menú
galaxy j7

Móbiles de R: Samsung Galaxy J7

23/08/2016
Blog R

No catálogo de móbiles de R entrou outra novidade, o Samsung Galaxy J7. A marca coreana define este terminal como “pura elegancia” debido ao seu deseño e robustez. En R telo dispoñible en cor branca por 12€/mes durante 24 cotas e un pago inicial de 29 euros.

O Galaxy J7 conta cunha pantalla de 5,5 polgadas con tecnoloxía SUPER AMOLED que permite ver imaxes máis nítidas e cunha ampla gama de cores utilizando un consumo de batería reducido. A súa cámara traseira é de 13MPX, cun sensor CMOS con apertura focal de F/1.9, mentres a súa cámara frontal ten 5MPX e a mesma apertura focal. Ademais inclúe o recoñecemento de saúdo co cal poderás facerte un selfie “máis rápido que de présa”. E para ser aínda máis rápido e non perderte ningún momento pódese acceder á cámara facendo dobre click no botón de inicio.

Por outra banda, tamén permite gravar en FULL HD, outra característica moi importante para poder captar todos os momentos deste verán.

Para almacenar todos os vídeos, fotos e o que queiras este terminal conta cunha memoria RAM DE 2GB e unha memoria interna de 16 GB (8 GB dispoñibles para o usuario), que se poden aumentar cunha tarxeta Micro SD de ata 128 GB.

Neste vídeo podes visualizar un resumo de todas as súas características:

 


En canto ás súas características técnicas dispón dunha batería de 3.300 mAH que permite ata 23 horas de conversación, 21 horas de reprodución de vídeo e 96 horas de audio. E dispón do sistema operativo Android 5.1 Lollipop e dispón dun procesador de 1.6 Ghz Octa-Core.

Entra na nosa tenda móbilR e leva o Galaxy J7:

>contrata aquí 

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

8 comentarios

  1. david di:

    Hola, es el J7 2016?el que esta en la web en estos momentos?

  2. David di:

    Hola,pregunto porque hay 2 modelos ,el que ofertan tiene android 6?porque en la descripción pone que lleva el 5

  3. david di:

    Hola, ya no se ve en el catalogo el j5 2016,ya no esta disponible?