menú

Planifica a túa viaxe con estas apps imprescindibles

04/07/2015
Blog R

Chega o momento máis esperado do ano, ímos de vacacións! Ás veces liámonos a manta á cabeza e cando estamos fóra de casa é mellor ir sobre seguro. Así que recompilamos algunhas apps gratuítas de viaxe moi útiles que ademais vos evitarán cargar coa guía nunha man, o mapa noutra, a calculadora, a cámara de fotos, a mochila, a gorra, etc.

Aconsellámosvos facer uso delas antes de viaxar e se as utilizades no estranxeiro, ollo cos custos de datos; roaming e wifi sempre.

Planifica, planifica… pero sempre liberdade que estamos de vacacións:

    • TripAdvisor

Hoteis, restaurantes, puntos de interese e moito máis, con comentarios e opinións de viaxeiros. Interesante a opción “Preto de min” para descubrir posibilidades que tes próximas a ti ou de calquera dirección que introduzas.
Dispoñible no App Store e Google Play

tripadvisor_centro

    • Minube

Unha das mellores apps dos anos 2013 e 2014 segundo Google. Ademais de planificador, minube axúdache a revivir as túas viaxes de forma máxica, xa que é capaz de recoñecer a que recuncho pertence cada unha das fotografías do teu móbil.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Booking

Buscas, reservas e xestións, como consultar as confirmacións de reserva offline. Ademais sincroniza a app coa versión web para que poidas seguir dende onde o deixaches.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Airbnb

Unha das apps máis populares do momento para encontrar aloxamento en máis de 34.000 cidades. Envía mensaxes aos hóspedes e anfitrións, mira o teu itinerario, descobre destinos únicos e engade lugares aos teus wishlists.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Foursquare

Busca e descubre lugares interesantes, onde queira que esteas no mundo, déixate aconsellar polas recomendacións de expertos ou sigue persoas cos teus mesmos gustos.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Yelp

Atopa onde comer, beber, comprar, relaxarte ou divertirte. Fíxose moi popular grazas ás recensións doutros usuarios e da comunidade local.
Dispoñible no App Store e Google Play

yelp_centro

    • TouristEye

Unha guía de viaxe da factoría Lonely Planet que inclúe recomendacións e acceso a mapas offline, wishlists colaboradores, información integrada de Foursquare e moito máis.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Anaya Touring

O grupo Anaya lanzou apps de dez cidades: Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Lisboa, Londres, Nova York, París, Roma e Venecia.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Michelin Viajes

85 países e 30.000 destinos turísticos seleccionados pola Guía Verde Michelin. Personaliza o teu caderno de viaxe e descárgao para consultalo sen conexión de forma gratuíta en calquera lugar do mundo: en Niza, París, Londres, Nova York, Barcelona, e ata Bangkok…
Dispoñible no App Store e Google Play

Para encontrar voos:

    • Skyscanner

Buscador e comparador de voos que che axuda a encontrar as opcións máis económicas.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Kayak

Encontra e reserva voos, aloxamento, coche, etc.
Dispoñible no App Store e Google Play

A mesa posta:

    • El Tenedor

Reservas e promocións en máis de 19.000 restaurantes de España, Francia, Portugal, Bélxica, Italia, Suíza, Turquía e Suecia.
Dispoñible no App Store e Google Play

tenedor_centro

    • Michelin Restaurantes

Selección dos restaurantes das guías Michelin: Gran Bretaña e Irlanda, Italia, Alemaña, Suíza, Bélxica e Luxemburgo, España e Portugal, Países Baixos, Francia e Main Cities of Europe 2015. Podes utilizala mesmo sen conexión a internet.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • MyTable

Encontra os restaurantes que máis se adaptan aos teus gustos e reserva unha mesa directamente en miles de establecementos en Europa.
Dispoñible no App Store

    • Around me

Ademais de restaurantes, ofrece unha busca completa dunha gran variedade de categorías como hoteis, teatros, cines, supermercados, hospitais ou parkings, entre outras.
Dispoñible no App Store e Google Play

aroundme_center

Que plan temos hoxe?:

    • Fever

Existen apps que reúnen os mellores plans dunha cidade, aínda que o máis útil nestes casos será que consultes as apps específicas de museos, teatros, salas de concertos, etc. Fever ofréceche unha lista semanal de cousas para facer en Madrid, Barcelona e New York.
Dispoñible no App Store e Google Play

¿Praia?:

    • iPlaya

Descobre cales son as praias (españolas) máis próximas a onde te encontras e infórmate da previsión meteorolóxica, a temperatura da auga, as ondas, as mareas ou o índice UV.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • iBeach

En iBeach encontrarás unha base de datos de 3.500 praias en España que se está a ampliar cada día con novas praias doutros países do Mediterraneo e Atlántico.
Dispoñible no App Store e Google Play

¿ou montaña?:

    • Naturapps

Rutas de sendeirismo no teu móbil. Premiada como mellor aplicación nacional de turismo activo – The AppTourism Awards 2014.
Dispoñible no App Store e Google Play

naturapps_centro

    • Bookaplan

Parapente, mergullo, vela, rutas en bici, cata de viños. Descubre experiencias inesquecibles no teu móbil. Información completa dunha actividade e o provedor, ofertas, tícket no móbil para non ter que imprimir a túa reserva ou compra, etc.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Wikiloc

Descobre millóns de rutas para realizar ao aire libre, mesmo dos lugares máis recónditos do planeta. Podes elixir entre correr, sendeirismo, ciclismo, mountain bike, kaiak e ata 45 actividades diferentes dispoñibles. Desfruta de mapas offline gratis de todo o mundo para usalos sen conexión de datos.
Dispoñible no App Store e Google Play

Onde están os mapas cando os necesitas?:

    • Maps.me

Acceso instantáneo a mapas detallados sen necesidade de conexión a internet. Recibe instrucións nun mapa para chegar a unha localización específica. Cobre 345 países e illas.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Tripomatic guías de ciudades

Moi práctico para trazar un itinerario diario da túa viaxe, podes compartilo cos teus amigos para darlles envexa e descargar o modo offline, iso si, esta última función non é gratuíta.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Waze

Se viaxas en coche con esta app poderás coñecer o estado do tráfico, grazas á información compartida por outros condutores. Ademais indícache as gasolineiras máis baratas, atascos, incidencias, etc.
Dispoñible no App Store e Google Play

E as emerxencias?:

    • Travel Safe

Todos os números de teléfono de emerxencias, bombeiros, embaixadas, etc. en caso de necesidade para axilizar unha urxencia.
Dispoñible en Google Play

Quero transporte:

    • Hailo Taxi App

Selecciona a túa situación, pulsa en “recólleme aquí” e… listo! A app permite calcular canto che custará o traxecto e permite pagar en efectivo, con calquera tipo de tarxeta ou directamente dende o móbil. Ademais de España, funciona en Reino Unido, Irlanda, Xapón e Singapore.
Dispoñible no App Store e Google Play

    • Mytaxi

Podes reservar un taxi ata con 4 días de antelación, ademais escolles opcións como taxista favorito, taxista 5 estrelas, taxi grande… Operativo en Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Berlín, Frankfurt, Hamburgo, Múnic, Zúrich, Viena, Varsovia, Washington DC, Milano, entre outras ciudades.
Dispoñible no App Store e Google Play

mytaxi_centro

    • Easy Taxi

Introduce o teu destino, calcula a tarifa e o tempo de chegada mentres rastrexas ao condutor e información do vehículo. Elixida por Google Play como unha das mellores Apps do 2014.
Dispoñible no App Store e Google Play

A como está o cambio?:

    • XE Currency

Calcula ao momento o cambio de divisas actualizado. Funciona tamén sen conexión a internet.
Dispoñible no App Store e Google Play

Busca wifi:

    • WiFi Finder

Encontra as redes wifi gratuítas e de pagamento de toda a cidade na que te encontres. Funciona tamén offline.
Dispoñible no App Store e Google Play

wififinder_centro

Quero pagar a escote:

    • Trip Splitter

Se viaxas cun grupo de amigos esta app interésate, xa que permite dividir os gastos por cada persoa e saber se xa saldou a súa conta ou non.
Dispoñible no App Store e Google Play

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios