menú
Móviles de R LG K10 2017

Móbiles de R: LG K10 2017

28/03/2017
Blog R

O novo e renovado LG K10 2017 Titán chega en abril golpeando forte. Incorporación ao catálogo de móbiles de R, mellora en rendemento grazas ao seu procesador octa core 1,5 Ghz e unha memoria RAM de 2GB. A nova versión aumenta a potencia da súa batería e incorpora o sistema operativo de Android 7.0 Nougat. Dispoñible a partir de abril en cor titán por 8€ ao mes durante 24 cotas.

Terminal grande de 5,3” e unha cámara moi avanzada dentro da gama media para que a experiencia multimedia sexa completa. Se es dos que utiliza o móbil moito como un dispositivo multimedia para facer fotos e vídeos, ver series, etc. máis que para chamar, este é o teu smartphone. Aquí terás unha pantalla grande e unha das cámaras máis avanzadas no seu segmento. Así é a serie K de LG, móbiles baratos con certas características premium.

O LG K10 ten unha pantalla HD de 5,3” con tecnoloxía TFT LG. Non pesa moito, é un móbil lixeiro de 142 gr e unhas dimensións de 148,7 x 75,3 x 7,9 mm. Ofréceche un deseño curvo e un marco metálico para axuntar deseño e comodidade. Na parte traseira atoparás un botón para bloquear e desbloquear o teléfono, que resulta moi cómodo; pero cada un ten os seus gustos, hai quen o prefire no lateral, outros na parte traseira… norte, sur, leste ou oeste .

Aquí tes resumidas as principais características:


A cámara principal ten 13 MPX, cun sensor de 1/3″ e unha lente F2.2 que captura máis luz aínda en sitios escuros, para sacar as fotos nítidas. A cámara frontal, con 5MPX, ten un gran angular de 120º: non necesitas un pau selfie para coller todo o que che rodea. E o disparo automático con detección de rostros farache a vida moi fácil, só tes que suxeitar o móbil e a función de auto disparo fai o resto, sen tocar ningún botón.

Ademais, agora poderás compartilo cos teus amigos ao instante. Grava un vídeo e súbeo ao momento ás túas redes ou chat. Directamente dende a xanela de visualización previa, só tes que presionar a icona de Quick Share.


Para almacenar as túas fotos, vídeos e apps dispós de 16 GB (8 GB libres para o usuario), que podes ampliar cunha tarxeta microSD. E para dar marcha a isto, un veloz procesador octa core 1,5 Ghz e unha memoria RAM de 2GB.

O LG K10 2017 vén co último sistema operativo Android, o 7,0 Nougat e unha batería extraíble de 2800mAh para que non teñas problemas de carga.

Se estás a pensar en cambiar de móbil, lembra que ten moi bo prezo.

> contrata aquí
> renova aquí

Ata pronto.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

  1. Ángel Ramiro Fernández Lage di:

    Envíenme a información relevante.

  2. Freddy di:

    Se o contrato como cliente novo, .. Son 8 € o mes polo terminal e logo por exemplo a cuota de 14€ total 22? GRAZAS e tamen iso igual non e para altas novas

  3. Santiago Basalo Collazo di:

    Tengo problemas de cobertura con mi Sony E2105. En abril termina mi contrato, este móvil que me ofrecen mejoraría mi cobertura. Gracias. Saludos

  4. emilio garcia fernandez di:

    cual es el precio del movil que me ofrecen si lo pago de una sola vez