar os seus datos e que o proceso sexa máis cómodo.

3. “Eu non navego moito, nunca sobrepasei o meu plan de datos”.

Se es do que non se pasa nunca dos datos consumidos, loxicamente para ti todo segue igual. Pero se es dos que se pasa nalgunha ocasión, tanto se te pasas dos datos por primeira vez este mes ou máis adiante, (por exemplo, en outubro de 2017) recibirás un SMS con este aviso previo. Calquera que se pase recibirá esta notificación con toda a información, non só durante uns días, senón a primeira vez que lle ocorra, sexa cando sexa.

4. Bonos de datos extra tendo velocidade reducida.

Queda un último escenario: “Que pasa se eu, de forma puntual, necesito un bono de datos extra para navegar a máxima velocidade?”. Tampouco hai problema. Se tes desactivados os bonos automáticos podes coller os que hai dispoñibles agora mesmo seguindo o proceso actual, que leva un pouco máis de tempo e é máis caro, como che dixemos. É dicir, poderías escoller entre 100MB por 1,5€ ou ben entre 500MB por 6€ (cun máximo de cinco ampliacións en cada factura).

O dito, a idea é darvos todas as facilidades e que, coma sempre, teñades o control da vosa liña de móbilR, tanto se necesitades ampliar de forma automática os datos coma se queredes controlar ao máximo o gasto e non pasarvos un can da cota da tarifa. Isto comezará a aplicarse, como dicimos, dende o 1 de setembro e se xa o deixas activado ou desactivado, aplicarase ese comportamento dende esa data.

Para calquera dúbida, aquí seguimos 😉

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

42 comentarios

  1. David VGO di:

    Bos días.

    Vale, xa vexo que, seguindo o ronsel de Vomistar, activastes porque si a “renovación automática” de bonos de datos en todas as liñas (práctica vomitiva, claro está).
    Porén, felicito ao equipo de comunicación por darlle unha volta a esta argucia para rabuñar uns euros máis presentándoo como novas facilidades para a renovación de datos.

    Un saúdo.
    Horrenbestez, agur.

    • Ola, David.

      Como indicamos arriba, no post, se quixéramos enganar ou rabuñar uns euros, non avisaríamos por aquí e lanzaríamos isto por detrás.

      Nin tampouco avisaríamos previamente no caso de que te pases cun SMS, no que vai unha ligazón para establecer a velocidade reducida se así a queres.

      Movistar avísate, infórmache no seu blog ou redes sociais ou dáche todas as opcións de personalización na súa web? Creo que a resposta é clara.

      Un saúdo.

      • David VGO di:

        Sen acritude,

        se así fose a mensaxe conminaría a activar o servizo. Non se activaría este automaticamente.

        Á marxe de subas anteriores vía desaparición de tarifas e substitución por outras máis caras (o que leva a pensar que agora claramente seguides a liña dos demais operadores), o peor é a perda de confianza.

        • David, se realmente fósemos a mala fe, como digo, avisaríamos por aquí publicamente? Mandaríamos un SMS previo sen cobrar o primeiro bono de datos, enlazando á web de clientes para que o poñas a velocidade reducida se así o prefires?

          Creo que sempre se ve o malo e o negativo, que se ven intencións escuras en todo e creo que estamos informando con transparencia, dando todas as opcións ao cliente e avisando para non cobrarlle a ninguén que non se dea conta. Creo que ningún outro operador o fai así.

          As tarifas é certo que subiron, ampliando precisamente en todas entre un 50% e un 100% os datos, polo que a maioría dos clientes non se pasan da tarifa contratada. Protestouse moito por aquí, porque se dicía que non eran necesarios máis datos, co cal á maioría este cambio non lles afecta.

          E no caso de alguén se pase sen darse conta, terá un aviso previo e non se lle cobrará, podendo cambiar a velocidade reducida se así o quere.

          Máis facilidades e opcións ningún outro as dá.

          Un saúdo.

  2. David VGO di:

    Pois a solución é ben sinxela: proceder a desactivar esa opción a todos os clientes. Logo xa poderán eles activala mediante esa ligazón (a min xa non me fai falla, xa o fixen manualmente).

    Á marxe disto, entrando en casos particulares: 5 móbiles nunha factura, en torno a 15 euros máis ao mes que coas tarifas antigas. Fago fincapé nas 5 liñas, porque cada un fai un uso notablemente distinto: a miña irmá gasta máis de 2 xigabytes/mes, eu ía ben cun só xigabyte+wifi do meu contorno.

    Pero vamos, que se veñen os de marqueting con incrementar o ARPU pois é o que ten. Mais de cara aos clientes lonxevos eu miraría de manter as tarifas antigas se así o desexan e XAMAIS activaría automaticamente servizos que poden supoñer custo adicional. Por non correr o risco de que empecen a pensar “para iso vou a calquera outro operador, o máis barato, que no resto todos son iguais”. Non sexa que comece a desbandada…

    Bo día.

  3. David Muguerza Pala di:

    O “community manager” unha besta das ventas…. tes respota para todo. A miña nai de 76 anos paga sin ver a factura, por no seu día ofreceranlle uns minutos en chamadas, a partires de ahi…. permannencias moviles de 24 meses que cambian de prezo, de 11 a 13 euros. Eu firmei por 11 euros e nun ano xa me roubaron 24€ que non tiña previstos gastar. Na liña da miña nai o mesmo, pero sin usar datos móviles pero si que llos meteron… e ela non sabe nin se entera e iso si que e fraude, anque eu persoalmente creo mais na estafa os maiores…

    • Ola, David.

      En ningún caso se “rouba” nada, porque nós sempre informamos previamente e mediante comunicación escrita. E no caso de cambie a tarifa, como está indicado na lei, o cliente pode darse de baixa sen penalización no seguinte mes. E iso sempre o indicamos nas comunicacións por escrito.

      A permanencia no móbil non é de 24 meses. O que facemos agora é financiar o terminal en 24 meses. O que facíamos antes con algunhas tarifas é ofrecer un desconto a maiores na cota do terminal, pero se alguén decide irse antes, paga o que resta das cotas sen o desconto. Por iso non hai problema.

      Por outra banda, non comercializamos ningunha tarifa sen datos. Non hai fraude de ningún tipo, porque as condicións son públicas e están indicadas claramente na nosa web.

      Un saúdo.

  4. Emilio di:

    Boas.
    A min tamen pareceme mal que o servicio este veña xa activado,non sei se é a mala fe pero a min pareceme un “si cuela, cuela”.
    Trouxen a R varios familiares meus que ainda non se enteran de internet e menos de mensaxes raras que lle dan avisos.Vanse enterar deste “servicio” por min e non precisamete por esta publicacion que vos podes para supostamente “avisar”.
    As grandes empresas non solo se miran por estadisticas,como as que podes de que sodes a compañia con menor numero de chamadas de queixas,un bo servicio de asistencia,etc, tamen se miran por os pequenos detalles.Pequenos detalles como este que van en contra vosa e coma outros que xa fixesteis e van sumando e resultado non é favorable.

    • Ola, Emilio.

      Precisamente ningunha gran compañía avisou así, de forma pública, aos seus clientes.

      Ningunha compañía che lanza un aviso, vía SMS (non vía email). Como hoxe en día case non se reciben SMS, cando che chega un, velo si ou si. E se fora por iso de “se cola”, cobraríamos xa directamente unha vez que te pases. Pero non vai ser o caso, porque de aí a notificación coa mensaxe, dando gratis eses primeiros 200MB e poñendo unha ligazón á web de clientes para cambialo directamente.

      Vamos, que si que son pequenos detalles que ningunha outra operadora fai. É máis, outras nin che dan a opción de reducir a velocidade. E xa o de aumentar gratis os datos por puntos ninguén o ten.

      Un saúdo.

  5. Michy di:

    Diredes o que queirades, pero activar por defecto para todos os clientes a contratación dun servizo con custe sen avisar (eu acábome de enterar por este blog) di bastante da nova dirección que toma R.

    Por favor, para dicir que o facedes pensando nos clientes, que se é máis cómodo/sae máis barato… e todas esas historias, prefiro non ter resposta.

    • Ola, Michy.

      Precisamente avisamos por aquí para que todo o mundo estea informado.

      Pero quen non o lea por aquí, tamén terá cumprida información vía SMS no momento no que se pase dos datos. A transparencia é total nese sentido. O resto de operadores o que fan é que se te pasas, che cobran directamente. Aquí non vai ser así e se queres seguir coma sempre, tes esa opción. E se non te dás conta por algún motivo e te pasas, a primeira non se cobra nada e tes un enlace para cambiar o comportamento na web de clientes.

      Vamos, que estamos a facelo dando todos os detalles e posibilidades para o cliente.

      Un saúdo.

  6. Marcos di:

    Osea… que si entendo ben. Vos activades o bono extra de datos unha vez que se rematan os da tarifa, sin que o cliente o solicite.
    Xa hai un par de meses ampliastedes os datos ca suba na tarifa correspondente, sen que os clientes coma min non nos fixera falta, nin o solicitaramos.
    Para a miña opinion estades a facer as cousas o reves.
    O cliente que non lle chegue os datos que cambie a unha tariffa superior, pero non nos fagades pagar a todos por os datos de alguns. Estamos a crear molestias e perdas de tempo en desactivar servizos os baixarnos de tarifa a quen non solicitou ou se queixou de nada.
    Outra mais de estas e seguro que non sigo como cliente de R

    • Ola, Marcos.

      Se no teu caso xa antes non chegabas aos datos da túa tarifa e agora tampouco o fas desde que aumentamos os megas, isto non che afecta en ningún caso. Á maioría dos clientes que nunca consumen os datos, isto non lles afecta nin para ben nin para mal. O que facemos é precisamente pensar nos que teñen que facer uso deses datos, que agora teñen un proceso moito máis cómodo e sinxelo.

      Un saúdo.

  7. óscar di:

    Eu tamén tería preferido que esta opción viñera desactivada por defecto, que tivera que activala eu en caso de necesitala… creo que tería sido o máis correcto. En calquera caso, se desactiva en cuestión de segundos en https://clientes.mundo-r.com/botones/servizos/estender_tarifa_plana_datos_mobilR.

  8. Miguel di:

    Hola bos dias…. eu xa teño desactivado a contratación automática de bonos temporais ….na opcion….. non extender automáticamente….esto de activalo automaticamente e so para novas contratacions ou mo vades activar e o teño que volver a desactivar….o cal non me gustaria.gracias e saudos.

  9. Juan di:

    Da igual como tratéis de justificarlo, estáis activando un servicio con coste adicional sin permiso previo del cliente, y eso está mal, muy mal.

    Por cierto, me da igual lo que hagan o dejen de hacer el resto de las operadoras. Que las demás traten mal a sus clientes no justifica que lo hagáis vosotros también.

    Un saludo.

  10. Pablo di:

    Xenial, decátome agora de por que tiven datos extra e resulta que non os quería. Se nunca contrato datos extra por que unha renovación automática? Para rapiñar, está claro. Moita xente non se decatará e imos sumando mes a mes os cartos… Está todo moi ben explicado no blogue, pero que me expliques detalladamente como me vas roubar non che fai mellor ladrón. Non podo estar máis descontento. Isto xera moitas molestias: eu era feliz sen a aplicación, mesmo esquecin o contrasinal. Agora resulta que teño que descargala para anular isto e para conseguir outro contrasinal facédesme chamar por teléfono… de verdade é necesario molestar así ao cliente por dous euriños? Non estou nada contento, desexando rematar o contrato axiña…

  11. Isabel di:

    Os que hemos días lineas de móvil se unha non os gasta todos non de podería pasar a outra linea que os consumira,eso estaría ben

  12. Juanjo di:

    No tengo Activados los datos Móviles , de todas formas como Empresa Necesito un combo Nuevo, Agradecería información, un muy cordial Saludo.
    PD- 100 Megas de internet y teléfono fijo y uno móvil, Gracias, no tengo permanencia con vosotros, pero llevo 10 años como cliente.

  13. Juan di:

    Pero vos pensades que meu pai de 60 anos ainda que reciba o SMS de aviso vai saber desactivar o servicio??…veña home…o lóxico sería avisar por SMS se queres activar o servicio, non avisar de que tes que desactivar un servicio que non pediches…non tomedes a xente por ignorante…

    Dende fai un tempo non vades na boa dirección ó meu parecer…

    • Ola, Juan.

      O resto de operadores non dan tantas opcións coma nós, nin che notifican antes e algúns mesmo che cobran si ou si o exceso de datos, non che dan a opción de reducir a velocidade sen pagar máis.

      Creo que se fas unha comparativa somos os máis transparentes e os que damos máis información e tempo (de feito isto comezará a aplicarse o 1 de setembro).

      Cremos que hoxe en día todo o mundo que emprega un smartphone pode perfectamente pinchar no enlace que mandamos e dicir que non se quere pagar máis por datos. En todo caso, podes entrar tamén no panel de configuración do teu pai e desactivalo sen maior problema. O tema é que todos os clientes se enteren e o poñan ao seu gusto.

      Un saúdo.

  14. Daniel di:

    Cuando empecé a leer la noticia me parecía un abuso la renovación automática de bonos extras, pero no me parece mal teniendo en cuenta que la primera vez es gratuíta y después dais la opción de desactivarla.

    Lo que no me parece bien es lo que pone en el último párrafo. Entiendo que si tienes desactivados los bonos automáticos y quieres comprar un bono extra, te sale más caro que si los tienes automáticos. No entiendo el motivo.

    Un cliente que no quiera gastos extras y prefiera aguantar sin datos aunque los agote, si un mes en concreto los necesita y decide pagar, ¿por qué se le cobra más que a uno que tenga activada la renovación automática de datos?

    Déjennos decidir en cada momento en igualdad de condiciones.

  15. Manuel di:

    Moi bonito todo, pero cando vos pasades a rede de orange con 4g???

    Non é por meter presa pero estoy esperando para portar duas liñas 😉

  16. Delio di:

    Me gustaría saber en que parte del contrato que he firmado con R se especifica que me podéis activar un servicio con coste por defecto sin mi consentimiento…con la correspondiente molestia de tener que desactivarlo…

    A quien le interese el servicio que pase la molestia de activarlo…no al revés…

    • Hola, Delio.

      Precisamente se van a cambiar desde el 1 de septiembre las condiciones relativas a este servicio. Por eso estamos avisando, con tiempo y con margen, para informar a todo el mundo y que lo pueda modificar a su gusto, porque no lleva ni un minuto.

      Cualquier servicio es susceptible siempre de ser modificado, tal y como establece la ley, siempre que se avise al cliente como mínimo un mes antes. En este caso lo estamos haciendo mucho antes, para ser transparentes y que todo los clientes tengan toda la información y detalles.

      Un saludo.

  17. jorolo di:

    Total que al final nos quedaremos sin saber (y mira que hubo cantidad de gente que lo preguntó) porqué la opción por defecto es la contratación del bono, y no la reducción de la velocidad.

    • Hola, Jorolo
      El motivo es que intentamos simplificar el comportamiento que nos piden los clientes. El que no se pase no le afecta y el que se pasa, pues nos demanda eso, pero que si no quieren, se puede desactivar a volunta. Así lo indicamos en el post “Sí, pero yo no quiero nada de nada -dirá algún cliente-. Siempre me paso y no me interesa pagar más”. Pues no hay problema. Si quieres que se reduzca la velocidad una vez superado el bono, solo tienes que indicarlo en la web de clientes: en el botón “autoactivación de bono de datos” puedes establecer el comportamiento que tú desees.”

      Un saludo

      • jorolo di:

        Hola que cheparece.
        Entiendo que se pretende simplificar el comportamiento de LA MAYORÍA de los clientes. Entiendo, pues, que LA MAYORÍA de los clientes necesitan, durante el período de facturación, una cantidad de datos superior a la que tienen contratada y prefieren, en lugar de pasarse a una tarifa con más datos, comprar uno o más bonos de 200 mb por 2 euros.
        Ok. Saludos.

  18. Ramon di:

    Es un maldito timo. Activacion de un servicio de pago sin autorización expresa del titular. No hay consentimiento previo. Es a todas luces una forma de cobro sin que te enteres hasta a ver la factura. Nunca lo hubiera esperado de r…. Pense que era una empresa mas seria.

    • Hola, Ramon.

      De este tema informamos en junio de 2016, tanto por aquí, en nuestras redes sociales y directamente en la factura. Avisamos durante el verano y se activó en septiembre.

      De todas formas, lo que hicimos por si alguien no lo había visto, fue dar el primer bono gratis. Mandamos un SMS al móvil del cliente con la información e indicamos que si no se desea este funcionamiento y se quiere seguir a velocidad reducida, se pinche un enlace:

      https://clientes.mundo-r.com/botones/servicios/configurar_bono_automatico_mobilR

      Desde ahí se puede indicar el funcionamiento que se desee. Es decir, que hemos sido muy transparentes, hemos estado informando previamente y la primera vez no se cobra y se avisa. Creo que somos el operador que más se preocupa de ser claro y que sus clientes tengan datos, con lo que intentamos ser muy serios. Lógicamente no es ningún timo.

      Un saludo.

      • Ramon coira di:

        Por mucho que lo enmascareis es una activación pasiva de un servicio…. No hay aceptación voluntaria.. O en algún momento el titular le da a un botón o enlace consintiendo activamente ? Y como bien dices, ACTIVASTEIS, no activamos y para dar de baja habia un enlace.. NO PARA ACTIVARLO. Informar no es suficiente y escudarse en eso no es profesional ni es ético.