menú
Apps para editar vídeos

Apps para editar vídeos

29/12/2016
Blog R

Se che subiu a febre de YouTube, consegue máis followers que El Rubius con estas apps para editar vídeos. Ademais de facer clips dende Instagram, Facebook, Whatsapp ou Snapchat, podes subir vídeos con acabados profesionais que che poden valer un Goya . Dende o teu móbil edita vídeos e dá os teus primeiros pasos coa aplicación que máis che guste. Descarga e proba.

    • Viva Video

Unha das apps gratuítas máis populares e mellor valoradas para editar vídeo dende o teu móbil. En Viva Video atoparás ferramentas para recortar e combinar clips na edición do guión gráfico, efectos de inversión e difuminado de fondo, lentes das cámaras de vídeo de Creative, poderás crear diapositivas de vídeo en varios clics ou combinar clips nunha historia con moitos patróns e elegantes collage. Dispós de máis de 200 efectos especiais para facer un vídeo 10 para compartir en redes sociais.

Dispoñible para Android e iOS

 


 

 

    • Magisto

En tres simples pasos crea o teu vídeo con aspecto profesional: elixe as túas fotos ou vídeos, selecciona un estilo e ponlle banda sonora. Magisto fai o resto por ti. O resultado, un vídeo ideal para compartir nas túas redes sociais.

Dispoñible para Android e iOS

 

 


 

 

 

    • Cameo

Unha aplicación de Vimeo imprescindible, iso si, só para iOS. Edita e comparte pequenos vídeos cun toque cinematográfico. Recorta, aplica temas, agrega títulos, axusta o audio e comparte con quen ti queiras.

Dispoñible para iOS

 

 


 

 

 

    • Adobe Premiere Clip

Garantía de Adobe nun editor de vídeo gratuíto e moi fácil de manexar. Adobe Premiere Clip permíteche crear vídeos de forma automática ou un modo avanzado máis completo. Arrastra e ordena os clips, recorta o que non necesites, axusta iluminación e transicións, pono a cámara lenta ou sincroniza a música como os profesionais. Comparte as túas pezas directamente en Twitter, Facebook ou YouTube. E se queres perfeccionalo aínda máis, podes abrilo no Premiere Pro CC do teu computador.

Dispoñible para Android e iOS

 



 

 

 

    • Animoto Video Maker

Fai os teus vídeos alá onde esteas de forma fácil. Con Animoto só tes que seleccionar fotos e vídeos da túa galería, elixir un estilo, unha canción e poñer os títulos de crédito . Xa podes presumir das túas vacacións en Facebook, Twitter e outras redes sociais. App gratuíta que conta tamén cunha versión premium.

Dispoñible para Android e iOS

Apps para editar vídeos Animoto

    • iMovie

A app de Apple para que montes os teus vídeos como un auténtico director. Treme Spielberg . Engade filtros, títulos animados, banda sonora, monta tráileres ao estilo de Hollywood con logotipo de estudo incluído ou crea auténticas superproducións con efectos de cámara lenta, rápida, imaxe dentro da imaxe e pantalla dividida. Utiliza a extensión de iMovie para mellorar os clips directamente na aplicación de fotos e envíao ao teu Mac para acabar de editalo. Compárteo en YouTube, Vimeo ou Facebook.

Dispoñible para iOS (4,99€)

Apps para editar vídeos iMovie

    • AndroVid

App gratuíta moi completa para o teu dispositivo Android. Destacan funcións interesantes como eliminar partes non desexadas, mesmo no medio dos teus vídeos, combinar varios clips de vídeo nun vídeo, converter a outros formatos, extraer frames en calquera momento do teu vídeo, rotar vídeos, poñer música e textos ou aplicar efectos de esvaecemento, cámara lenta, sepia, viñeta… Se che quedou chulo, comparte .

Dispoñible para Android

Apps para editar vídeos AndroVid

    • Filmora

Nin as road movies se che resistirán con FilmoraGo . App gratuíta fácil de usar, en só tres pasos terás un vídeo ben curiosiño. Selecciona fotos e vídeos da túa galería ou impórtaas de Facebook ou Instagram, dálle forma con temas, música, filtros, títulos ou transicións e comparte nas túas redes sociais. Destacan funcións profesionais como reprodución inversa, cortar por duración, editar a cámara lenta ou cámara rápida, duplicar, silenciar ou rotar.

Dispoñible para Android e iOS

 

 

 

    • Quik

App gratuíta desenvolvida por GoPro, pero que che valerá para fotos e vídeos tomados noutros dispositivos. Rápida e fácil de usar: agrega fotos e Quik selecciona, se queres, os teus mellores momentos, elixe entre 25 estilos e personaliza o teu vídeo reordenando elementos, recortando clips, engadindo textos, cambiando a orientación do teu vídeo e escollendo entre máis de 80 cancións gratis. Garda en alta definición e difunde a túa arte .

Dispoñible para Android e iOS


 

    • Gif Me! Camera

Porque nos gustan os gifs e sabémolo, aquí tes unha app gratuíta moi divertida. Captura un pequeno momento de 14 segundos, engade filtros de cor e comparte nas túas redes sociais, pero non abusedes dos morriños . Lembrade converter o gif para subilo a Facebook.

Dispoñible para Android e iOS (1,99 €)

A nós parecéronnos moi interesantes, e a ti?

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios