menú

wificlientesR: necesito ser titular do contrato para usar o servizo?

11/09/2015
Blog R

Ola a todos. Unha das consultas máis habituais que nos fan os nosos clientes á hora de conectarse á rede wificlientesR ten que ver con aquelas liñas asociadas a unha conta pero que non son do titular (pero si da parella, dos fillos…). E claro, tamén queren gozar de datos por toda Galicia. Así que sempre nos chaman para preguntar se só o titular pode usar a rede e non, non é necesario.

Calquera liña de móbilR pode conectarse ao servizo. É moi sinxelo e podes darte de alta no servizo wificlientesR a través da app de Android ou ben dende a web de clientes se tedes iOS ou outro sistema operativo (estamos esperando a que Apple actualice a nosa app no iTunes).

Unha vez que abres a aplicación, no botón configurar > configurar wificlientesR xa encontras as tres opcións como usuario:

  • son o titular do contrato: se es o titular do contrato. Previamente tes que darte de alta en clientes.mundo-r.com e xa entrarías co teu DNI e co teu contrasinal.
  • son delegado: se es un usuario autorizado polo titular do contrato para facer xestións dos servizos de R. Como se crea un usuario delegado? Dende a app ou a web de clientes, na pestana configurar > os meus datos > os meus usuarios autorizados. Aí poderás indicar o nome e permisos aos que autorizas.Neste titorial Diodor Fibrich explícavos como se crea paso a paso:

     

  • non teño usuario: se non es un usuario delegado, pero a liña é de móbilR, non hai problema. O único que debes facer é indicar o número da liña e xa te podes conectar tamén.appR alta usuario

Aquí deixámosvos un vídeo titorial que resume os pasos que acabamos de ver:

 

Ata a próxima.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. cliente_enfurecido di:

    Bos días,

    xa desesperado co trato que me está a dar R, escribo aquí a ver se me dades unha solución. Tras máis de 15 anos como cliente e con 3 contas de fixo (dúas de empresa) e 3 móviles, sinto que os vosos clientes os dan igual. Vai un ano comprei con vos un motorola que os poucos meses deixou de soar, enviarono a arranxar e os poucos días o mesmo, deixou de soar. Agora, tras envialo a arranxar dúas veces, o mesmo, no ten sonido. A vosa solución, envialo arranxar por terceira vez polo mesmo problema ou como non, comezar unha nova fideliación con outro modelo. Eu o quero é o meu telefono, non outra permanencia e non un teléfono estropeado que non lle encontran o problema, e que dendo dun meses cando remate a garantía vai ser eu quen teña que pagar por arranxalo. Porque levar a arranxalo outra vez e que cando remate a garantía sea eu quen me faga cargo, como comprederes non me fai graza ningunha.

    Tras todos estes anos como cliente esperaba algo máis, tendo en conta que se paga, como se paga, máis que en outras compañias o trato debería ser diferente. De como se resolva este asunto direi adeus R o quedarería; pero pagar máis polo mesmo seguro que no.

  2. blog R blog R di:

    Ola. Lamentamos, de verdade, os trastornos que che está a ocasionar o teléfono. Cando os terminais presentan algún problema técnico dentro do periodo de garantía nós enviámolo ao fabricante, coma comentas, porque é el quen realmente pode dar unha solución. Pero imos mirar con detalle o que ocorre, a ver se podemos axudarte un anaco máis. Pásanos, por favor, os teus datos a quecheparece@mundo-r.net e revisamos o asunto. Un saúdo.

  3. Toño di:

    Hola, ¿es normal que el wifi clientes funcione «regular»?. Estando en casa, a veces veo que la intensidad de señal del teléfono es baja, voy a mirar y veo que está conectado al wifi clientes en vez de a mi propia wifi