menú
aquaris u

Móbiles de R: BQ Aquaris U

05/10/2016
Blog R

Ola. Hoxe presentámosche a nova incorporación ao catálogo de móbiles de R, o BQ Aquaris U. Este terminal englóbase na nova gama de smartphones que acaba de lanzar empresa española a pasada semana, así que está recentemente saído do forno. O Aquaris U está dispoñible en cor negra e podes adquirilo en R por 7€ ao mes durante 24 cotas.

O seu deseño cumpre unha función estética e ergonómica, destaca polas súas curvas laterais, pola súa carcasa traseira curvada, que mellora a percepción acústica, e por unha pantalla con cristal NEG Dinorex resistente a impactos e rabuñadas.

A novidade máis destacada nesta nova gama de terminais de BQ é a cámara, que neste terminal ten 13 MPX, a cámara dianteira 5 MPX, e unha apertura focal f/2.2. Permite capturar imaxes en movemento, grazas á tecnoloxía de detección por fase “PDAF” e con gran contraste grazas á función “HDR” (High Dynamic Range). Ademais podes realizar axustes manuais no tempo de exposición, no enfoque e no ISO e gardar as instantáneas en formato RAW para editalas manualmente. E moi importante os selfies e as panorámicas sairanche niquelados, grazas ás funcións “selfie indicator”, disparo automático e ao modo previsualización que mostra o estado da imaxe en tempo real.

En canto aos vídeos, pódense gravar en resolución “FHD”, crear clips en movemento co modo “Time lapse” e captar fotografías durante a gravación. Dispón dunha memoria interna de 16 GB (8 GB libres para o usuario) así que aí podes almacenar todas as fotos e vídeos que vas facer co teu novo móbil.

A batería é unha das especificacións máis prezadas nun terminal, o Aquaris U dispón dunha batería LiPo de 3.080 mAh que podes administrar grazas ao consumo eficiente ao programar o terminal para que se apague e acenda cando o necesites. E conta cun procesador Qualcomm® Snapdragon™ 430 Octa Core de ata 1,4 Ghz que tamén destaca pola súa eficiencia enerxética. O seu sistema operativo é o Android 6.0.1 Marshmallow .

Aquí podes visualizar as características máis destacadas da nova incorporación de BQ:

Así que se queres ter o último do último de BQ, entra na tenda de móbilR e lévao:

> contrata

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

  1. Juan di:

    Hola, revisando este terminal estaba valorando su posible adquisición y me fije que lleva nano-SIM. Dado que mi actual tarjeta es micro-SIM. ¿Tiene coste el cambio de tarjeta SIM? ¿Cuanto tardaría en recibir la nueva tarjeta desde la solicitud? Muchas gracias.

  2. Manuel Vaqueiro Perez di:

    BUENOS DÍAS, POR FAVOR ENVIADME MAS INFORMACIÓN SOBRE ESTE MOVIL, Y LAS CONDICIONES PARA ADQUIRIRLO PAGANDO LOS 7€ AL MES DURANTE 24 MESES

  3. Sara di:

    Hola,

    Me gustaría saber si con los puntos R acumulados puede haber una rebaja en el precio del terminal.

    Gracias.