menú

Trucos para aforrar batería

22/06/2015
Blog R

Ola a todos. Achégase o verán e os vosos móbiles empezarán a botar fume con plans e máis plans. Se non queredes quedar colgados, ides necesitar algo máis que un conxuro para que a batería vos aguante o ritmo.

Aquí vos deixamos unha serie de consellos, que maxia non farán pero seguro que vos axudarán a sobrevivir:

Pantalla: canto máis iluminada, máis batería consumirá. Podedes reducir o brillo nos axustes de pantalla, onde tamén poderedes configurar o tempo de espera para que o terminal se apague antes de forma automática cando deixades de usalo. Canto máis tempo estea a pantalla iluminada, máis consumo de batería haberá. De modo que 15 ou 30 segundos sería o recomendable.

Outro dos grandes inimigos da batería é o bloqueo e desbloqueo do teléfono, así que ollo co vicio de consultar constantemente a hora no móbil. E nada de usalo como lanterna

Outras funcións que succionan a vida da vosa batería son o modo vibración, o son por pulsación ou a rotación automática de pantalla ao cambiar de posición.

pantalla

tiempo

Cobertura: os que viaxades en tren con frecuencia teredes sufrido moitas veces o ir e vir da cobertura, especialmente dentro dos túneles. Neses casos e, en xeral, cando esteades en situacións de escasa cobertura debedes apagar o teléfono ou poñelo en “modo avión” porque o voso terminal estará constantemente buscando cobertura, gastando un montón de batería.

cobertura

Conectividade: desactiva a wifi, o bluetooth ou GPS. Moito ollo coa wifi, se a tedes activada por defecto estará constantemente buscando rede, tirando novamente de batería. Acende a wifi cando o precises.

conectividad

Widgets: a meteo, noticias… son widgets que consumen moita batería porque actualizan periodicamente a información. Ter widgets en si non é o que máis consume, senón a frecuencia de actualización: canto maior sexa, maior gasto de batería.

widget

Notificacións: se realmente non necesitades saber ao instante que á vosa prima lle gusta a foto que publicastes en Facebook, a batería agradecerávolo. As notificacións son outro chucha batería a ter en conta. O mesmo que coas redes sociais acontece co correo electrónico: non necesitamos saber cada pouco que hai unha nova oferta en Lets Bonus, Privalia ou Groupalia porque vampirizan tamén a enerxía do noso terminal . Para evitar isto, debedes indicar sempre que poidades un tempo de sincronización na configuración de cada aplicación ou ben desactivar a actualización automática de correo (push).

notifica

Xestión de tarefas: Android permite executar varias aplicacións ao mesmo tempo (procesos en segundo plano), o que implica un maior consumo de memoria RAM e batería. O recomendable é que vos aseguredes de pechar as aplicacións cando non as esteades a usar.

Sistema operativo actualizado: Quen estea libre de pecado que tire a primeira pedra! E é que moitos deixamos para máis tarde o aviso de actualización do sistema operativo. E equivocámonos, porque xeralmente inclúen melloras de rendemento.

android_lollipop

E se tan importante é non malgastar batería, non o é menos cargala de forma axeitada. En contra das crenzas populares, recoméndase cargar o móbil antes de que quede ao 0% para alongar a vida útil da batería. O mellor é non esperar máis alá do 40% para enchufalo.

Se aplicades todos estes consellos, ademais de ser uns alumnos exemplares, teredes máis vida na vosa batería.

Vémonos pronto con máis trucos. Lembrade, iso si, que temos máis información nos nosos foros.mundo-R.com

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

2 comentarios

  1. Carmen di:

    Os doy las gracias por estos trucos que ayudan al mejor rendimiento de nuestros móviles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*