menú

52.200 puntos wificlientes

15/07/2015
Blog R

E aspiramos a ter milleiros máis deles de agora en adiante, porque seguimos a traballar arreo para ampliar a rede wifi máis grande de Galicia. A resposta pola vosa parte non pode ser mellor nestas primeiras semanas de posta en marcha: arredor de 27.100 usuarios totais rexistrados e unha media de 1.500 ao día. Case nada.

E para animar a festa de “non-vou-gastar-os-meus-datostemos por aí roldando unha furgoneta ben chula (non sei se a vistes) ao máis puro estilo #loveisintheair. Poderedes vela por A Coruña, Lugo, Santiago e Ourense ata o vindeiro 21 de xullo. E repartiremos material informativo para que ninguén quede sen conectarse esta nova rede mellorada, ampliada, segura, sinxela de usar é gratuíta para todos os clientes de fixo e de móbilR.

11731604_10152940784478456_5784386995439245706_o

E non esquezades que dentro de pouco disporedes tamén de balde, non só dos puntos de acceso base da nosa rede (routers de R) senón tamén doutros adicionais, noviños do paquete, que instalaremos xusto naquelas zonas onde haxa máis demanda ou tráfico de datos. Para que a vosa experiencia de conexión sexa total.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

28 comentarios

  1. CartDestr di:

    Na provincia de Pontevedra tamén somos xente 🙁

  2. José Luis di:

    Os puntos adicionais que instalaredes xusto naquelas zonas onde haxa máis demanda ou tráfico de datos:

    No estadio de Riazor è imprescindible !!!!

  3. Jose Manuel di:

    Polo que se pode apreciar no mapa de cobertura parece ser que so tedes activado un router como punto de acceso en cada edificio.
    Tendo en conta que hai edificios grandes con varias vivendas por planta e incluso varios portales podese dar o caso de que si o router esta nunha vivenda da parte traseira do edificio, o sinal non chegue a rua.
    Eu de feito xa observei que en alguns sitios que figuran no mapa como punto de acceso e imposible conectar dende a rua, ben porque non se detecta a rede ou ben porque o sinal e tan debil que nin sequera establece a conexion.
    Tendes pensado activar algun outro router nestes casos? Creo que non serian dificiles de identificar, xa que soen ter numeracion composta tipo 36-42, 9-13; incluso os propios usuarios poderiamos indicarvos os sitios donde se da esta situacion.
    Seria unha magoa que coa boa idea que e este servizo, en alguns sitios non se empregase, e en outros que si poderian ter uso, non se puidese acceder.
    Un saudo.

  4. susana di:

    yo tengo que demostrar mi descontento con vuestra compañía,ya que desde que se activo el nuevo servicio de wificlientes r,he dejado de disfrutar este servicio en el lugar que a mi me hace falta,ya hace tres semanas que en mi ordenador, r daba el aviso que por mejoras de servicio,estaria suspendio temporalmente.bien!!hasta ahi perfecto,no me preocupa ni me enfada,pero pasan dias y semanas y el servicio no vuelve,me pongo en contacto con r hasta en dos ocasiones y no me saben decir nada,claro yo les comento que desde mi pc yo observo que las redes que hay en la zona siguen siendo las mismas,excepto que no aparece wificlientesr y de verdad que no me lo explico,disfruté de este servicio más de un año sin ningún tipo de problema y ahora es un fastidio,por cierto la zona es avenida de león,69-Sanxenxo,os rogaría por favor que hicierais algo

    • blog R blog R di:

      Hola. El nuevo servicio se activa sobre diferentes equipos a los del anterior, y seguramente por eso no encuentras la red justo donde estaba antes. Actualmente estamos cambiando los equipos en aquellos locales en los que estaba activado el anterior servicio y actualizando nuevos para que este disponible también wificlientesR, pero este trabajo llevará un tiempo. Si accedes al mapa de cobertura wificlientesR.com hay un punto de acceso en el número 21 – 23 de la calle que nos comentas. Un saludo

  5. Jacobo di:

    ¿Ahora no se puede utilizar como antes si no tienes una línea móvil contratada con vosotros?

  6. óscar di:

    Ola. Entérome ao ver o mapa de cobertura de que a miña casa é un punto de acceso (tamén, ao ser unha urbanización, vexo concretamente que veciños teñen R e cales non). Pulso o botón OFF do wifi do meu router para ver que pasa… e o que pasa é que non funciona. O wifi xa non se pode apagar. Supoño que esto estará nalgunha parte da letra pequena do contrato que firmei, pero o certo é que non me fai demasiada gracia enterarme así de casualidade de que a miña casa é un punto de acceso, e sen saber, de entrada, que pasa coa seguridade da liña, co ancho de banda… (agora xa busquei no faq e vin que en teoría é seguro e non consume o ancho de banda do usuario). En fin. Eu diría que neste caso o ideal sería pedir permiso expreso aos clientes (non na letra pequena), ou cando menos poñer un aviso explicativo na factura…

  7. óscar di:

    Ao fío do meu comentario anterior: acabo de entrar no apartado wificlientesR da web e xa vin que se pode un apuntar ou desapuntar do servizo cun clic: https://clientes.mundo-r.com/clientes2/configurar/wificlientesR/

    Mea culpa, que non debín ler coa suficiente calma o asunto cando me apuntei 🙂

    • blog R blog R di:

      Ola, Óscar. Perdoa que non che respondésemos antes. Claro que podes formar parte da rede wificlientes R ou non, é unha decisión túa. E no contrato hai un apartado que se refire a esta cláusula de consentemento, dende logo (se queres mándoche o texto). Pero non penses que por ser punto de acceso vas perder ancho de banda ningún. En todo caso, se queres que revisemos o teu router para saber por que non se apaga por completo, mándanos os teus datos por privado a quecheparece@mundo-r.net e miramos que pasa

  8. blog R blog R di:

    De nada, Óscar.Xa sabes onde estamos se precisas algo.

  9. Xan di:

    EN Mera, Oleiros teño una señal boa de wifi clientes pero non son quen a conectarme co meu smartphone. Di “conectandose” pero non termina de conectarse. Ha sinal procede da Lagoa 1 ou Lagoa 7. Na zoa dos bares se marcan varios puntos de acceso pero tampouco se conecta. Cal pode ser o problema? Graciñas.

  10. Alex di:

    Hola. Me conecto al router y me salen dos radios, 5 y 2.4 ghz, desabilito las dos radios y sigo radiando wificlientes r sin ver rastro en absoluto por todo el router de wificlientes r y en ningún momento lo activé, aunque veo que se me ahorró el trabajo. La única forma que veo de no radiar es apagando el router por completo. No aparezco en el mapa, pero radio igual.
    En su día, se me dijo que tenía el control del router, veo que no . ¿Donde veis la seguridad para el cliente que pone el router?, ¿Entiendo que la seguridad consiste simplemente en separar en capa 3? Tenía buena pinta cuando se os veía poner los AP´s de smart coruña, pensé que así seria para los clientes r. Nuevos APs con su propia conexión.

    Perdonad la desconfianza pero….

    • quecheparece quecheparece di:

      Hola, Álex.

      La red de wificlientesR, como es lógico, la gestiona R. El cliente, si no la desea, la puede desactivar a través de la web de clientes. Eso sí, al hacer esto no se podría conectar uno al resto de puntos de la red wificlientesR.

      Es una red independiente de la tuya, con una ancho de banda mayor, y es totalmente segura. Lógicamente es algo que hemos mirado y mucho, para que el cliente esté tranquilo y que no afecte a su conexión.

      Un saludo.

  11. Anxo di:

    Boas tardes teño unha dubida sobre o tema este do wificlientesR, eu desactivei a rede esta pero sigo tendoa despois de facela desactivación isto tarde en desaparecer o como e o tema, un saudo.

  12. Emilia di:

    Dos cosas, desde que prepare lo de clientes r WiFi no he podido conectarme nunca, esto va fatal.
    Como tengo que hacer desde el extranjero?

  13. sandra di:

    Tengo un galaxy s6 y estoy teniendo muchos problemas para la conexión a la wifi R, me da constantemente “error de autenticación”, ¿como lo puedo solucionar?