menú
antivirus para android

Os mellores antivirus para Android

28/03/2016
Blog R

Ola a todos. Hoxe traémosche a lista dos mellores antivirus para Android que che axudarán a protexer o teu smartphone. A nosa recomendación é que se aínda non tes instalado un, non tardes nin un minuto máis en facelo. Ademais ofrecémosche algunhas recomendacións para navegar e descargar aplicacións de forma segura.

Afixémonos a usar internet dende o móbil mesmo con máis frecuencia que dende os nosos pcs, pero non tomamos as medidas de seguridade adecuadas para previr a entrada de virus, malware ou spyware.

Android, o sistema operativo máis usado nos smartphones, é o principal obxectivo dos ataques ao ser o máis estendido. Consciente das vulnerabilidades ás que pode estar exposta, Google controla de forma máis exhaustiva as aplicacións de Google Play e lanza ademais constantes actualizacións do seu sistema operativo. Importante, non deixes para mañá o que poidas facer hoxe, non omitas as notificacións de actualizacións.

Antivirus

Os sistemas antivirus bloquean as aplicacións que acceden sen permiso aos teus datos, buscan no teu móbil e tarxeta SD calquera ameaza, borran arquivos, bloquean as chamadas e sms sospeitosos de números que non coñeces. Algúns inclúen control de consumo de batería e datos, cortafogos, etc.

Ademais de protección contra virus, ofrecen outras prestacións como localizar o móbil se cho roubaron, bloquealo ou borrar todos os datos de forma remota. Ademais do antivirus non está de máis que poñas un contrasinal de acceso ao teu terminal.

Moitos antivirus ofrecen outros servizos, ás veces como complementos de pago, tales como alertas de roubo que fan unha fotografía da persoa que está a tentar acceder sen permiso ao teu móbil.

 


Debes elixir o antivirus que máis se axuste ao que necesitas. A empresa de seguridade AV Test ofrece unha lista bimensual cos mellores antivirus para dispositivos móbiles. Aquí tes os dez primeiros:

Outras medidas de seguridade

E aínda que che recomendamos que protexas o teu móbil cun antivirus, sempre é mellor previr que curar, así que ademais de ter sempre o teu teléfono actualizado, non está de máis que sigas estes consellos.

Debes descargar aplicacións dende sitios oficiais ou directamente das páxinas dos desenvolvedores. Non esquezas ler con atención as condicións das apps antes de instalalas, así que ollo con iso de “esta app precisa acceso a (localización, perfil, etc.)”.

Nin que dicir ten que evites conectarche a redes wifi cuxa orixe e fiabilidade descoñeces. Por aí pode vir un problema serio. Borrar cookies e utilizar un servidor proxy resulta tamén moi recomendable.

Esperamos terche axudado. Vémonos pronto.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. Manuel di:

    Como reflicte grande parte da prensa especializada, os antivirus en android non son necesarios para o usuario medio, e moito menos os de pago, que non compensan e absoluto e ralentizan o sistema. http://www.androidpit.es/es-necesario-tener-antivirus-en-android

    Por outra banda, hoxe chamei a R e encantoume a música de fondo, era unha canción en francés. Noraboa ao que as escolle!! Pódese saber o título??
    Vou acabar chamando a R para renovar a miña colección musical jajajaj