menú

Lanzamos nova tarifa móbil adicional por só 3€/mes de cota

03/02/2017
Blog R

Ola de novo. Unha das cousas que nos levabas tempo pedíndonos era unha tarifa moi básica pensada para as túas liñas adicionais. Dixémosche que o estabamos a ver; e aquí a tes.

Como sabes, a idea da nosa última oferta comercial foi crear opcións e posibilidades para que poidas configurar un servizo que se adapte máis a ti, con prezos base máis baixos nos combos, máis tarifas móbiles entre as que escoller e incluso combos sen liña de teléfono.

Perfil

Esta nova tarifa non estivo lista para o lanzamento da nova oferta comercial, o pasado 22 de decembro. Pero velaquí tela arestora, xa dispoñible.

Esta é unha tarifa pensada sobre todo para aqueles que non fan un uso intensivo do móbil e queren pagar algo básico. Sería o caso das familias que teñen un cativo ou cativa que colle por primeira vez unha liña móbil e queren chamalos de cando en vez, saber onde están, se hai que recollelos no cole, nas actividades extraescolares…. Ou xente maior que descobre o whatsapp e fai só as chamadas imprescindibles porque prefire chamar dende o fixo da casa. Ou ben os que queren estar sempre dispoñibles e localizables, pero o uso que fan do móbil é máis ben esporádico.

Vamos, un perfil de persoa que non adoita facer chamadas, aínda que si as recibe, e que usa aplicacións móbiles.

Características

Pero vaiamos ao detalle. Nesta tarifa ofrecemos, por unha cota de 3€/mes (IVE incl.):

  • 500MB de datos móbiles
  • chamadas a 0cent/min, cun establecemento de 21 céntimos. O máximo da chamada, como sempre, é de 60 minutos. A partir de aí, 21cent/min.
  • SMS, 24 céntimos.

Interesante, a que si?

Condicións

Esta nova tarifa está dispoñible dende hoxe mesmo para os clientes particulares que a desexen. Trátase dunha tarifa adicional, polo non se pode coller como liña principal do servizo.

Lanzámola, ademais, asociada á nova oferta converxente en vigor dende o 22 de decembro. Para contratala é preciso ter un dos novos combos actualizados con 50, 200 ou 350 megas. E como se trata dunha liña adicional, cómpre ter contratada, coma mínimo, unha plana 15 ou superior.

Que non se che escape

O dito, xa nos dirás que che parece. Nós cremos que responde ao que nos pedías: está moi ben de prezo e trátase dunha tarifa moi competitiva, pensada para un público concreto (que fai poucas chamadas e tira algo dos datos). Ademais, as chamadas son a 0cent/min+establecemento: está moi ben, non si?

E non esquezas que é compatible con wificlientesR, polo que tamén tes máis de 120.000 puntos wifi en toda Galicia para navegar e navegar: un complemento perfecto aos 500MB que xa tes dispoñibles.

Queda saber como a ves ti. E se tes calquera dúbida, coma sempre, por aquí andamos 

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

65 comentarios

  1. David di:

    Sen dúbida, aínda que non se adapta as miñas necesidades, penso que é todo un acerto para competir ca liña gratuíta de Movistar e Vodafone pero coa facilidade de configurar o teu combo según as túas necesidades, non coma Movistar.

    Parabéns.

  2. Severino di:

    No acabo de entender por qué siempre os olvidais de los muchos clientes, sobre todo personas mayores o que quieren un teléfono para lo que nació, que es hacer y recibir llamadas, teléfono sin conexión a Internet y que para nada necesitan megas de navegación.¿ Alguna vez sacareis una tarifa para cubrir un segmento de población tan importante?

  3. josé prieto di:

    Al final obligáis a tener un combo y hay gente que sólo tiene móviles, hay que pensar en todo el mundo. Hay gente mayor como dices tú que sólo tiene móviles

  4. xoxe di:

    É os que temos tarifa 14 con 50megas non damos o perfil????

  5. Alberto di:

    Una preguntiña. ¿Seguís ofreciendo la misma alternativa que hace un par de meses para mantener las llamadas gratis entre números de nuestra cuenta a aquellos que los tenemos y queramos pasarnos ahora a la nueva oferta comercial? Si es así, y vista esta tarifa, tocará cambiarse. Graciñas.

  6. Xabier di:

    Teño un novo combo 200 e 4 liñas de móbil. Dispoñemos de chamadas “á miña conta” e quería saber se con esta opción de liñas adicionais a 3 euros/mes esta opción de “á miña conta” mantense nas mesmas condicións. Grazas.

  7. joaquin di:

    Para os que colleron a tarifa 14 non entra logo?

  8. Daniel di:

    Y para los que tenemos la de 15 4g y el teléfono de los padres no hay ninguna oferta por el estilo. Ya no tenemos fijo pero todos los móviles son r, ahora mis padres tiene la t0 con 1giga y la verdad es que ni siquiera tienen internet en el teléfono. Una tarifa para ellos no vendría mal

  9. Diego di:

    Hola.
    Esta tarifa la puede disfrutar una empresa que tiene 7 líneas de móvil, una fija y ADSL?
    Gracias

  10. Susana Vigara Pérez di:

    Me parece una tarifa fantástica, que hará que mucha gente decida quedarse en R, ya era hora de sacar algo bien pensado!

  11. Francisco Javier Fernandez Fernandez di:

    Hola. Tengo un combo de 50 megas con 4 móviles puedo pasar la de los niños a esa nueva tarifa?

  12. MANUEL RODRIGUEZ di:

    Hola muy buena esa tarifa tengo una linea con orange y quisiera cambiarla por esa. Bueno yo tengo un combo 50 y una plana 14 con ustedes, optaria por esa tarifa que en realidad como dicen ustedes esta pensada para niños. Gracias

  13. Juan Miguel di:

    Case e o que eu necesitaba, pero por ese case vou seguir con unha propago da competencia, todo moi ben pero iso do establecemento de chamada a 21 cms.sobra

  14. Manuel di:

    De entrada pareciame a solución para min, pero nada. No meu caso teño duas liñas móviles ca antiga tarifa “0”, a primera. Dende fai 4 anos vivo no estranxeiro, fora de Europa pero voy a España varias veces no ano polo que quero manter os números con datos. Estoy pagando 25€ mes sen usar os teléfonos. Pero esta tarifa non podo collela, sego sen alternativas….

  15. Raquel di:

    E a xente que só ten unha liña de móbil e non usa nada de datos? Só usa tv (con fox, axn….) e o móbil.
    Case pago eu menos que eles con internet na casa, tv e tarifa de móbil con mb de datos e chamadas ilimitadad.
    Non se podería facer un combo con móbil+tv total (por exemplo) e fixo?

  16. Alfonso Castillo Navarro di:

    Hola, ¿y que pasa con los que no podemos tener vuestros servicios porque dejasteis las acometidas a escasos 200 m de mi domicilio? No puedo obtener los servicios vuestros de internet, combo, etc.

  17. Pedro di:

    Hola
    Esta nuevo tarifa incluiria llamadas totalmente gratis entre los números de R?
    Gracias

  18. JUAN ANTONIO PAILOS CAMIÑO di:

    Tengo 64 años, ¿ Donde está esa respuesta a Juan Carlos Vez Vazquez ?. Necesito conocer esa información para saber como tengo que hacer. Gracias

  19. Lourdes Álvarez González di:

    Y que pasa con los que tenemos un combo 20 y tres moviles contratados, no tenemos derecho a tenes ofertas

  20. miguel di:

    vivo en la zona rural de Ferrol y desde que habeis cambiado a la red de Orange tanto yo como mis vecinos tenemos graves problemas de cobertura y llamadas perdidas, asi como la conexion muy debil con zona Wifi para el PC pues aqui tampoco llega vuestra red fija.

  21. Carlos di:

    No es de utilidad para los combos antiguos que pagaríamos mas dinero. No sirve. Deben mejorarla y que nos sirva a tod@s.

    • Hola, Carlos.

      Lamentablemente en los nuevos productos siempre solicitamos tener un combo nuevo. Al final tenemos tarifas y servicios desde 2007 y es imposible configurar paquetes para todos. Así que ya lo establecemos para los nuevos servicios, para gestionarlo adecuadamente.

      Un saludo.

      • Carlos di:

        Consideramos q aparte de ser un contrasentido ofertar un producto/combos nuevos para un perfil de cliente con poco uso del móvil con cierta edad y q tienen combos antiguos, también con ello generan un trato discriminatorio hacia los que llevamos muchos años como clientes, aportándoles beneficios y crecimiento. A no ser deduzco, que la nueva política económica sea, el irse librando de combos antiguos, que no les generan la alta rentabilidad o mayor incremento de beneficios, que ahora si se marcan como nuevo objetivo.

  22. VICENTE LOPEZ di:

    Tengo mi teléfono 6******** en mi empresa, A******** pero como tengo 80 años, sólo lo utilizo para llamar y recibir.¿Puedo acogerme a esta tarifa?

  23. Mmmm di:

    Acabo de estar en una tienda para contratar esta linea adicional. Tengo una plana 18. Y resulta q al final no se pudo hacer pq, ademas, me piden que tengo q tener contrstado un combo, cosa q en la publicidad no pone!!!!!

  24. Carlos di:

    Buenas tardes, ¿esta tarifa incluye algún terminal?
    Gracias anticipadas.
    Un saludo.

  25. Germán di:

    Cuando quiero modificar mi linea adicional solo ofrece la tarifa1 a 9€…y no la 0 ¿¿¿¿ ????

  26. Pedro Prieto di:

    Hola,
    Es valido para portabilidad, es decir incorporar un telefono movil de otra compañia a mi cuenta. gracias

  27. Xesús di:

    Ao igual que un cliente anterior, boto en falta unha tarifa pensada para persoas maiores que fan un uso anecdótico do teléfono. Fálase aquí dunha tarifa con 500 minutos. Gustaríame ter máis información, grazas!