menú
Móviles de R Samsung Galaxy A5 2016

Móbiles de R: Samsung Galaxy A5 2016

19/07/2016
Blog R

Samsung acaba de renovar o Galaxy A5, novidade nos móbiles de R dende xuño. A firma coreana mellora a calidade dos materiais, aumenta a súa pantalla ata as 5,2” e incorpora un lector de pegadas dixital. Innovacións máis propias dunha alta gama nun terminal que pode ser teu en cor branca.

Ademais do estirón que pegou en 2016, nada menos que 0,2 polgadas, o A5 púxose máis guapo . O seu renovado deseño combina metal e cristal Gorilla Glass, agora tamén na parte traseira, cuns bordos lixeiramente curvados. Mide 145 x 71 x 7 mm e pesa 155 g.

Outro detalle de calidade atopámolo na pantalla Full HD Super Amoled, que dá un mellor contraste. Así verás moito mellor as fotos que fagas coas súas cámaras, ambas as dúas con apertura focal f1.9, para obter máis nitidez aínda con pouca luz. A cámara principal ten 13 MPX, flash e autofocus, mentres que a frontal, 5 MPX. E un atallo para disparar aínda máis rápido, pulsa dúas veces o botón de inicio e listo.


Samsung non queda aí cos cambios e incorpora no novo A5 un lector de pegada dixital para desbloquealo facilmente. Tamén poderás facer pagos co móbil de forma segura, só tes que achegar o móbil ao datáfono e pago realizado.

En canto a almacenamento, ofrece 16GB (8GB dispoñibles para usuario) para gardar as túas fotos, música e apps. E se non che chega, podes ampliar a capacidade cunha tarxeta microSD e seguir algúns destes trucos para aforrar memoria.

O rendemento e a fluidez están garantidos polo seu potente procesador de oito núcleos e velocidade 1,2 Ghz.

O último punto forte, non menos importante, atópase na batería. Samsung aumenta a capacidade do novo A5 ata 2.900 mAh., así que terás para unhas cantas horas de conversación. Moi útil parécenos a carga rápida, xa que en pouco tempo terás o teu móbil listo para seguir coa charla .

Entra na nosa tenda móbilR e leva o teu:

> contrata aquí

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

3 comentarios

  1. jose pérez di:

    En algunas tarifas de móvil pone 4g, ¿ya lo habéis implementado?

    • Hola, José
      Actualmente estamos en proceso de lanzar una nueva red de móvil mejorada y más moderna y eso incluye el 4G.
      Dentro de ese proceso, desde el 20 de julio, todas las nuevas altas de móvil se dan sobre esa nueva red e incluyen a posibilidad de tener el servicio 4G en función de la tarifa contratada.
      Para los ya clientes, se está preparando un proceso de cambio que será gradual.
      Un saludo

    • Hola, Juan

      Se me pasó comentarte que nosotros comercializamos los PLC Edimax, no TP-Link, por lo que tiene que haber alguna confusión.
      El modelo que tú indicas no es un PLC wifi, ya que solamente ofrece una extensión de la señal a través de ethernet. Los PLC que se comercializan en R sí son wifi y además se ofrece un mantenimiento y ante cualquier problema nos hacemos cargo o se sustituye el equipo.

      Un saludo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*