menú
Móviles de R Huawei P9

Móbiles de R: Huawei P9

07/06/2016
Blog R

Ola. Hoxe presentámosche unha das incorporacións máis potentes ao catálogo de móbiles de R, o Huawei P9. O último lanzamento da firma chinesa revoluciona a fotografía smartphone ao incorporar dúas cámaras na parte traseira co respaldo da histórica Leica. Lévao en cor gris.

Huawei apostou forte polo aspecto multimedia para pisar con forza na gama alta. Poderiamos dicir que meteu unha cámara profesional nun móbil lixeiro, 144g, e de só 7 mm de grosor. Mantén a súa liña de deseño habitual, a base de metal e vidro, con bordos lixeiramente curvados. A pantalla de 5,2 polgadas Full HD ten unha saturación da cor do 96 % e alto contraste. Na parte traseira atoparás un sensor de pegada dactilar para desbloquealo facilmente.

Ao último Superman, Henry Cavill, e a Scarlett Johansson encántalles :

 

 
Huawei e Leica únense para ofrecer unha experiencia fotográfica única nun móbil. O P9 incorpora dous sensores de 12MPX cada un, un deles de cor e o outro, de branco e negro. A fotografía final é a combinación da información de ambos os dous sensores. Así que conseguirás imaxes moito máis nítidas e con abraiantes cores.

A cámara dual permite captar máis luminosidade, por iso aínda en condicións adversas, as fotos sairán coa claridade necesaria.

Ademais, a tecnoloxía Hybrid Focus, con enfoque láser, medición de profundidade e contraste, permitirache sacar fotografías cunha velocidade, profundidade e nitidez incomparables.

Co P9 poderás elixir modo profesional, modo branco e negro, fotografía de gran apertura, modos de película, gravar a cámara lenta, etc. E moi interesante, as túas fotos non perderán calidade ao editalas porque o podes facer en formato RAW.

Os teus selfies tamén brillarán pola súa calidade grazas á súa cámara frontal de 8MPX.

Aquí tes máis detalles da cámara:

 

 
Como non vas parar de facer fotos, asegurámoscho, Huawei dáche 32GB de memoria interna (16GB libres para o usuario). E se non che chega, podes ampliar a capacidade de almacenamento cunha tarxeta microSD.

Completan este súper móbil, un potente procesador de oito núcleos a velocidade 1,8 Ghz, unha memoria RAM de 3GB para que todo vaia fluído e o último sistema operativo de Android, o 6.0. A batería non extraíble de 3.000 mAh daralle ao teu smartphone bastante autonomía.

E agora seguro que xa entendes porque Superman o ten . Presume ti tamén:

> contrata aquí

Un saúdo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. Carmen di:

    ¿Por qué no aparece el precio por ningún lado? Por favor, ponerlo para que no tengamos que estar dando vueltas para conseguir esta información.
    Muchas gracias.

  2. Jorge Mario di:

    No gracias. mismo smartphone en Amazon precio entre 430 y 497€.