menú
xperia XA

Móbiles de R: Sony Xperia XA

05/08/2016
Blog R

Dende este mes de xullo está dispoñible no catálogo de móbiles R o Sony Xperia XA. Tamén pertence á nova gama X da marca xaponesa e en R está dispoñible en cor negra.

O seu deseño permíteche levalo a calquera lado, xa que non se trata dun móbil nin grande nin pequeno: ten o tamaño idealDispón dunha pantalla que ocupa o ancho completo do terminal e conta cunha estrutura curva seguindo así a mesma liña de deseño que o resto dos terminais da gama X.

Para ir abrindo boca podes ver este vídeo que resume as características de deseño do Xperia XA:

 

 

Este terminal leva unha pantalla HD de 5 polgadas que utiliza a mesma tecnoloxía das teles Bravia, do mesmo xeito que o Xperia X, que permite visualizar unhas cores máis reais. A súa cámara dispón dun Sensor Exmor RS que captura imaxes máis nítidas e grava vídeos cunha ampla gama de cores. Ademais dispón dun botón de inicio rápido para que non te perdas eses momentos irrepetibles.

E para ser aínda máis rápido e veloz o seu enfoque automático híbrido permite captar unha imaxe brillante e definida en menos dun segundo. E aínda que sexa de noite as imaxes captadas co Xperia XA serán claras e nítidas, tanto coa cámara frontal, que é de 8 MPX, como coa traseira, de 13 MPX.

Este vídeo mostra algunhas das posibilidades da súa cámara:

 

 

Ao Xperia XA dúralle a batería dous días cunha soa carga e en caso de necesitar unha carga rápida pódese facer co seu cargador rápido UCH12 que permite cargalo en 10 minutos para 5,5 horas de duración. Ademais conta cun procesador MediaTek helio™ P10 de 64 bits e 8 núcleos e utiliza o sistema operativo Google Android 6.0.

En canto ao seu almacenamento, ten 2GB de RAM, 16 GB de memoria (8 GB dispoñible para o usuario) que se poden aumentar coa tarxeta microSD de ata 200 GB. Todas estas características son moi necesarias para gardar todas as túas fotos e vídeos deste verán

Así que bule e entra na tenda de móbilR e léva o Xperia XA:

>contrata aquí

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*