menú

Festival de App’s

22/07/2015
Blog R

O verán é tempo de festivais. E as novas tecnoloxías deron paso ás apps especializadas neste tipo de eventos para chegar a un maior número de público cunha información máis completa. Os carteis tradicionais (que bonitos algúns) seguen aí, dende logo, pero está claro que a comunicación viral ten un calado que nin nós mesmos presaxiabamos hai uns anos.

Imos repasar algúns dos festivais que se celebran en Galicia na tempada estival, para que non perdades ningunha oportunidade se estades de vacacións ou podedes facer unha escapada. En xuño o Derrame Rock en Ourense abriu a veda para continuar no mes de xullo co Festival do Norte na Illa de Arousa, Sereas e Piratas en Razo, Resurrection Fest en Viveiro, Port América en Nigrán, Festival Sinsal en Vigo, Nordestazo Rock en Malpica e para finalizar no mes de setembro co Festival da Luz en Boimorto. Desta relación de festivais localizamos a app do festival hardcore/punk e metal que se celebrou en Viveiro a pasada fin de semana (para este ano xa non vos servirá de moito, vaia), Resurrection Fest que ofrece a posibilidade de descargarnos as app’s para android e para iPhone.

No resto de España destacamos o Sónar de Barcelona que se celebrou no mes de xuño e no que vai de xullo o BBK de Bilbao xunto co FIB en Benicàssim e a Barcelona Beach Festival. O que queda de mes pódese gozar do Heineken Jazzaldia en San Sebastián e a través da súa app para android podemos ver toda a información, ao igual que o Low Festival de Benidorm que dispón de app para android e para iPhone . No mes de agosto seguimos a ritmo de festival co Arena Sound en Castellón coas súas respectivas app’s e con Rototom Sunsplash en Benicássim.

E para os que queiran cruzar as nosas fronteiras do 19 ao 22 de agosto celébrase o Vodafone Paredes de Coura en Portugal e podedes consultar toda a información na súa app para android e para iPhone.

Aos que vaiades a algún dos festivais, que os gocedes moito, moito. E para os que non poidades ir nesta ocasión recordade que o ano que vén repiten

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. goonie di:

    Hola buenas noches
    hay algún problema con la tv web de R???