menú

A volta ao cole con Android e Apple

07/09/2015
Blog R

Ola a todos. A volta ao cole xa está aquí: remata o verán e hai que organizarse un ano máis. E aínda que apetecer, non apetece, cada vez atopamos máis solucións para tablets e dispositivos móbiles que facilitan, e moito, ese regreso. Repasamos as apps máis útiles:

Axenda
Organizar os horarios de clases, actividades extra escolares, datas de entregas de traballos e moito máis.

  • Inclass: dispoñible só para dispositivos Apple no App Store
  • Yasp! Class Schedule: dispoñible só para dispositivos Android en Google Play

Deberes
Levar ao día a lista de tarefas por materia que debemos facer na casa. Xa non vale a escusa do can que come os deberes con estas apps.

Recursos didácticos
Acceso en todo momento a ferramentas de consulta de información, dicionarios, etc.

Apuntamentos
Escanear apuntamentos utilizando simplemente a cámara do móbil grazas ao OCR (Recoñecemento Óptico de Carácteres), crear arquivos pdf, envialos por correo electrónico ou almacenalos na nube.


 

Presentacións
Facer presentacións dende dispositivos móbiles, editar as que creamos noutras plataformas, abrir arquivos de Microsoft Power Point.

Idiomas
Aprender inglés será sempre, gústenos ou non, a nosa materia pendente. Con estas apps poderás reforzar os teus coñecementos con cursos interactivos, exercicios, diálogos con audio, etc.

Esperemos que vos sexan de utilidade e que vos fagan máis levadeira a volta.

Un saúdo!

Fonte da imaxe: Jenny Rollo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios