menú
Mobile World Congress móviles

Mobile World Congress: móbiles

12/03/2016
Blog R

Ola a todos. Hai uns días contámosche as principais tendencias que vimos tras o noso paso polo Mobile World Congress. Hoxe traémosche as novidades no mercado de móbiles e tablets. Os principais fabricantes aproveitaron este escaparate mundial para presentar non só os seus novos terminais, senón tamén accesorios de todo tipo, desde robots a wearables (reloxos intelixentes, pulseiras, etc.).

As tendencias en móbil vanse á resistencia á auga (ou nadas ou nada ) e ao desbloqueo por pegada dactilar. Estes son os principais lanzamentos:

Móbiles

  • Samsung Galaxy S7 e Galaxy S7 Edge: Mellor smartphone do MWC 2016. Tarxeta microSD, resistente á auga, potentes baterías de 3.000 e 3.600 mAh, menos cantidade de píxeles (12 MPX dual píxel a cámara traseira e 5 MPX a frontal) pero con maior calidade, enfoque mellorado e obxectivo máis luminoso. A presentadora Usun Yoon, compatriota da firma coreana , explícanos rapidamente algunhas destas prestacións:

     

     

     

     

  • LG G5: smartphone modular de 5,3” que permite extraer a batería para intercambiala por outros compoñentes como a cámara LG Cam Plus e o reprodutor LG Hi-Fi Plus con B&O PLAY. LG aposta por un deseño metalizado con lector de pegada dactilar e un sistema de notificacións que evita que teñas que acender o teléfono. O seu deseño recibiu o premio Mellor innovación do MWC 2016.

     

     

     

     

  • BQ Aquaris X5 Plus: a firma española continúa a apostar por terminais de gama media con prestacións de alta. Cunha pantalla de 5”, o X5 Plus conta con lector de pegada dactilar para desbloquar o teléfono. Dispón dunha cámara traseira de 16 megapíxeles e unha frontal de 8, batería de 3.100 mAh e sistema operativo Android 6.0.1 Marshmallow.

     

     

     

     

  • Sony Xperia X: a firma nipona presentou en Barcelona a nova gama X e os seus modelos Xperia X, Xperia XA e Xperia X Performance. Nesta nova serie melloráronse as prestacións da cámara de fotos, de 23 MPX a principal e 13 MPX a frontal, especialmente coa función de predición do movemento. Pantalla de 5”, deseño metálico e bordos curvos, destaca pola súa batería. A gama X incorpora a administración intelixente de batería, capaz de ofrecer ata dous días de autonomía.

     

     

     

     

  • Alcatel Idol 4 e 4S: Mellor smartphone accesible do MWC 2016. Alcatel reforza e moito a experiencia multimedia do usuario. Pantalla de 5,2”, deseño metalizado e cámaras de 13MPX a traseira e 8MPX a frontal. Batería de 2.610 mAh e sistema operativo Android 6.0 Marshmallow. Pero sen dúbida, o que máis destaca é o Boom Key, un acceso directo a aplicacións sen desbloquear o teléfono. Isto permite sacar fotos coa pantalla apagada, activar comandos de xogo ou compartir vídeos. E ollo, non tires a caixa de venda, convértese nunhas lentes de realidade virtual.

     

     

     

     

Tablets

No terreo das tablets vimos cousas moi interesantes como a nova tablet convertible de Huawei ou a primeira tablet do mundo con Ubuntu.

  • Huawei MateBook: dispositivo entre tablet e portátil con sistema operativo Windows 10. Esta tablet convertible ten unha pantalla de 12” con resolución 2.160 x 1.440 píxeles. Moi lixeira, con só 640 gramos de peso, conta con lector de pegadas dixitais e un teclado resistente á auga. Ofrece unha autonomía de 9h en reprodución de vídeo ou 29h de música.
  • Bq Aquaris M10 Ubuntu Edition: a firma española presentou en Barcelona a primeira tableta do mundo con Ubuntu OS. Dispositivo convertible, tablet ou escritorio, tamén de 10”, 8,2 mm de grosor e 470 g de peso.

     

     

     

     

  • Samsung Galaxy Tab Pro S: tablet convertible con Windows 10 e o último procesador Intel Core M. 12” con resolución 2160×1440 píxeles e tecnoloxía Super Amoled. Pesa 693 gramos e mide 290.3×198.8×6.3mm. Ten unha autonomía de 630 minutos.

Gadgets

Amantes dos accesorios, estades de en hora boa. No Mobile Congress puidemos ver de preto moitos xoguetiños para estar conectados en todo momento. Estes dous chamáronnos especialmente a atención:

  • Alcatel CareTime: un reloxo deseñado para que os pais poidan ter un maior control dos seus fillos. Permite chamar ou enviar mensaxes de voz. Os nenos poden responder a ata 10 contactos preestablecidos ou realizar chamadas aos 5 números rexistrados. Leva incorporado un GPS para saber en todo momento a súa localización.
  • LG Rolling Bot: non é un droide, aínda que se parece a R2-D2 . Robot en forma de bóla que se controla dende o móbil. Ten unha cámara de 8 MPX para sacar fotos e gravar vídeos. Pódelo utilizar para vixiar a casa, para xogar coas túas mascotas e moito máis.

     

     

     

     

Gústanvos as novidades? Esperamos incorporar moi pronto algúns destes smartphones ao catálogo de móbilesR.

Un saúdo!

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

7 comentarios

  1. Nebur692 di:

    Vergonzoso que no habléis del móvil más potente presentado en el MWC, el HP Elite X3:

    http://store.hp.com/SpainStore/Merch/Offer.aspx?p=b-hp-elite-x3

    • Hola, Nebur692.

      Como indicaba en el facebook, al final se han presentado muchas novedades y terminales. Nosotros hemos destacado aquellos que pensamos que tienen un mayor recorrido o que a nivel de ventas van a tener más visibilidad. Podemos equivocarnos o no, pero al final en todo artículo hay una selección y ésta ha sido la nuestra.

      Un saludo.

    • paco di:

      No es el más potente. Monta un snapdragon 820 como un montón de terminales presentados. Ahora bien, podrías decir que sí es el más versátil al ofrecer la opción de conectarlo a una base y usarlo como un pc.
      Y por gracia o desgracia lleva windows 10. Y aunque pueda ser un buen sistema operativo de sobremesa, la versión móvil peca de una gran escasez de aplicaciones que hace que solo un grupo muy reducido de gente quiera usarlo o muestre interés por él.

  2. paco di:

    Los samsung s7 y s7 edge no tienen 16 mpx de cámara trasera ni 12 en la delantera. Son 12 mpx dual pixel en la trasera y 5 la delantera.

  3. Jorge di:

    Me pregunto si algún día traerán móviles con Windows cómo por ejemplo el nuevo Lumia 650, el cual tiene un precio razonable y muy buenas prestaciones.
    Al menos un modelo que no sea Android. Soy cliente desde hace muchos años y me gustaría que se tuviese en cuenta esta opinión. Igual siempre tengo que buscarme la vida por fuera de R, ya que paso de Android.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*