menú

wificlientesR: como configuralo nun dispositivo distinto dun móbil?

25/09/2015
Blog R

Ola a todos. Despois de ver como se configura wificlientesR, tanto se sodes titulares do contrato coma se non o sodes, queremos explicarvos agora os diferentes tipos de dispositivos dende os que vos podedes conectar, xa que non só podedes gozar de wificlientesR dende o móbil, senón tamén dende un portátil ou dende unha tablet.

Dispós de dúas conexións para gozar de wificlientesR:

  • un usuario dispoñible por cada liña de móbilR: para conectarte dende o móbil
  • un usuario dispoñible por ter un combo: para conectarte dende outros dispositivos tipo tablets wifi ou portátiles. Coa conexión do combo poderás conectarte con ata 5 tablets ou portátiles, pero cun só á vez
  • cada multSIM ou plan de datos solto ofréceche novos usuarios tamén para as túas tablets e ordenadores

Aquí tedes os manuais de configuración de wificlientesR para diferentes sistemas operativos de tablets e portátiles. Tamén podedes descargalos en pdf na sección de descargas.

Encontraredes unha explicación detallada de todos os pasos que debedes seguir. Antes de nada, necesitades un usuario e un contrasinal:

  • se configurades dende o móbil debedes indicar unha dirección de correo electrónico válido onde vos informaremos sobre a activación do servizo e as instrucións para configurar os vosos dispositivos
  • se configurades dende un portátil ou tablet teredes que acceder á web de clientes R e seleccionar o combo/mambo para configurar o servizo. Desta forma, obteredes un usuario e un contrasinal. Non esquezades ter estes datos a man porque vos farán falta na configuración

wificlientesR configuración portátil

Como vedes, o proceso é moi sinxelo e rápido, co cal vos animamos a configurar wificlientesR en todos os vosos aparellos electrónicos

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

  1. Alberto di:

    Tiven que cambiar de movil, e ahora é imposible volver a configuralo. Meto na conexión wifi no movil os datos que me veñen no correo (usuario e contraseña), e non mos recoñece e non me realiza a conexion.

  2. Alberto N. di:

    Hola. Teño tres liñas móbiles xa con wificlientesR. Se quixera configuralo no portátil, teño q contratar un combo?
    Grazas.

  3. Cecilia di:

    Todos los veranos nos damos de baja temporal en casa xq nos vamos fuera. ¿Por que no puedo seguir disfrutando de mi servicio de wificlientes R en mi tablet, durante esos meses? 🙁