menú
Móviles de R Samsung Galaxy J5 2016

Móbiles de R: Samsung Galaxy J5 2016

14/09/2016
Blog R

Setembro vén con novidades no catálogo de móbiles de R. Este mes dámoslle a benvida ao Samsung Galaxy J5 2016. A firma coreana continúa mellorando as prestacións dalgúns dos seus smartphones con interesantes avances. O novo Galaxy J5 2016 aumenta a súa autonomía, tamaño de pantalla, almacenamento e memoria RAM, respecto do seu antecesor. Lévao en cor dourada por 11€/mes durante 24 cotas.

O Galaxy J5 chega en 2016 con enerxías renovadas , e nunca mellor dito, porque a batería é un dos seus puntos fortes. Sobe este ano de 2.600 a 3.100 mAh. para que aguante o teu ritmo todoterreo. Un aumento que non afecta demasiado ás súas dimensións, de 145.8 x 72.3 x 8.1 mm, e 159 g de peso.

O que si crece é o tamaño da pantalla, agora de 5,2 polgadas e resolución 720 x 1280 píxeles. Móbil grande para que vexas coma unha bala tv comigo e nunha calidade única, grazas á tecnoloxía de pantalla Super AMOLED. Terás máis nitidez, luminosidade e profundidade, con cores realistas e un contraste único.

Continuando coas novidades, o novo Galaxy J5 2016 vén con máis capacidade de almacenamento, agora 16GB (8GB dispoñibles para usuario), que podes ampliar con tarxeta microSD.

Como adiantamos, Samsung inxecta tamén máis potencia á memoria RAM ata os 2GB. Completa o hardware, un procesador quad core 1,2 Ghz e o sistema operativo android 6.0.1.

O resto de especificacións, mantén no substancial o anterior modelo. Lembrámolas:

Cámara traseira de 13 MPX e frontal de 5 MPX con obxectivo luminoso f1.9 para que as túas fotos saian nítidas aínda con pouca luz. E se queres acceder directamente á cámara, podes facelo cun dobre clic no botón de inicio. Para facer selfies tamén a fume de carozo, podes disparar coa man grazas ao recoñecemento de saúdo. E sairás máis guapo que nunca baixo calquera luz, co modo beleza e o LED frontal. Trucos de celebrities .

O J5 2016 incorpora a ferramenta Smart Manager que lle fai unha ITV rápida ao teu teléfono. Dáche información ao momento e desde unha mesma pantalla sobre o estado da batería, o almacenamento ou a memoria. Pecha aplicacións que non usas, mellora a autonomía e o rendemento da RAM, elimina arquivos e pasa o antivirus. Este vídeo explícache como activala e como funciona:

 

 


Se che gustou, faite con el:

> contrata aquí

Vémonos pronto con máis móbiles.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

  1. ricardo muñoz llorca di:

    El Galaxy S5 2016 debe ser fabricado por estúpidos, no hay manera, o es dificilísimo de apagar. Se te enciende en cualquier momento. A veces un contacto o un teléfono sale en Tef o en Wathsapp y a veces no, según le de. Luego sin ton ni son, se apaga la pantalla y no hay manera de verla. ¿Cómo se puede fabricar un phone tan tonto?. rm