menú
Mobile World Congress Inspector Gadget

Mobile World Congress: gadget tendencias

14/03/2017
Blog R

Polo Mobile World Congress desfila o último en telefonía móbil, como en calquera pasarela , pero tamén serve para tomar o pulso ás tendencias que virán noutros ámbitos. Poñémonos o disfrace de Inspector Gadget para ver algunhas cousiñas que vimos.

No saco do que comunmente chamamos gadgets caben moitos cacharros, pero hoxe queremos deternos en dous must que vimos en Barcelona: os convertibles e as lentes de realidade aumentada. Nada novo, pensarás; pero non é así. Toma nota, os portátiles perden terreo en favor das tablets e os convertibles; mentres que a realidade aumentada deixa de ser un nicho para os gamers, agora temos usos para todos, como ver unha viaxe antes de contratala ou un piso antes de compralo.

Convertibles

Non é un portátil, non é unha tablet, é un convertible. Parece que a comodidade de ter ambos os dispositivos nun vai conseguir desterrar aos portátiles tradicionais. Esa é a forte aposta de Samsung, que a falta do móbil Galaxy S8, presentou a tablet Galaxy Tab S3 e o convertible Galaxy Book.

Ambas veñen cun lapis S Pen, deseñado en colaboración coa marca Staedtler. O resultado, ademais dun agarre moi cómodo, é un lapis super fino, case máis que un portaminas , cunha punta de 0,7 mm.

  • Galaxy Tab S3: pantalla Super AMOLED de 9,7 polgadas e resolución de 2048 x 1536, 4GB de RAM e 32GB de memoria (ampliables). No seu interior escóndese un procesador Snapdragon 820 que establece un novo estándar no rendemento da CPU e GPU. Aínda por riba, grazas á API Vulkan os teus xogos pasarán a outro nivel, mentres que co soporte de vídeo HDR todas as túas escenas cobrarán vida.
    Samsung Galaxy Tab S3
  • Galaxy Book: o novo convertible de Samsung en versións de 10,6 polgadas e 12 polgadas, Windows 10 e un potente procesador Intel Core i5 de última xeración. Todo apunta a que llo vai a poñer difícil á Surface de Miscrosoft.

Realidade virtual

Xa vimos noutras edicións do MWC lentes para ver realidade aumentada coa axuda do noso móbil, pero nesta ocasión deuse un salto cualitativo no sector. Agora temos ao noso alcance novas utilidades, máis aló dos xogos.

A partir de agora poderemos facer paseos virtuais por calquera cidade do mundo, as axencias de viaxe poderannos mostrar a ruta que queremos contratar, as inmobiliarias ensinarannos un piso sen movernos de casa ou poderemos ver como un decorador deixaría o noso fogar, etc. A que agora queredes facervos cunhas lentes VR?

E no tema da realidade virtual, Samsung petouno e, ollo non nos levamos comisión, pero é que como novidade introduce nas súas novas Samsung Gear VR un mando que permite controlar o que queremos facer coa man. Serán compatibles con Galaxy S6, S6 Edge, S7 e S7 Edge.

Outros gadgets

É imposible facer mención a todo o que vimos no Mobile World Congress, pero non queremos deixar pasar por alto outras cousiñas:

  • Sony Xperia Touch: un proxector portátil para que convertas calquera superficie nunha pantalla táctil interactiva de 23”.

     

     

  • Cámara 360º Giroptic iO: gadget para gravar vídeos e facer fotos en 360 graos co iPhone.

     

     

  • Sony Xperia Ear: auricular sen fíos que funciona como un asistente para que envíes e recibas mensaxes, consultes a túa axenda ou busques o que necesitas, sen ter que tocar o teu móbil.

     

     

  • Smartwatch: Huawei Watch 2 e LG Sport Watch, ambos con 4G para realizar chamadas.

     

     


     

     

Apps galegas

Como te poderás imaxinar, no MWC presentáronse unha chea de aplicacións para móbil, pero queremos facer unha chiscadela ao de aquí. A compañía galega Inteligencia Visual achegou ao MWC a app Youin, a primeira aplicación galega de xestión de eventos. Centraliza dende o teu móbil, a xestión e promoción de eventos, dende vender as entradas e controlar os accesos a promover o lecer de proximidade.

Isto é só un anaco do que puidemos ver no Mobile World Congress. O ano que vén máis.

Un saúdo!

Imagen gif: gyphy

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios