menú
Consulta el PIN y PUK del móvil en la web de clientes

Consulta o PIN e PUK do móbil na web de clientes

16/12/2016
Blog R

Ola. Se esqueciches os códigos PIN e PUK do móbil, podes consultalos dende a web de clientes. Aconsellámosche que o fagas antes de bloquear o terminal con intentos errados.

Adoitamos ter moitos contrasinais na cabeza e é normal que mesturemos díxitos ou esquezamos por completo o código de desbloqueo do móbil. Unha faena, pero ten solución. Explicámosche como acceder aos códigos PIN e PUK na web de clientes R, dende a túa tablet ou computador, xa que o móbil teralo inutilizado .

Tes 3 intentos para desbloquear o teu móbil co código PIN. Se fallas ou esqueciches o contrasinal e non atopas a tarxeta da SIM onde vén impresa esa información, podes obter o código na web de clientes seguindo a ruta: móbil > ver PIN e PUK do meu móbilR.

Consulta el PIN y PUK en al web de clientes

Ollo, o código que che aparecerá será o orixinal da tarxeta SIM. Se cambiaches ese contrasinal no teléfono, o código que che mostramos non servirá para desbloquear a tarxeta. Nese caso aconsellámosche que bloquees o PIN e introduzas o código PUK, que atoparás tamén na web de clientes.

Consulta el PIN y PUK en la web de clientes

Unha vez introducido de forma correcta o código PUK, poderás poñer un número PIN novo seguindo esta secuencia: ** 05* PUK* PIN NOVO* PIN NOVO #

No caso de que introducises mal o teu número PUK 10 veces, a túa tarxeta SIM quedará definitivamente bloqueada e terás que substituíla. Por iso, recomendámosche encarecidamente consultar o PUK dende a web de clientes para estar completamente seguro.

Esperamos ter sido de axuda.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios