menú

Baixan as tarifas de móbil dentro da Unión Europea

28/04/2016
Blog R

Ola. Temos unha boa noticia que che dar. Dende o 1 de maio, se viaxas a calquera país da Unión Europea, comunicarte con España vai ser do máis económico. Así podes contarlle un pouco máis á túa avoa se se come ben por Londres ou explicarlle á túa nai se en Porto fai ou non frío 

E a como van saír entón as chamadas, datos e SMS? Velaquí o detalle:

  • chamadas saíntes dende calquera país da UE a España: 6,05cent/min (IVE incl.). O establecemento serán 3,025 cent (IVE incl.) e xa se inclúen os 30 primeiros segundos de cada chamada. Polo que para dicir “Ola. Cheguei. Todo ben. Un bico” temos de sobra e aínda nos quedan segundos 
  • chamadas recibidas dende España estando en calquera país da UE: 1,37 cent/min (IVE incl.). Vamos, que se é o teu curmán o que te chama para que lle merques un detalliño e estades falando 5 minutos, non chegas a gastar nin 7 céntimos. Co cal xa non vas ter escusa para mercarlle ese fermoso souvenir que terá un lugar preferente no seu salón.
  • datos navegando dentro dun país da UE: 6,05cent/MB (IVE incl.). Se prefires comunicarte vía whatsapp, poderalo facer a un prezo económico. Ata o de agora eran 24cent/MB (IVE incl.), polo que dende maio pagarás catro veces menos.
  • SMS: 7 cent/SMS (IVE incl.). Realmente sae máis barato que te chamen, pero se prefires mandar unha mensaxe curta, tamén o podes facer pagando o mesmo que ata a data.

O dito, unha moi boa noticia, sobre todo se vas ata Portugal ou te moves por algún outro país europeo. Agora, ademais de viaxar, poderás falar e comunicarte dentro da UE con total tranquilidade.

Pero a cousa non vai quedar aí, xa que a idea é que aproximadamente dentro dun ano non teñas que pagar ningún extra. É dicir, que as chamadas e datos da túa tarifa tamén van servir para calquera país da Unión Europea. Será ao mesmo prezo que dentro de España, sen ningún outro custo. En concreto, a data prevista para que isto entre en vigor sería o 15 de xuño de 2017. Vamos, que non falta nada.

ACTUALIZACIÓN: a raíz do comentario dunha clienta, indicamos os países nos que se aplicarían estas novas tarifas:

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia, Suíza e Vaticano

Agardamos que che guste a noticia e que este verán tires do teu móbilR sen medo da factura.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

31 comentarios

  1. Pio di:

    Teño unha dúbida?
    Ides entón cambiar as zonas esas que tendes na vosa web para os países: Zona 1, zona 2 ou zona 3)?
    Porque neste post poñedes que estas estas novas tarifas para roaming se aplican a países da UE, e agora mesmo na zona 1 (á que chamades “Eurotarifa”) aparecen países que non son da UE como Islandia, Mónaco, Liechtenstein, Noruega, Vaticano ou Suíza. E outros países, como Andorra que non é da UE pero si ten moeda euro (ao igual que Mónaco) aparecen na zona 2.
    Necesito unha aclaración pois o meu marido viaxa bastante por Europa debido ao traballo e agora o teléfono que vai usar é o persoal (que é de R).

    • Ola, Pio.

      Os países non van cambiar. Falamos en xenérico de países da Unión Europea, para non liarnos. Pero é o que ti comentas, os países da zona 1, a chamada “Eurotarifa”:

      Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia, Suíza e Vaticano

      Un saúdo!

  2. Pio di:

    Graciñas pola aclaración. Pero non deberiades de especificalo? Porque se nos fiamos de “países da UE” podemos entender que agora en Suíza se nos van aplicar unhas tarifas superiores.
    Unha cousiña. E por que países como os que comentei antes (Islandia, Mónaco, Liechtenstein, Noruega, Vaticano ou Suíza) entran na zona 1 e Andorra é da zona 2? É igualiño ca Mónaco o seu caso: non é da UE pero usa o euro.
    E outra pregunta, e xa acabo. Por que Serbia non parece en zona 2 (co cal entendo que se aplican alí as tarifas da zona 3), mais si que aparecen países como Albania, Bosnia ou Turquía?
    Estou intrigada 😉

  3. Enrique di:

    Otra duda, para las zonas 2 y 3 no cambian las tarifas? Concretamente me interesa Andorra. Está previsto que se rebaje o desaparezca el roaming con Andorra a corto plazo?
    Gracias

  4. eloy di:

    Dúbida, se estas no estranxeiro hai algunha maneira de comprar un paquete de datos? Por exemplo 100mb/200mb etc..? Se facedes algo así vouvos querer inda mais!

    Saúdos e graciñas!

  5. Roberto di:

    Y si llamamos a otro móvil español que esté con nosotros en el mismo país extranjero (por ejemplo compartiendo vacaciones), ¿qué tarifa se aplica?

  6. Gonzalo di:

    ¿Entón a partires do 15 de Xuño de 2017 canto vai custar enviar un sms dende españa a outro móvil español? ¿Ides baixar prezo a 7 céntimos ou ides incrementar o prezo en roaming ata os 15 céntimos que custa agora enviar un sms estando en territorio nacional?

    A verdade e que sempre me pareceu ridículo que un sms en roaming custe menos que sen estar en roaming.

    • Ola, Gonzalo.

      R está a facer un esforzo moi importante en mellorar as súas tarifas naqueles usos máis estendidos. Dese xeito, acabamos de sacar a tarifa con para as liñas adicionais, con chamadas ilimitadas de voz dende 10€. E tamén aumentamos os datos, o que supuón unha redución da marxe e por iso outros servizos non teñen prezos tan reducidos.

      Cremos que esta é a liña correcta. Un cliente ten alternativas para comunicarse con chamadas, whatsapp, etc. e como iso é o que principalmente usan os nosos clientes, é o que fomentamos, con tarifas que cremos que son moi competitivas.

      Que ocurrerá o 15 de xuño de 2017? Pois aínda non o sabemos. De seguro que de aquí ata alá hai moitos cambios, porque este sector outra cousa non, pero cambios e movementos si, e igual ata aparece un novo sistema para comunicarse e os SMS son cousa do pasado.

      Un saúdo!

  7. Diego di:

    Unha pregunta;

    Dado que as tarifas que tedes son por defecto as vinculadas a Vodafone. A cal manten a Suiza en zona 1.
    Que posibilidades tendremos de manter ese país con cambio de cobertura a Orange na zona 1. Dado que Orange a manten na zona 2.

    Aunque ca entrada da eSIM o roaming desaparecerá.

    • Ola, Diego.

      Con calquera cambio nas tarifas, informaremos e publicaremos a información na web, como ata o de agora.

      Polo momento non houbo nin cambio de rede, polo que aínda tampouco podemos falar como vai afectar isto ás tarifas dun país concreto.

      Por outra banda, a eSIM non vai supoñer a fin do roaming, porque os operadores cando alguén se conecta á súa rede, cobra por ese servizo. O que si, como non tes unha tarxeta física, podes contratar o servizo con calquera operador de xeito máis rápido e sinxelo.

      Un saúdo.

  8. Juan Larrañaga di:

    A ver si me entero. Si yo tengo una tarifa de 1,5 giras de datos por 12 euros, ese mismo gasto de gigas en el extranjero en cuanto me saldría??

    • Hola, Juan.

      En los países que indicamos de la Unión Europea tendrías que pagar un extra por navegar en internet móvil. En concreto, como indicamos en el post, cada mega te costaría 6,05 céntimos. Pero a partir del 15 de junio de 2017, si todo va según lo previsto, en esos países ya no tendrías que pagar por navegar, tu tarifa de datos ya te serviría sin tener que pagar más.

      Un saludo.

  9. manipulador de alimentos di:

    Genial la informacion. Me voy a ahorrar un dinero en llamadas!

  10. Anglaice di:

    En todas as informaciones que salen en la prensa pone que el precio máximo de los sms será de 2 céntimos…está mal aquella info o la de aquí? Muchas gracias!

  11. manuel neira nuñez di:

    vuenas como tengop que hacer para tener cobertura en portugal fuy el domingo pasado y no tenia cobertura para gausap ni llamadas ni mensajes LE DIGO A LOS DE R

  12. Félix Sánchez di:

    Como es posible que el precio del establecimiento de llamada desde un país de la UE sea de 6,05 cts y en España de 18,05 cts, me lo podrían explicar?

  13. Xesús Álvarez di:

    Benvidas toda-las melloras e baixadas. Por certo, cando pensan deixar de cobrar polos sms en tarifas planas coma a de 27 por exemplo??
    Saúdos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*