menú
móviles de R Samsung Galaxy J3

Móbiles de R: Samsung Galaxy J3

06/04/2016
Blog R

En abril incorporamos ao catálogo de móbiles de R o Samsung Galaxy J3. Unha opción ideal para os que sabedes o que queredes, un smartphone funcional e barato con boas prestacións.

O Galaxy J3 desmárcase da competencia no seu segmento cun coidado deseño. Tes un móbil cunha pantalla grande de 5 polgadas e un estilo minimalista, grazas aos seus só 8 mm de grosor e 71,05 mm de ancho. Samsung mellora ademais a experiencia visual redeseñando o frontal cun marco negro de 4,56 mm.

Pero a firma coreana non queda aí, potencia aínda máis a calidade de imaxe con tecnoloxía Super AMOLED na pantalla. Así tes máis nitidez, luminosidade e profundidade, con cores realistas e un contraste único. Vamos, que o verás todo máis claro que nunca .

De cámaras non anda nada mal, a principal dispara a unha resolución de 8 MPX e flash, mentres que a frontal para selfies, a 5 MPX. E para almacenar todos os teus momentos, tes unha capacidade de 8 GB (4 GB libres para o usuario), que poderás ampliar con tarxeta micro SD. Para saber en todo momento como de chea está a memoria do teu smartphone, dispós da aplicación Smart Manager de Samsung. Con ela podes comprobar e controlar non só a información de almacenamento, senón tamén o estado da batería, o rendemento da RAM, etc.

Así funciona:

 


E como se defende por dentro? Samsung decantouse para o J3 por un procesador de catro núcleos a 1,2 Ghz e unha RAM de 1,5 GB, co que poderás navegar, ver vídeos ou xogar con bastante fluidez.

O sistema operativo que atoparás é o android 5.1 coa capa de personalización TouchWiz.
En canto á autonomía, incorpora unha batería extraíble de 2600 mAh. que fará que chegue sobrado ao final do día, a non ser que o teu WhatsApp bote lume. Se é así, aconsellámosche saír dalgún grupo .

Se necesitas espremer ao máximo a duración da batería podes pasar ao modo ultraforro de enerxía, ademais de cambiar a pantalla a branco e negro, desactiva funcións como wifi, bluetooth e aplicacións. No manual do usuario, atoparás as instrucións para activalo e moito máis.

Se che interesa, pasa pola nosa tenda móbilR e faite con el:

> contrata aquí

Ata pronto.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*