menú

3ollos R, o servizo sen o que non poderás vivir

17/03/2017
Blog R

Ola. Hoxe querémosche presentar 3ollos R, un servizo que che permite saber todo o que acontece na túa casa ou negocio. E sabelo en tempo real, en “directo”. Aí é nada  Ademais, como oferta de lanzamento, tes gratis durante os 3 primeiros meses a cota do sevizo e a cota do aluguer do concentrador, para que coñezas mellor o servizo e vexas todas as súas funcionalidades.

Nunca che pasou iso de saír da casa a toda présa e deixar a porta aberta sen darte conta? Ou ben que un mes a factura da luz chegou disparada, sen prevelo nin ter claro por que subiu tanto? Pois aí entra 3ollos R.

Tranquilidade

O que máis nos adoita importar nesta vida son os nosos, a casa e o negocio. Así, este servizo trata precisamente de centrarse no máis importante, para que teñas un terceiro ollo sempre pendente do teu fogar ou empresa.

Moitas veces estamos intranquilos no traballo, pensando se os cativos chegarían á casa despois da escola. Ou estamos preocupados polos nosos pais, que son maiores e andan algo despistados ultimamente.

Grazas a 3ollos R poderás quedar tranquilo e levarás un control de quen sae ou entra (un empregado, a coidadora dos teus pais…), recibindo no teu móbil unha notificación de todo o que pasa:

 

 

 

 

Sen superpoderes

Canso de que na oficina non apaguen as luces de noite? Os nenos prefiren ver a tele pola tarde en lugar de facer os deberes? 3ollos R permíteche precisamente controlar estas situacións, apagando de forma automática un electrodoméstico ou as luces. Ou ben coñecer o consumo do que levas gastado en electricidade este mes.

E tamén podes deixar programado que de noite, cando os pequenos vaian ao baño, se acenda automaticamente a luz do corredor. Ou ben acender remotamente a calefacción, o deshumidificador ou o aire acondicionado antes de chegar á casa.

 

 

Personalizable

E xusto o bo de 3ollos R é que ti escolles o que necesitas. Podes poñer un sensor de fume, un detector de auga, enchufes intelixentes para apagar ou acender electrodomésticos, sensores para as portas… Na nosa web tes todos os dispositivos dispoñibles.

Ti disnos que che interesa e nós montámoscho todo na casa para que non teñas que preocuparte “de ná”. Non hai que facer obras tampouco, polo que así evitámosche dores de cabeza innecesarias e todo é máis rápido e sinxelo 😉

Todo na app

Cando pase algo, serás o primeiro en enterarte grazas á app de 3ollos R. De momento está en Android, pero tamén a teremos para iOS. No teu móbil vas recibir aviso de todo.

Ademais, unha das vantaxes do servizo é que podes configurar ao teu gusto diferentes regras nos aparellos que teñas instalados. Por exemplo, imaxina que estás de vacacións: a que che gustaría acender e apagar a radio no piso, simulando que hai alguén? Ou ben mirar se o teu curmán vai regar as plantas? Pois agora isto xa é posible.

 

 

Condicións

Para descubrir máis sobre este servizo, coñecer máis casos de uso e as condicións, entra en 3ollosR.gal, onde che damos toda a información.

E, por suposto, aquí tamén andamos para aclararche calquera dúbida ou pregunta 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

7 comentarios

  1. jose prieto di:

    y cual es el coste mensual del servicio

  2. jose prieto di:

    O sea se paga solo el coste de los sensores o el servicio en sí tiene precio

  3. alex marc di:

    después de adquirir este servicio y pasados 4 meses, no funciona, ya pasaron unos 8/9 técnicos por aquí y sigue sin funcionar… estamos pensando en cambiarlo por otros sensores con las mismas características pero sin pagar al mes nada por ellos.