menú
Móviles de R Huawei Nova Plus

Móbiles de R: Huawei Nova Plus

03/01/2017
Blog R

O Huawei Nova Plus é o último da firma chinesa  Destaca polo seu deseño minimalista, unha gran autonomía e unha potente cámara. Leva este móbil de gama media – alta en cor negra por 18€/mes durante 24 cotas.

Móbil grande con pantalla de 5,5″ Full HD (1920 x 1080 px) e un coidado deseño con corpo metálico e acabado curvado nos laterais para unha maior ergonomía. Na súa parte traseira incorpora un sensor de pegada dixital en 3D. Cunha soa man poderás sacar , revisar as túas fotos e compartilas.

No apartado multimedia, o Huawei Nova Plus está moi ben dotado. A súa cámara traseira de 16 megapíxeles conta cun potente estabilizador de imaxe, para que o tremor de mans ou unha longa exposición non arruínen as túas fotos. O sistema híbrido de enfoque permitirache facer imaxes de alta calidade en tempo real. Ademais, a falta de luz non será un problema grazas á súa lente de grande apertura e ao tamaño do seu sensor. E unha moi boa noticia, por primeira vez en Huawei, a cámara permite gravar vídeo en 4K.

As firmas de cosmética teñen un duro rival no Nova Plus. A cámara frontal de 8 megapíxeles incorpora modos de beleza e maquillaxe exclusivos para os teus selfies, que farán que saias perfecta ata acabada de levantar. O colorete, o gloss e o lapis de cellas, veñen de serie .

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí podes ver un resumo de todo isto:

En canto ao hardware, chama especialmente a atención a súa grande autonomía. A súa batería de 3.340 mAh fará que non teñas que cargalo durante 2 días. Ollo, sempre facendo un uso normal. Se falas máis que un mimo xubilado ou decides ver de vez todos os vídeos do Rubius, non haberá móbil que che dure .

A súa potente batería, unida á eficiencia do procesador Snapdragon 625 e unha configuración de memoria de 3GB de RAM e 32GB de almacenamento, garanten un gran rendemento. O sistema operativo que dirixe todo o cotarro é o Android 6.0 Marshmallow.

Como dicimos, a memoria interna que atoparás para gardar as túas fotos, música ou apps é de 32GB (16GB libres para o usuario). No caso de que necesites máis espazo, podes ampliar a capacidade ata 128GB cunha tarxeta microSD.

Co Huawei Nova Plus podes combinar dúas tarxetas SIM no mesmo terminal. Así manterás separado traballo e pracer .

Descubre todos os detalles na presentación da marca:

#DesafíaLasExpectativas co novo de Huawei e faite con el na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí
> renova aquí

Ata pronto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios