menú

Consellos para viaxar ao estranxeiro co móbil

05/08/2015
Blog R

Ola a todos. Ás veces saímos ao estranxeiro sen ter moi claras as precaucións que debemos tomar se queremos utilizar o móbil. Vimos ao rescate para axudarvos con algúns consellos que vos serán de axuda. Ollo, informádevos antes de viaxar.

O máis recomendable é:

  1. activar o roaming se queres comunicarte no estranxeiro
  2. usar con moderación o móbil porque che van cobrar as chamadas, SMS e datos segundo as tarifas de roaming
  3. usar wifi sempre que poidas

O roaming permitirache facer e recibir videochamadas, enviar e recibir sms, mms e conectarte a internet. Isto ten un custo maior que en España, incluída a navegación, xa que os datos no estranxeiro non están incluídos na túa tarifa. Consulta aquí as tarifas.

Antes de nada, debes verificar se o teu terminal é compatible coas bandas do país ao que vaias viaxar; compróbao aquí.

Para saber se tes activado o roaming, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o apartado “roaming on/off“.

roamin1_centro

Ademais de activalo, poderás configurar tamén as restricións sobre o teu móbil.

roaming2_centro

En caso de que vaias prescindir do roaming para conectarte a internet, deberás desactivar o roaming de datos en axustes > conexións > itinerancia de datos. Tamén podes seleccionar o modo avión en último caso.

Dende que tramitas a xestión, o roaming estará activado en menos de 24 horas. Se non fose posible cumprir este prazo, chamariámoste directamente.

Unha vez no país de destino saberás se estás conectado porque che aparecerá unha icona no teu terminal e un cambio do nome de rede. Ademais chegarante sms con información das tarifas de roaming.

Para realizar chamadas debes poñer diante do número de teléfono +34 ou 0034. Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con R a través do número de atención dende outro país: +34 698 111 449 para particulares e +34 698 111 446 para empresas. É gratuíto.

Convén que desactives o buzón de voz, xa que che cobrarán segundo tarifa de roaming. Polo que, se non é necesario, o uses.

Para ter conexión a internet, terás que facelo a través dunha conexión wifi gratuíta ou de pagamento. O voso smartphone indicaravos a rede máis próxima, pero tamén podedes encontralas a través de apps que funcionan offline como WiFi Finder (Android e iOS) ou WifiMapper (iOS).

Outra opción de aforro que che permitirá manter o contacto esteas onde esteas será realizar chamadas de voz IP, a través de aplicacións como whatsapp, line, viber, skype ou clientes como Bria, Avaya, etc. Conectados a unha rede wifi sairache gratis.

E finalmente, non esquezas controlar o nivel de batería para que te chegue ao final do día. Aquí tes algúns trucos.

Esperamos que estes consellos che resulten útiles. Boa viaxe!

Etiquetas: , , ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. jbl di:

    “En caso de que vayas a prescindir del roaming para conectarte a internet, deberás desactivar el roaming de datos en ajustes > conexiones > itinerancia de datos. También puedes seleccionar el modo avión en último caso.”

    Hombre, si activas el modo avión además de prescindir de los datos roaming prescindes de usar la línea directamente, vamos, que mejor apagas el móvil y además ahorras batería.
    En la captura que ilustra el apartado de las restricciones ya se ve, y marcada, la opción de no navegar en roaming, imagino que activando esa opción ya no es necesario que en el móvil desactives la opción de itinerancia, de tenerla activada, porque a nivel de línea en teoría estaría desactivado el tráfico y no habría posibilidad de conexión, o al menos así tendría que ser si no, no tendría sentido el que aparezca esa opción de restricción.

  2. Lucas di:

    O que boto en falta en R é unha opción atractiva de roaming, sobre todo co país veciño: Portugal. Para os que estamos a cabalo entre un e outro isto é un problema.
    Ademais, a maioría de operadores facilitan o marcado sen facer necesario engadi-lo +34. Eu xa llo engadín a tódolos meus contactos, pero non estaría de máis que R o tivese en conta.

    Un saúdo