menú
Mantenimiento móvil Mario Bros

Novo mantemento móbil, o teu móbilR a bo coidado

19/10/2016
Blog R

Ola. Acabamos de estrear o servizo de mantemento móbil e claro, preguntarás, que é iso?. Pois como xa sabes, para a nosa rede fixa, temos un mantemento que se encarga de simplificarvos os trámites cando tes unha avaría nos vosos servizos de televisión, internet ou telefonía fixa.

Moitos de vós preguntábasnos se en móbilR non iamos facer nada semellante. Pois a resposta é si, e iso é mantemento móbil.

E que trámites simplifica mantemento móbil?

Pois os máis habituais que se poden suceder ante unha avaría ou problema cun terminal ou unha SIM:

  • Préstamo gratuíto de terminal de cortesía ao tramitar unha reparación
  • Cambio de SIM sen custo en calquera circunstancia, xa sexa roubo ou perda
  • Atención técnica nunha tendaR ou dende o CAC (Centro de Atención ao Cliente) para axudarche a configurar o teu terminal: correo no móbil, descarga de apps, traspaso de contactos, eliminación de código de seguridade, actualización do software ou optimización do rendemento do terminal… Vaia, é como ter un amigo informático que che bota unha man para calquera cousa relacionada co teu terminal.
  • Realización de orzamentos gratuítos en caso de avaría do teu móbil, sexa cal for a marca do mesmo

Práctico, verdade? E o mellor é o seu prezo. Por só 1€/mes por liña, tes un todo incluído na xestión de avarías no teu móbilR.

E ademais, outra vantaxe. Se xa tes contratado un servizo de mantemento fixo, terás mantemento móbil incluído en ata 4 liñas sen pagar nada máis.

Se es dos que che gusta previr máis que curar, en R poñémoscho moi fácil cos nosos mantementos.

Vas esperar moito para estar tranquilo?

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

12 comentarios

  1. Juan jose cernadas siaba di:

    Por favor dar a los clientes algo sin coste nada mais que pensáis como quitarnos el dinero,si la televisión es vuestra el teléfono y Internet más móviles no podeis dar uno servicio sin coste. Pensar que Vodafone viene dando unos precios muy buenos sin limitación de tiempo y con mantenimiento hacer algo así a los cliented

    • Hola, Juan José.

      Hemos puesto sin coste el rebobina, hemos implantado más de 120.000 puntos wifi gratuitos sin coste, lanzado tv comigo, el año pasado dimos gratis el paquete superior de televisión durante un mes, siempre tenemos canales promocionados durante 3 meses (ahora mismo XTREM, en el dial 6),…

      Como ves, tenemos muchos servicios y detalles sin coste. Ahora, un presupuesto fuera de garantía o el coste de una tarjeta SIM ya te digo que Vodafone los cobra.

      Un saludo.

  2. Jesús García Losa Fernández di:

    Saludos: Les agradezco que me envíen a mi mail el importe de mi cuenta. Muy agradecido

  3. Jesus Celada Prado di:

    Pues os habéis estrenado y lucido.
    Soy cliente de combo y 4 líneas móviles.
    se me estropea el terminal, me acerco a la tienda R y acababa de caducar la garantía, os COMPRO A VOSOTROS,un nuevo terminal y sorpresa sino envío el otro a arreglar no me dejáis ningún móvil.
    por cierto, tengo contratado el mantenimiento avanzado.
    MUCHAS GRACIAS

  4. xosepb di:

    me parece moi bem que non cobredes si xa temoa o mantemento
    en todo caso,os clientes con combos altos e móviles ,penso que deberiades avanzar mais,sin emnospreciar o que xa fixestedes,peero todavía penso que tedes pendiente de primar mais as tarifas familiares ?¿
    saudos e grazas

  5. anxos di:

    ¿Y para cuando antivirus en el móvil? Porque creo que esta opción no la tenéis de momento. Un saludo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*