menú
Móviles de R BQ Aquaris U Lite

Móbiles de R: BQ Aquaris U Lite

13/12/2016
Blog R

Este Nadal regálate un BQ Aquaris U Lite, novidade no catálogo de móbiles de R en decembro. Hai uns meses presentámosche o BQ Aquaris U, tamén dispoñible na nosa tenda móbilR, e hoxe analizamos o que ofrece a firma española na súa versión Lite. Lévao en cor dourada por 6€/mes durante 24 cotas. Se fuches bo, seguro que cae .

As diferenzas entre estes dous irmáns da familia U son mínimas e redúcense á capacidade da cámara traseira e á potencia do seu procesador. Vaia, que son cuspidiños .

O BQ Aquaris U Lite resultarache moi cómodo na man, xa que as súas curvas laterais proporcionan un agarre ergonómico. A carcasa traseira tamén ten forma curvada para mellorar a percepción acústica. E a súa pantalla de 5 polgadas estará a salvo de impactos e rabuñaduras grazas á protección do cristal protector NEG Dinorex. Aínda así, afástao do teu gato .

Cunha pantalla HD 720 x 1280 – 294 ppi e 140 gramos de peso, loce tipín cunhas dimensións de 146 x 72 x 9 mm.

No apartado multimedia, atoparás funcións interesantes. A cámara traseira é de 8 MPX con apertura focal f/2.0, autofocus e HDR, co que conseguirás fotos con boa definición e gran contraste. Se queres imprimilas despois ou retocalas con algún programa de edición, podes gardalas en formato RAW, que é o de maior calidade. Para facer cousiñas máis personalizadas, a cámara permíteche configurar manualmente o tempo de exposición, o enfoque e o ISO. Nada mal, como ves.

Facerte un selfie coa seu cámara frontal de 5 MPX e apertura f/2.4 será máis fácil, e non só polo disparo rápido. A función Selfie Indicator guíache onde tes que dirixir a vista para que saias mirando a cámara e non a ese infinito afastado que tanto gusta en Instagram .

A capacidade para gardar as túas fotos, música, apps ou vídeos é de 16 GB (8 GB libres para o usuario). Podes ampliala a 256 GB cunha tarxeta microSD. Se o fas, verás que a tarxeta nanoSIM e a microSD comparten espazo. Polo que poderás elixir entre usar a nanoSIM e ampliar memoria ou usar dúas nanoSIM e gozar así de dous números de teléfono no mesmo terminal.

Móviles de R BQ Aquaris U Lite galería

En canto a autonomía, a súa batería LiPo de 3.000 mAh. fará que che dure bastante. Aconsellámoste ademais que programes o teu móbil para que se acenda e apague automaticamente cando queiras para facer un consumo máis eficiente.

Como che avanzamos, o procesador difire no modelo Lite respecto ao BQ Aquaris U. Para o Lite, a firma española aposta por un catro núcleos 1,4 Ghz e unha GPU Qualcomm® Adreno™ 308. Terás potencia, eficiencia na multitarefa e baixo consumo de enerxía.

O sistema operativo elixido é o Android 6.0.1, pero BQ xa revelou que o BQ Aquaris U Lite, así como o Aquaris U, actualizaranse a Android 7 Nougat durante o primeiro trimestre do 2017. Moi boa noticia.

Se o queres, pasa pola nosa tenda móbilR e fáite con el:

> contrata aquí

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios