menú
iphone 6s plus

Móbiles de R: iPhone 6s Plus 16GB

03/02/2017
Blog R

Hoxe incorporamos o iPhone 6s Plus 16GB ao catálogo de móbiles de R. Está dispoñible por 28 €/mes durante 24 cotas e en cor dourado.

Como xa se fixo outras veces, aproveitamos a “posta a novo” que fai Apple dos seus terminais. A compañía americana revisa os modelos dos seus teléfonos para deixalos novos e, como xa os comercializou anteriormente, ponos á venda con prezos máis baratos pero con toda a calidade e a garantía oficial de Apple.

O iPhone 6s Plus 16GB mantén o deseño dos modelos anteriores de Apple e os cambios que se poden apreciar son máis ben internos. Destaca polo seu gran tamaño, xa que dispón dunha pantalla retina HD de 5,5 polgadas cunha resolución de de 1080 x 1920. Unha das súas características máis destacadas é a función 3D Touch. Detecta a presión que fas sobre a pantalla e, e segundo o tipo de presión, xeraranse diversas respostas. Esta función é moi útil á hora de empregar a aplicación de correo, a de mapas ou para facer selfies .


Conta cunha cámara frontal de 5MPX e unha traseira de 12MPX. Ademais, a cámara frontal dispón da Retina Flash que ilumina tres veces máis do normal unha escena e tamén permite gravar vídeos de 1080 píxeles. Relacionado coas fotos tamén está Live Photos, que permite gravar unha secuencia de vídeo antes e despois de capturar unha imaxe e que poderemos visualizar cando presionemos sobre a foto. Vaia, que con todas estas ferramentas vaste volver un profesional da fotografía e do vídeo .

E agora imos coas características técnicas máis destacadas: dispón do sistema operativo iOS 9 cun procesador dual core de 1,8Ghz, ten unha memoria RAM de 2GB e unha memoria interna de 16GB dos cales 8 están á disposición do usuario. A súa batería é de 2750 mAh que fai que este terminal teña unha maior autonomía.

Aquí tes outra oportunidade para adquirir un terminal de Apple que tantas veces pensaches en facelo, este é o momento .

> contrata

E na tenda de móbilR podes ver moitos más terminais!.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

8 comentarios

  1. OSCAR ALONSO PORTO di:

    Vosotros 672,00 € ¡¡menos mal que pensais en los clientes!!
    últimamente os estais pasando en todo. mal servicio, peor calidad.carísimos y poco muy poco serios.
    IPHONE 6S 16 GB ORO Libre
    390,00 € su precio sin descuento 629,00 €
    37% descuento
    Garantía: 6 meses

  2. Miguel di:

    672 pavos por un móvil que ya no es de última generación y de solo 16 Gb….y lo ponéis como una promoción?….Pues me parece que no cuela

  3. Santiago Basalo di:

    ME PUEDE INTERESAR, TERMINO MI CONTRATO CON UN SONY EN ABRIL, ESPERO VUESTRA RESPUESTA. DNI: ********