menú
Móviles de R Huawei P8 Lite 2017

Móbiles de R: Huawei P8 Lite 2017

01/08/2017
Blog R

Novidade no catálogo de móbiles de R en agosto, o novo Huawei P8 Lite 2017. A firma chinesa aumenta o tamaño respecto do seu predecesor ata 5,2 polgadas e dótalle de máis potencia con 3GB de RAM. Pero hai moito máis. Lévao en cor negra por 10€ ao mes durante 24 cotas.

Deseño

Huawei reforza o seu catálogo de gama media cunha nova edición do Huawei P8 Lite. Cunha pantalla FHD de 5,2”, loce un aspecto elegante con bordos redondeados e unha pantalla de cristal 2.5D, que se adapta facilmente á man. Deseño esvelto e moderno, cunhas dimensións de 147,2 x 72,3 x 7,6 mm e un peso de 147 gramos.

Na parte traseira atópase o sensor de pegadas dixitais 4.0, un 40% máis rápido que antes. Tardarás en desbloquear o móbil menos de 0,3 segundos. Serás o máis rápido dos teus amigos en buscar o nome dese episodio dos Simpson no que… .

Cámaras

No apartado multimedia, o Huawei P8 Lite 2017 está moi ben dotado. Obterás moi bos resultados coa súa cámara BSI de 12 MPX e enfoque automático rápido. E é que enfoca en tan só 0,3 segundos para que non perdas nada. Incluso as accións en movemento sairán nítidas grazas ao enfoque PDAF. A cámara do P8 Lite 2017 utiliza un tamaño de píxel grande de 1,25 micras para que as túas fotos saian con maior detalle e calidade de cor.

Para facer os mellores selfies, tes unha cámara de 8 MPX e o modo beleza xa integrado. A guapura vén de serie, porque ti o vales .

Audio

Mención á parte merece o Super Wide Sound (SWS 2.0), non só polo nome. O que permite esta tecnoloxía é audio en 3D, de maior calidade, acentuando os graves e mellorando a sonoridade. Ollo, isto poderás experimentalo se pos auriculares. “Despacito” en 3D .

Hardware

O Huawei P8 Lite 2017 ofrece un gran rendemento sen interrupcións. Os gamers gozaredes de gran fluidez, grazas ao procesador de oito núcleos Kirin 655 e a tecnoloxía de procesos 16nm. De RAM ten 3GB e de memoria interna, 16GB (8GB dispoñibles para o usuario).

O sistema operativo é o Android 7.0 e a súa interface foi completamente renovada coa nova capa de personalización EMUI 5.0. O sistema de xestión do EMUI 5.0 darache máis rapidez á hora de abrir aplicacións, ademais optimiza a configuración e velocidade de almacenamento dos arquivos.

En canto á batería, 3.000 mAh. para que che dure máis tempo sen necesidade de cargalo.

Como ves, un móbil moi completo e a moi bo prezo. Consegue o teu Huawei P8 Lite 2017 na nosa tenda móbilR:

> contrata aquí

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios