menú
apps de San Valentín Han Solo meme

Apps de San Valentín

10/02/2017
Blog R

Love is in the air! Axudámosvos a afrontar o Día dos Namorados con estas apps de San Valentín. O móbil será o voso mellor aliado para guiar a Cupido nos seus disparos . Atención, este post pode provocar diabetes.

Citas para una cita

Se quedades en branco cando queredes dicir algo bonito, estas inspiradoras aplicacións sacaranvos do apuro.

  • Felicitaciones de San Valentín: dispoñible para Android
  • Mensaje de Amor y San Valentín: dispoñible para Android
  • Reflexiones de amor: dispoñible para Android
  • WhatsArt: dispoñible para Android

Regaliños

Un detalle sempre será agradecido, así que podedes dicir “quérote” cunhas flores, unha postal ou unha foto inesquecible.

  • Interflora: dispoñible para Android
  • Marcos de amor: dispoñible para Android
  • Postales San Valentín: dispoñible para Android

Emoticonos e tons

Con estas apps poderedes establecer unha sintonía romántica cando chame a vosa persoa especial ou enviarlle emojis de amor moi curriños.

  • Tonos de Amor Romántico: dispoñible para Android
  • Love Art – Emoji Keyboard: dispoñible para Android

Compatibilidade

Na época pre móbil, Jesús Puente con “Su media naranja” era quen axudaba ás parellas para pescudar o seu grao de compenetración . Agora témolo máis fácil, só temos que descargar aplicacións como estas.

  • Love Test Calculator: dispoñible para Android e iOS

Xogos

Para pasar as horas mortas, podedes entretervos co aforcado do amor, facer uns quebracabezas ou lanzar frechas de Cupido ao estilo Pang.

    • Valentines Day Hangman: dispoñible para Android
    • Rompecabezas Amor: dispoñible para Android

apps de San Valentín ahorcado

Cea romántica

Se queredes conquistar polo padal, tedes aplicacións que vos darán ideas para preparar receitas afrodisíacas . Pero se a cociña non é o voso, sempre podedes reservar mesa nun restaurante.

  • Canal cocina HD: dispoñible para Android e iOS
  • ElTenedor Restaurantes España: dispoñible para Android e iOS

Cine

Os amantes do cinema podedes levar á vosa parella a ver unha película romántica. Na app de imdb podedes buscar por xénero e ver as últimas novidades. Dende a película seleccionada poderedes ver en que cinema preto da vosa localización están a poñela. Moi práctico, todo nun

apps de San Valentín imdb

Contacto con tacto

Se Tinder (Android e iOS) existise nos 90, perderiamos a Bertín Osborne e o seu programa de citas “Contacto con tacto” . A aplicación bota fume estes días, pero hai máis como Badoo (Android e iOS) ou Happn (Android e iOS). Unha app bastante completa para parellas é Avocado (Android e iOS), que permite ademais chatear, enviar bicos e abrazos.

Iso si, se odiades o Día dos Namorados, un consello, o 14 de febreiro apagade o móbil.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 comentario

  1. JOHANNA di:

    Me encantan como soy una fanática de smyles emoticonos dibujitos también tienes esta app Smileys plus expresaras cualquier emoción con emoticonos xl de calidad, las puedes compartir en tus redes sociales favoritas o chat; yo la descargue en google play store de forma gratuita, me encanta su interfaz colorido y agradable os dejo el enlace: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.smileys.plus