menú
nube r móvil

Todas as vantaxes de nube R no teu móbil

06/05/2016
Blog R

Ola a todos. Seguro que xa coñecedes nube R, o servizo de R que che permite almacenar os arquivos do teu terminal na nube, pero na de R, non na nube Kinton. Por unha cota de 1€/mes (IVE incl.) terás unha copia de seguridade das fotos, vídeos e contactos do teu móbilR. Ademais, se o contratas agora, lévaste 3 facturas gratis.

No noso móbil gardamos a diario información valiosa como as fotos do verán, a axenda de teléfonos, etc. Ademais de saturar a memoria de almacenamento, corres o risco de perdelas para sempre se perdes ou che rouban o móbil. E non esquezamos a molestia de ter que transferir a outro teléfono todos estes arquivos cando cambias de móbil.

Con nube R podes levar sempre contigo esa información, porque che ofrece 25GB de espazo na nube para gardalo todo, todo e todo nun lugar seguro. Así, unha vez sacada a foto, podes eliminar ese arquivo do teléfono, co que liberas espazo, e a tes sempre a man. E non te preocupes porque as comunicacións e almacenamento de datos son cifrados, accesibles mediante contrasinal e con todas as garantías de seguridade. E se che rouban o móbil, nube R permíteche facer un bloqueo remoto de todos os teus arquivos para que ninguén poida acceder a eles. Como ves, é moi cómodo .

Ademais, poderás recuperar imaxes ou vídeos que borrases por erro, iso si, no prazo de 30 días. Nube R permíteche acceder ás 30 últimas versións de cada documento. Como ves son todo vantaxes para facilitarnos a nosa vida tecnolóxica.

 


 

E agora imos ao tema, porque seguro que estás desexando comezar a usar nube R  . Só tes que instalar a app Android, iOs e Blackberry ou acceder a través da web de clientes.

Unha vez dentro podes elixir entre facer copia de seguridade dos teus arquivos de maneira automática (cada vez que saques unha foto, por exemplo, subirase directamente á nube sen que teñas que facer nada) ou manual (seleccionas ti o que queres conservar). E para que che dure máis a túa tarifa de datos é mellor que subas os arquivos cando esteas conectado a unha rede wifi. Na web de respostas e no manual ampliámosche as opcións de configuración.

Lembra que para gozar de nube R tes que ser cliente dunha liña de móbilR e dar de alta o servizo por só 1€/mes (IVE incl.). E se o contratas agora, tes 3 cotas gratis.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

8 comentarios

  1. José Luis di:

    Si por cualquier motivo el día de mañana me doy de baja de móbilR, se me da de baja igualmente de NubeR?

    • Hola, José Luis.

      Nube R móbil es una opción do móbilR, por lo que al darte de baja del servicio móvil, también se cursaría la baja de la opción.

      En caso de querer mantener el sevicio, lo podrías tener con nube R multidispositivo, que se puede tener con R aunque no tengas ningún otro producto con nosotros. Tendrías la app móvil y la aplicación para PCo Mac y 100GB en la nube.

      Un saludo.

  2. Juan di:

    Las subidas o descargas hacia o desde la nube ¿Cuentan para descontar de la cuota contratada de datos?. Es decir si,por ejemplo tengo 1 giga en mi tarifa de movil, ¿los accesos a la nube descuentan de ese giga?

  3. MONTSERRAT di:

    ¿Existe nube R para tf con windows phone 8.?
    ¿Se puede compartir nube R para todos los móviles del mismo titular de cuenta?
    ¿Costaría 1€ para todos los móviles, con el límite de capacidad de 25Gb compartidos?
    ¿O tendría que pagar 1€ para cada móvil?
    Gracias.

    • Hola, MONTSERRAT.

      Antes de nada, siento la tardanza en responder. Prefería asegurarme bien las respuestas.

      Por ahora no tenemos nube R para Windows Phone. Está disponible para Android e iOS, pero no para otros sistemas operativos 🙁

      No se podría compartir el servicio para todos los móviles del mismo titular. Se trata de un servicio personal. Cada usuario debe tener un mail y una contraseña.

      Cada línea de móbilR puede contratar un servicio (cada una debe tener un correo electrónico) e así cada uno tendría el backup de ses contactos y de sus fotos.

      Las 3 primeras facturas son gratis, e después tan solo costaría 1€/mes (IVA incl.) por cada nube R móbil (uno por línea).

      Un saludo.

  4. anusca di:

    si pruebo los tres meses o menos…. y no me interesa tengo compromiso de permanecer un tiempo?
    hay forma de compartir carpetas con usuarios de nube R y eso aumente nuestra capacidad de almacenamiento, o, hablamos de tener que aumentar tarifa….