menú
Apps de los Juegos Olímpicos

As apps dos Xogos Olímpicos Río 2016

28/07/2016
Blog R

O evento deportivo do ano está a piques de comezar. Se non queres perder detalle, aquí tes as mellores apps dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro 2016. Se queres saber os horarios das competicións, puntuacións, medallas… ou se vas viaxar a Brasil a vivilo de primeira man, interésanche estas aplicacións. As Champions das olimpíadas .

E lembra que podes ver todas as competicións, en directo, aínda que non esteas na casa grazas a tv comigo. Poderás ver todo o que se coce en Río desde o teu móbil, tablet ou ordenador.

  • Rio 2016
    App oficial dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos Rio 2016. Para estar ao día de todo o que ocorre nos Xogos, ver os resultados en tempo real ou seguir o transporte do facho olímpico no seu percorrido. A aplicación explica en detalle as regras de cada un dos 42 deportes que compiten, a historia e curiosidades dos recintos onde se disputan as probas e moito máis. Dispoñible en Google Play, App Store e Windows Phone.
    App Río 2016
  • Brasil 2016 Juegos
    Información completa en español sobre a actualidade dos Xogos de Río. A app inclúe un calendario completo das competicións, noticias, táboa de medallas, historia dos últimos Xogos Olímpicos e as medallas conseguidas polos diferentes países. Dispoñible en Google Play.
    App Brasil 2016 Juegos
  • Juegos Brasil 2016 Fechas
    Se o que queres unicamente é coñecer a data das competicións, esta app infórmate diariamente do que non podes perder. Poderás filtrar por disciplina e modalidade. Dispoñible en Google Play.
    App Juegos Brasil 2016 Fechas
  • Vive Río: Heroínas, JJOO en VR
    App de RTVE que combina vídeos gravados en 360º e gráficos en realidade virtual para que vivas en primeira persoa o adestramento das grandes bazas españolas en Río. A app segue o traballo de Gemma Mengual e Ona Carbonell; Maialen Chorraut, bronce en Londres e Beatriz Ferrer Salat, na súa sexta participación olímpica; o conxunto español de ximnasia rítmica e a selección nacional de rugby. ‘Vive Río: Heroínas’, a primeira experiencia de Realidade Virtual de RTVE, tamén poderás velo coas lentes máis sofisticadas como a HTC Vive e as Oculus. Dispoñible en Google Play e Apple Store.

     

     

Se es dos que vai viaxar a Río a gozar das olimpíadas desde a bancada, aquí tes algunhas aplicacións de utilidade:

  • Guía Oficial de Río
    A app para turistas máis completa creada pola propia Secretaria de Turismo de Rio de Janeiro. Para descubrir que non só do Entroido vive Río, a aplicación infórmate de eventos culturais, programación oficial, rutas, praias, hoteis, restaurantes e bares. Dispoñible en Google Play e Apple Store.
    App Guía Oficial de Río
  • Guardiões da Saúde
    Coa sombra do Zika, o Ministerio de Saúde de Brasil extrema as precaucións cunha aplicación para monitorar o risco de transmisión de enfermidades. A app irá realizando unha serie de preguntas acerca da túa saúde diariamente para detectar síntomas como problemas respiratorios ou de estómago. Ademais, a aplicación infórmate de centros de saúde e farmacias próximos á túa posición. Dispoñible en Google Play e Apple Store.App Guardiões da SaúdeNon está de máis que consultes a páxina da Agencia Nacional de Vigilancia Sanitaria de Brasil para informarte sobre vacinación e outras accións desenvolvidas para as Olimpíadas 2016.
  • Fogo Cruzado
    A ONG Amnistía Internacional ideou unha app que informa sobre puntos nos que se rexistran tiroteos. A seguridade preocupa e moito en Río ante un evento deportivo de tal magnitude. Dispoñible en Google Play e Apple Store.
    App Fogo Cruzado

Outras apps de utilidade:

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

8 comentarios

  1. Carlos Marcos di:

    E fútbol,vai a poder verse este ano bein liga ou non

  2. jose prieto di:

    Supongo que no, el presidente de euskaltel ya dijo en una entrevista de la voz de Galicia que el futbol no salía rentable

  3. xan di:

    Novedad: por DEFECTO cobrar bonos de datos no contratados cuando se acaban los datos.. esto me suena a cuando el banco empezo a repartir tarjetas totalmente gratuitas (q empezaban a cobrar el año siguiente), me suena a técnicas de Telefónica, R no era así…(pero claro Euskaltel cotiza en bolsa)
    ¿Por qué sólo se permite configurar usar puntos con la opción de pago, por qué no se puede activar consumir puntos automáticamente(mientras se tengan) + no extender automáticamente?
    ¿Por qué por defecto la opción de pago?

    • Hola, Xan

      Damos la opción de aumentar datos por puntos tanto en la opción automática como en la manual. Si tú eliges no aumentar automáticamente, se entiende que lo quieres hacer manual si te hace falta y por tanto, cuando vas a la opción manual, puedes elegir aumentar 100 MB o 500MB por puntos o con euros. Intentamos ser lo más flexibles posible y dejamos que cada cliente elija lo que quiera y que pague en euros o puntos.

      En cuanto a la opción de pago, como ya comentamos, la gran mayoría de los clientes de móbilR no les afecta porque no superan su bono y los que lo superan nos pidieron que lo simplifiquemos y que lo ampliemos automáticamente.

      Un saludo

  4. Fernando di:

    iVH HIT (http://goo.gl/eb9DPG) App de salud para recibir consejos saludables diarios durante los juegos de Rio 2016, sobre enfermedades como @Malaria, @Dengue o @Chikungunya; de http://www.iValueHealth.NET

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*