menú
moviles de r bq aquaris x

Móbiles de R: BQ Aquaris X

16/05/2017
Blog R

Unha das últimas novidades de BQ incorpórase ao catálogo de móbiles de R, trátase do BQ Aquaris X. A partir do mes de maio está dispoñible en cor negra e por só 12€ ao mes durante 24 cotas.

Hai unhas semanas que a firma española presentou o seu novo terminal e foron moitos os que se puxeron en lista de espera para conseguilo, pero ti non te preocupes porque xa está dispoñible en R .

O obxectivo principal deste novo terminal é mellorar a experiencia do usuario dos modelos anteriores. A súa cámara foi redeseñada para mellorar a calidade das imaxes e conta con 16MPX na cámara traseira e 8MPX na cámara frontal, enfoque automático e rápido e “Dual Tone Flash” para combinar distintos tipos de flash. Así non haberá foto que se che resista aínda que non haxa moita luz .

Deseño e cámara

O seu deseño destaca por unha pantalla que se integra no marco metálico con bordes ovalados tallados e pulidos milimetricamente. A súa pantalla está cuberta cun cristal Dinorex, o contorno do terminal está cuberto por aluminio de alta calidade e a parte posterior de policarbonato.

Na súa pantalla de 5,2 polgadas Full HD poderás visualizar os vídeos que captures en 4k cunha resolución de máis de nove millóns de píxeles. Esta pantalla tamén inclúe a tecnoloxía “Quantum Cor” que ademais de ofrecer unha boa resolución inclúe un brillo de ata 650 nits.

E para que non se note que o teu pulso treme cando gravas un vídeo, BQ incorporou o establizador “Vidhance”. Trátase dunha tecnoloxía que analiza, optimiza e renderiza a imaxe coma se fora unha película de cinema.

 

 

 

Rendemento

E para que ninguén poida acceder ás túas fotos e aos teus vídeos, o terminal conta cun sensor de pegada dactilar na parte traseira, así só ti ou quen ti autorices poden ver os “segredos” que gardas no teu móbil.

En canto ás súas características máis técnicas destaca por ter un procesador Qualcomm Snapdragon 626 de 8 núcleos que reduce o consumo interno do terminal en máis dun 68%. Ademais conta cunha memoria interna de 32GB (24 GB libre para usuario) e 3GB de RAM e un sistema operativo Android 7.1.1 Nougat.

Este modelo tamén mellorou a súa autonomía de batería con respecto a modelos anteriores, dispón dunha batería 3.100 mAh que permite 10 horas de navegación por internet e se se che acaba non te preocupes: ten a opción de “Quick Charge 3.0” que fai posible que se recupere ao 50% en só media hora. So fast, so furious!!

Podes consultar o manual e a guía do usuario para coñecer mellor o terminal.

Que, desexando probar o Aquaris X? Pois xa o tes na tenda R así que apura se queres ser dos primeiros en telo.

> contrata

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. M ESPERANZA CIVEIRA ALVAREZ di:

    Con que tarifa se puede pedir?

  2. Luis di:

    Vais a tener en el catalogo BQ Aquaris X Pro?