menú
apps de navidad minions

Apps de Nadal

12/12/2015
Blog R

Ola a todos. Volven a casa as apps de Nadal, como o turrón, para que non decaia a festa entre conversación e bostezo con cuñados e curmáns . Fai espazo no teu móbil, porque as hai moi simpáticas.

FelicitApp

Onde quedou aquel “Hola soy Edu, Feliz Navidad” ou o canso “Feliciano”. O que se leva é marcarse un baile disfrazado de Elfo. Pero hai máis:

  • ElfYourself
    Nada que engadir, só que botaredes unhas risas. Dispoñible no App Store e Google Play
  • Feliz Nadalapp
    Se non se vos ocorre nada enxeñoso, aquí tedes unha lista das mensaxes máis graciosas para compartir nas vosas redes sociais. Dispoñible no App Store e Google Play
  • Touch Note
    Para os máis clásicos, o típico pousado familiar para felicitar as festas con tarxetas para enviar. Dispoñible no App Store e Google Play

Queridos Reis Magos:

Aínda que o mellor agasallo é un sorriso , recibir un detalle sempre vén ben. Aquí tedes algunhas apps que vos axudarán a facer a carta aos Reis:

  • Christmas Gift List
    Para que non esquezas nada, esta app garda todo o que queres (non é necesario pedilo todo, todo e todo). Ademais podes enviala, ver cantos agasallos faltan por comprar ou o que levas gastado. Dispoñible no App Store e Google Play
  • RadarPrice
    E se queredes atopar o mellor prezo, podedes comparar canto vale un produto en diferentes tendas. Só tedes que escanear co móbil o código de barras. Dispoñible no App Store e Google Play.

Amigo invisible

Outro clásico do Nadal que se repite cada ano. Xestiona os sorteos con aplicacións como estas:

Papá Noel con GPS

Segue desde unha aplicación a ruta de Papá Noel cara ao seu destino para que chegue a tempo. Ademais poderás xogar con elfos que levan mochilas propulsoras, con bólas de chicle, con zorras impulsadas por foguetes. Para consultar a chegada dos Reis Magos, debedes descargar apps propias da vosa cidade para non perder de vista a Cabalgata:

Panxoliñas e xogos para os peques

Sergio Ramos gustaría destas apps cheas de vocabulario do Nadal para que o seu “Morry Crismas” non fose trending topic. Podedes cantar as panxoliñas máis populares en inglés e castelán, ou ver os vídeos de YouTube:

E ademais de panxoliñas, os nenos, auténticos protagonistas do Nadal, poderán acougar os seus nervios pintando ou facendo quebracabezas con esta app:

Personaliza a túa pantalla

Momento para cambiar o fondo de pantalla do móbil e vestilo de Nadal. Podedes atopar moitas apps, algunhas con imaxes en 3D, e outras mesmo que inclúen panxoliñas, que soan con só axitar o móbil:

  • Nadal fondo animado: dispoñible en Google Play
  • Fondos de pantalla & Wallpapers Feliz Nadal: dispoñible no App Store

Decora correctamente a túa árbore de Nadal

Se non tes moi claro cantas bólas, cintas e luces debería ter a túa árbore de Nadal para que estea perfecta, esta aplicación é a túa solución. Só tes que indicarlle a altura da túa árbore e xa che di a cifra exacta de ornamentos que necesita para que nin te pases nin te quedes curto:

  • Árbore de Nadal Perfecta: dispoñible en Google Play
  • Árbore de Nadal Perfecta: dispoñible no App Store

Mañoso na cociña

Nós somos de bacallau con coliflor e capón de Vilalba, así que as apps específicas de receitas do Nadal non nos valen para moito . Pero se queredes sorprender ao mesmísimo Chicote, deixámosvos algunhas suxestións:

Isto son cuartos e isto badaladas

O salón da túa casa está moi ben, pero tomarse as uvas en Londres é un puntazo. Con estas apps poderás elixir escenario, seguir a conta atrás ata o día U e saber cando comer as uvas, que os cuartos nos confunden

A sorte está botada

apps de navidad justino loteríaSe non queredes que vos pase o de Justino, non quededes sen o voso décimo de Nadal. E se toca? Compróbao dende o móbil facilmente con estas aplicacións:

  • O Teu Loteiro: dispoñible no App Store
  • LotoCheck Lotarías: dispoñible en Google Play
  • Lotarías e Apostas do Estado: dispoñible no App Store

Pois con moita sorte para todos, despedímonos.

Un saúdo!

Fonte do gif

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios