menú
Móviles de R BQ Aquaris X5 Plus

Móbiles de R: BQ Aquaris X5 Plus

06/03/2017
Blog R

Ola. Acabamos de incorporar ao catálogo de móbiles de R, o BQ Aquaris X5 Plus. Mellora as prestacións, rendemento e autonomía do seu antecesor para convertelo no máis potente da firma española ata a data. En R témolo en cor negra por 12€ ao mes durante 24 cotas. Imos coñecelo.

O X5 Plus mantén as mesmas liñas de deseño que o X5, combinando elegantemente aluminio e policarbonato nun móbil grande, de 70 x 145 x 7.9 mm. Como novidade, incorpora un lector de pegadas na parte traseira. Así que, se es dos que desbloquea o móbil con frecuencia, non terás que estar a meter o contrasinal aos poucos.

A súa pantalla de 5 polgadas Full HD sorprenderache polo seu brillo e nitidez grazas á tecnoloxía Quantum Color+. Poderás ensinar as túas fotos do verán a plena luz do día sen que che moleste o sol. Leva un cristal Dinorex anti rabuñadas, anti pegadas e moi resistente aos impactos.

BQ quixo tamén dar un paso máis dotando de máis potencia ás cámaras de fotos do X5 Plus. A traseira de 16 MPX conta cun sensor IMX298, 6 lentes Largan, unha apertura f/2.0 e distintas opcións de flash. Para facer fotos en escenarios escuros, a función HDR salvará as túas imaxes, e para situacións en movemento, terás un enfoque máis rápido coa tecnoloxía de detección de fase (PDAF). Ademais, podes configurar de forma manual a exposición, o enfoque e o ISO, así como gardar as túas imaxes en calidade RAW.

Coa cámara frontal de 8 MPX obterás uns selfies perfectos, grazas á función Face beauty. E outro detalle interesante, o Selfie Indicator, para aqueles que, aínda que o tenten, non saen mirando cara á cámara e pregúntanse por que .

E para gravar á orquestra do teu pobo, dándoo todo, resolución 4K en vídeo. Ademais, podes acelerala ou freala cos modos slow e fast motion.

Antes de botarlle unha ollada por dentro, aquí tes un vídeo que resume o esencial:

O BQ Aquaris X5 Plus ten unha capacidade de almacenamento de 32GB (16GB dispoñibles para usuario). Se queres, podes ampliala cunha tarxeta microSD de ata 256 GB. E falando de rañuras, BQ inclúe dúas tarxetas nanoSIM na mesma bandexa para optimizar o espazo interno.

O procesador do X5 Plus, cun chip de oito núcleos ata 1,8 Ghz, permitirache facer varias actividades á vez con total fluidez. Qualcomm Snapdragon™ 652 dá un rendemento espectacular cun consumo enerxético mínimo. E grazas á tecnoloxía big.LITTLE, o procesador fai un uso optimizado do número de núcleos en función do que esixe cada tarefa, mellorando así a xestión da batería.

Importante nestes tempos a duración da batería. Poderás botar horas cazando Pokemons  grazas á batería de gran capacidade LiPo de 3200 mAh.

A que agora queres un. Consígueo aquí:

> contrata

E lembra que tes máis móbiles en móbilR.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

11 comentarios

  1. Jose Manuel Sanchez Insua di:

    Pues yo personalmente como soy más exigente, optaría por la versión de 3Gb con capacidad de 32GB de almacenamiento, que es la mejor opción con respecto a este Aquarius X5 Plus de gama Media.

    Espero poder encontrar buenos dispositivo móviles en lo que resta de año de este 2016. Gracias ;).

  2. Héctor di:

    Me gustaría saber si se tiene planeado traer el Galaxy Note 7.

  3. David di:

    Hola ,conocen la marca Primux,o Xiaomi?tienen muy buenos terminales,son buenas alternativas para los clientes.

  4. Raúl di:

    Hola, buenas:
    Tenéis pensado incorporar a vuestra oferta de terminales móviles algún Phablet? Algo con 6″ de pantalla para andar a medio camino entre móvil y tablet.
    Saludos

  5. juan navajas di:

    Por qué r se empeña en enseñarnos móviles que no tienen aceptación por muchos y no nos ofrece la oportunidad de elegir cualquier móvil ó tablet del mercado que bajo la condición de mantenernos 24 meses y una tarifa por móvil acorde al cliente que representamos ???????

    • blog R blog R di:

      Hola, Juan
      R no se dedica a vender equipos, nuestro negocio es vender telecomunicaciones. Vendemos terminales móviles porque nos los demandáis, pero no somos un especialista en equipamiento. Para eso ya hay empresas que se dedican a ello y compran a gran escala para toda España o incluso para toda Europa y logran muchísimos mejores precios que nosotros, nosotros no podemos comprar 5 equipos de cada modelo, primero porque nunca tendríamos precios buenos y segundo, porque probablemente no nos venderían solamente 5 equipos.
      Tratamos de concentrar las compras en una serie de equipos, pero nos resulta imposible tener de todos los modelos, pero tener stock de todos los equipos del mercado nos resultaría imposible.

      Un saludo

      Tratamos de concentrar las compras en una serie de equipos, pero nos resulta imposible tener de todos los modelos

  6. elena santos di:

    se podría comprar con un solo pago, y el coste sería el mismo?; o habría que ir a una tienda R.Gracias