menú

Móbiles de R: Sony Xperia X

22/06/2016
Blog R

Desde xuño xa tes dispoñible no catálogo de móbiles de R o Sony Xperia X. A nova gama X presentouse na pasada edición do Mobile World Congress, destacando polas prestacións da súa cámara de fotos.

Os lanzamentos do ano en gama alta están a deixarnos móbiles moi interesantes. E hoxe imos coñecer máis detalles do último de Sony.

O Xperia X segue fiel á liña de deseño da familia Xperia, funde metal e vidro cos bordos curvados. Incorpora como novidade un sensor de pegadas dixitais no lateral para que sexa máis fácil desbloquealo.
Sony leva á pantalla Full HD de 5” a tecnoloxía dos televisores Bravia para obter cores máis brillantes e vivos. Ademais, verás todo con moita nitidez, grazas ao motor X-Reality para móbiles. Que fai exactamente? Pois engade os píxeles que falten, optimiza a cor, nitidez e contraste e reduce o ruído. Así verás a todo dar o malos que son todos en ‘Juego de Tronos’ .

Antes de meternos de cheo na cámara de fotos, o seu punto forte, deixámosche un resumo rápido en imaxes:


Sony nunca defrauda no apartado multimedia dos seus smartphones, nos que se aproveita de toda a súa experiencia nas cámaras dixitais.

A cámara principal ten 23MPX, unha lente de apertura f2.0, un obxectivo grande angular de 24 mm e un zoom de 5 aumentos. Para que obteñas bos resultados aínda con pouca luz dispón dun ISO 12800. Pero hai dúas funcións que marcan a diferenza:

  • enfoque automático híbrido preditivo: fai un seguimento automático de calquera persoa ou obxecto. Só tes que seleccionar o teu obxectivo e a cámara seguirao para anticiparse ao seguinte movemento e evitar así que saia desenfocado. E isto só lle leva 0,03 segundos. Así que se ves un famoso nas túas vacacións, a foto sairache perfectamente enfocada aínda que non pare quieto .
  • inicio rápido: nun dicir amén, tamén, sae do modo en espera para capturar unha imaxe, concretamente 0,6 segundos.

Para os selfies tes unha cámara de 13MPX, máis do habitual. E aínda que estea a atardecer ou sexa noite pechada, a túa cara verase con total nitidez grazas a unha sensibilidade ISO 6400. E se é un selfie grupo non fai falta que vos apertedes como nunha lata de sardiñas, caberedes todos porque leva un obxectivo gran angular de 22 mm.

Se es amante de facer fotos a gatiños, aquí tes un exemplo:


Para almacenar as túas fotos, vídeos, música ou apps, dispós de 32 GB (16 GB libres para usuario) que podes aumentar cunha tarxeta microSD. E para garantir a fluidez, 3 GB de memoria RAM. O sistema operativo que incorpora é o Android 6.0 Marshmallow e o procesador elixido por Sony para o Xperia X, un de seis núcleos de 64 bits Qualcomm® Snapdragon™ 650.

En canto a autonomía, a súa batería de 2620 mAh, durarache dous días grazas ao seu sistema de administración intelixente. E para casos extremos, podes utilizar o modo Stamina. Así que se te quedas durmido sen cargar o móbil, ao día seguinte aínda terás horas e horas para chatear:


Entra na nosa tenda móbilR e leva o teu:

> contrata aquí

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*