menú
Móviles de R novedades en septiembre

Novos móbiles de R en setembro

01/09/2017
Blog R

Ola. Empezamos o curso con moitas novidades no catálogo de móbiles de R. Incorporamos novos terminais a moi bo prezo para que a costa de setembro sexa máis levadía. Incorporamos tres iotas, que nin Joselito : Samsung Galaxy J7 2017, Samsung Galaxy J5 2017 e Samsung Galaxy J3 2017.

Samsung Galaxy J7 2017

Samsung define o Galaxy J7 2017 como pura elegancia. E non lle falta razón, porque unha vez que tes este móbil na túa man, namóraste. O seu corpo metálico, ademais de darlle robustez ao móbil, dótao de gran beleza e elegancia. E unha vez que estás namorado do seu exterior, o seu interior conquistarate por completo. A súa pantalla Full HD de 5,5″ está protexida por un cristal de 2.5D. En canto á cámara, a principal ten 13 MPX e unha apertura de F/1.7 para facer as mellores fotos mesmo ás escuras. A cámara frontal tamén conta con outros 13MPX e o mellor rendemento para facer selfies. Funcionará a toda máquina grazas ao seu procesador Octa-Core, aos seus 3GB de RAM e á súa memoria interna de 16GB (8GB libres). Por último, a batería de 3600mAh fará que non quedes colgado nunca e o seu Android 7.0 farán que esteas á última. Lévao en cor dourada por 14€ durante 24 meses.

Samsung Galaxy J5 2017

O Samsung Galaxy J5 2017 está destinado para ti: ademais de elegante, é un móbil co que rendemento e diversión están asegurados. Ten un acabado uniforme e metálico, co que todos os teus coñecidos quedarán coa boca aberta ao velo. Contas ademais cun cristal de 2.5D que protexe a súa pantalla HD de 5,2″ Super AMOLED. Tanto a súa cámara traseira como a frontal dispoñen de 13MPX e unha apertura impresionante para sacar as mellores fotos, mesmo en condicións difíciles. O procesador Octa-Core, os seus 2GB de RAM e a memoria de 16GB (8GB libres) farán que o teu móbil sexa dos máis rápidos á hora de navegar e consultar aplicacións e servizos. Coroan o conxunto a batería de 3000mAh e o seu Android 7.1. Consígueo en cor negra por 12€ durante 24 meses.

Samsung Galaxy J3 2017

Porque queres un terminal cun bo acabado, un bonito deseño e un mellor prezo, aquí tes o Samsung Galaxy J3 2017. Co seu acabado metálico e coa súa pantalla de 5″ Super AMOLED protexida cun cristal de 2.5D, serás a envexa dos teus amigos. E no Instagram ninguén che gañará grazas a súa cámara traseira de 13MPX e frontal de 5MPX, grazas á súa apertura óptica e ao LED frontal. O procesador Quad-Core a 1.4Ghz, con 2GB de RAM e memoria interna de 16GB (8GB libres) farán que o rendemento estea asegurado. E para finalizar, desfruta da súa batería de 2400mAh e do seu Android 7.0 Nougat. Lévao en cor negra por 9€ durante 24 meses.

Pásate pola nosa tenda móbilR e faite co teu.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

  1. Manu di:

    Hola, me parece muy bien que incorporen terminales nuevos y de última generación y por supuesto los más altos de gama .. creo que es lo mínimo que tienen que hacer. Lo que NO me parece bien son los precios ya que son precios de mercado y en algunos casos de alta gama se encuentran más baratos en muchas tiendas. Creo sinceramente que no tienen en consideración al cliente o sea a todos nosotros.
    Tienen un caso como es del S8 208€ más las cuotas y les da lo mismo las líneas que tengamos con ustedes. en mi caso tengo tv.internet.fijo. y tres líneas de móvil. les parece normal que tenga que pagar los 208€ ?? pregunto …..