menú

Foro e app de 3ollos R

14/06/2017
Blog R

Ola. Cada vez son máis os clientes que xa están a probar 3ollos R. Que ademais agora está en promoción, coa posibilidade de desfrutar do servizo durante 3 meses, sen ningún tipo de compromiso. Vamos, que estamos tan seguros das posibilidades de 3ollos R, que cho instalamos e cho deixamos en confianza, para que ti decidas 

Dende logo é un servizo moi novidoso. Ata o de agora asociabas a R a iso de teléfono (fixo e móbil), internet e televisión. Pero as necesidades cambian. De feito, só é preciso botar a vista atrás hai 10 anos. De seguro que ningún de nós se imaxinaba conectado todo o día a internet e cun teléfono intelixente con aplicacións que lle ofrecen múltiples usos e posibilidades.

App para Android e iOS

Precisamente esa foi unha das nosas principais preocupacións á hora de traballar en 3ollos R: que tiveras no teu móbil toda a información do que pasa no teu negocio ou casa.
Porque así podes ver dende calquera lugar en directo a cámara, recibir os avisos se pasa algo, cambiar a hora na que queres que se acenda un equipo ou ben se apaguen os ordenadores…
Tes xa dispoñible a app para Android e tamén a app en iOS.

Calquera consulta, no foro

Como é un servizo tan novo, de seguro que che xorden dúbidas, preguntas ou non tes moi claro como configurar certas regras en 3ollos R.

No ti preocuppare, porque aquí estamos para botarche unha man. Creamos ademais o foro de 3ollos R para nos lances calquera consulta técnica, nos indiques que che gustaría que tivera o servizo ou nos contes como o usas ti. Ademais, entre os participantes teremos algún detalliño 

Esperámoste polo foro ou por aquí co que precises.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios