menú
Móviles de R LG G6

Móbiles de R: LG G6

07/06/2017
Blog R

En xuño damos a benvida á familia de móbiles de R ao LG G6. O último e máis esperado de LG deixarache coa boca aberta: marco reducido, corpo metálico e traseira de cristal, pantalla FullVision de 5,7”, resistencia á auga e ao po, dobre cámara principal de 13MPX con gran angular e modo cadrado. Iso para empezar. Ponte cómodo porque a lista de prestacións é bastante longa. Lévao en cor titanium por 24€ ao mes durante 24 cotas.

Deseño

Móbil de gama alta que sorprende tanto por fóra como por dentro. LG reduce os marcos na súa pantalla FullVision QHD de 14cm (5,7 polgadas). Así tes máis pantalla pero en menos espazo, ademais dunha maior calidade de imaxe. Está deseñado en metal cunha parte traseira de cristal onde se integra o sensor de pegada dactilar.

Resiste ao po e á auga (aínda que non é un submarino, ollo). Podes somerxelo ata 1,5 metros durante 30 minutos e recomendámosche que sigas estes consellos de LG: enxauga, aclara e seca o teléfono cunha toalla se se molla e non o cargues.

Neste vídeo tan chulo podes ver como o poñen a proba:


E antes de meternos nas cámaras, outro apuntamento. O LG G6 permitirache gravar audio cunha calidade de son mellorada grazas aos dous micrófonos de alto AOP e a gravación en alta fidelidade. Así soará mellor o corte da orquestra da túa vila que queiras compartir este verán cos teus amigos .

Cámaras

No que se refire ás cámaras, o LG G6 destaca pola súa dobre cámara principal de 13 MPX, a súa cámara frontal con gran angular e o modo cadrado, que che permitirá facer mil virguerías. Ademais, disparo por xestos, flash selfie, creación de Gifs ou gravación de vídeo 4k. Imos por partes.

  • cámara principal: dobre cámara de 13MPX con factor de apertura f1.8 estándar (71º) e f2.4 con gran angular (125º).
  • cámara frontal: cámara de 5MPX con gran angular (100º) e factor de apertura f2.2.
  • modo cadrado: ofréceche estas opcións para facer e editar as túas fotos:
    • instantánea: dispara e comproba ao mesmo tempo o que fotografaches na mesma pantalla cunha relación 1:1
    • rede de disparo: captura varias imaxes e combínaas nunha soa nunha cuadrícula de 2×2
    • guía de disparo: permite superpoñer unha imaxe con outra e previsualizala
    • encadre: ofrece dúas vistas previas para capturalas e combinalas como unha soa imaxe
      Móviles de R LG G6 modo cuadrado

Rendemento

A memoria de almacenamento é de 32GB (16GB dispoñibles para usuario), ampliables cunha tarxeta micro SD ata 2TB. De procesador non anda nada mal, un octa core 1,6 Ghz, unha RAM de 4GB e sistema operativo Android 7.0.

Terás suficiente autonomía porque incorpora unha potente batería de 3.300 mAh. E se es gamer, dispós dun modo aforro de batería en xogos.

Como ves, a firma coreana non escatimou en detalles e prestacións. Aquí explícachas resumidamente o equipo de LG:


Consegue o teu LG G6 na nosa tenda móbilR:

> contrata aquí

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios