
wificlientesR: como levar o control do consumo?
Ola a todos. wificlientesR permítevos saber en todo momento o consumo que realizastes dos 20GB de datos que ofrece a máxima velocidade.
Desta maneira levaredes un control exacto dos gigas desfrutados tanto se vos conectades dende o móbil coma se o facedes dende unha tablet ou portátil.
Lembrade, iso si, que o consumo de datos en wificlientesR é ilimitado, porque unha vez que vos pasedes dos 20GB seguiredes navegando pero a 256Kbps de baixada e 256Kbps de subida. Co que para a velocidade é válida para a maioría para os servizos máis habituais, como o whatsapp
Iso no caso de que superedes os 20GB de tráfico en cada un dos vosos dispositivos, que xa é moito consumo, porque a idea é que wificlientesR os permita navegar e navegar e navegar…
Pero o dito, para ir controlando o que levades gastado, tedes estas opcións:
- no móbil: se tedes configurado wificlientesR no voso smartphone, podedes consultar o consumo dende a app de R. Tédela dispoñible para Android e iOS.Se queredes ver en detalle a información de consumo, debedes premer no apartado wificlientesR da app e aí veredes o consumo dende a última factura e a partir de cando desfrutaredes de novo de 20GB a máxima velocidade.
- noutros dispositivos: se desfrutades wificlientesR dende outros dispositivos tipo tablets wifi ou portátiles, poderedes controlar o que levades consumido dende a web de clientes. Tédelos accesible desde o botón “configurar” > “configurar wificlientesR”.
Debedes escoller “configurar” dentro do voso combo e xa accededes ao detalle:
Esperamos que vos fora de axuda. Aquí tedes máis posts sobre wificlientesR:
- wificlientesR: como configuralo nun dispositivo distinto dun móbil?
- wificlientesR: necesito ter a app móbil aberta para conectarme?
- wificlientesR: necesito ser titular do contrato para usar o servizo?
- como instalar wificlientesR nun móbil con Android
Un saludo.
6 comentarios
Configuración
Ola, Nieves.
Se o teu comentario era relativo a como configurar wificlientesR nun dispositivo, pásoche os manuais para que lle poidas botar un ollo:
http://wificlientesr.mundo-r.com/manuales_gl.html
Un saúdo.
Boas. Na miña casa, non sei ben porqué, o móbil conéctase moitas veces a wifimedia_R en vez de a miña rede wifi de R (con cobertura moi boa), e eso que a vosa aplicación debería preferir esta última… Por certo, cando apago o meu router ser apaga a wifimedia_R, e nadie me comunicou que se ía poñer un punto de acceso público na miña casa…
Ola, Roberto.
Na app móbil en opcións > “priorizar outras redes” > marcando “redes coñecidas” debería collerche a túa. Tes iso marcado?
No contrato indícase que se pode usar o router para o servizo. Pero non é algo que se faga sempre nin en todos os casos. Depende da zona, dos puntos wifi que haxa alí… Hai unha serie de factores que o condicionan, polo que se indica no contrato que o equipo pode ser susceptible ou non de usarse.
En todo caso, se non desexas pertencer a wificlientesR, dende a web pode desactivarse. Iso si, despois non poderías conectarte a ningún punto, xa que ao final non deixa de ser un club no que se botas unha man permitindo difundir o sinal (ollo, nunca restando da túa velocidade, xa que en R provisionamos un extra), ti tamén te beneficas conectándote a outros puntos.
Comentamos calquera dúbida.
Un saúdo.
Ola!
Pois fixen o que me dis (que xa tiña a app configurada así), e as veces “prefire” a wificlientes R antes que a miña privada. No e que sexa algo importante, pero paréceme que pode ser un bug (da app ou de Android).
O outro tema, pois pilláchesme ben pillado, porque non lira o contrato…xa está aclarado, gracias.
Un saúdo
PD: estades a ter problemas con “captcha code”, que durante varios días estivo a darme un erro e non me deixaba respoder.
Ola, Roberto.
Si, actualizamos a versión que temos detrás do blog, e onte démono conta de que os clientes non podían comentar polo do “captcha code” que comentas. Onte á tarde quedou solucionado. Vaiche sen problemas agora?
Un saúdo e desculpa.