menú
Móviles de R Huawei P10 Lite

Móbiles de R: Huawei P10 Lite

03/05/2017
Blog R

Hoxe presentámosche o Huawei P10 Lite, dispoñible dende maio no catálogo de móbiles de R. Irmán pequeno do P10, tamén dispoñible na nosa tenda móbilR, ten moitos detalliños que farán que o queiras, e moito, non só polo seu prezo, 14 €/mes durante 24 cotas. En R témolo en cor branca.

Antes de meternos de cheo nas súas especificacións, adiantámosche unha función moi molona, os atallos de teclado que podes personalizar como queiras. Toca dúas veces cos nocellos a pantalla e fai unha captura rápida ou debuxa un S para conseguir unha captura longa. Como quedas?

Outro detalle interesante, desbloqueo en 0,3 segundos co sensor de pegada dactilar traseiro. E así podemos estar un anaco, pero imos á lea.

Deseño

Smartphone de gama media con pantalla LCD Full HD de 5,2 polgadas, ten unhas dimensións de 146,5 x 72 x 7.2 mm e un peso de 146g. O P10 Lite conta cunha pantalla un 20% máis delgada, con cristal resistente por ambos os lados cunha dureza 7H, equivalente á do cuarzo para evitar danos e rabuñadas. Ademais, se ao final do día tes a vista cansa, podes activar o modo confort ocular. Ja me maten!

Cámaras

A cámara traseira de 12 MPX con píxeles de 1,25 micras captura un 20% máis de luz para que os atardeceres non se che resistan. E se a isto engades un enfoque rápido, o resultado das túas fotos será espectacular. A cámara frontal de 8 MPX incorpora a tecnoloxía de recoñecemento facial para capturar selfies con efecto bokeh (desenfocado) natural.

Rendemento

A firma chinesa dota ao Huawei P10 Lite dun procesador Kirin 658 de oito núcleos 2,36 Ghz, que reduce o consumo de enerxía e aumenta o rendemento. Ademais, o coprocesador i5 reduce aínda máis o consumo para obter máis autonomía. O sistema operativo é o Android 7.0 Nougat.

Para almacenar todo o que necesites, nada menos que 32GB de memoria (16 GB dispoñibles para o usuario). E se non che chega, podes ampliala ata 256GB cunha tarxeta microSD.

Batería intelixente

De batería non anda nada mal, 3000 mAh que che darán para moito: cunha carga de 10 minutos podes ver 2 horas de vídeo; con 30 minutos, cargas ata o 43%; e con 97 minutos consegues cargar a batería por completo. Trátase dunha batería intelixente Smart Power-Saving 5.0 que aumenta a duración, reduce o consumo e optimiza o uso das aplicacións.

Se queres entrar en detalle en funcións concretas, consulta o manual do usuario e a guía.

Entra na nosa tenda móbilR e faite con el:

> contrata aquí

Ata pronto.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios